De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentáronse sen efecto as notificacións dos actos que se indican por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuar as comunicacións ás cales se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as comunicacións de xestión da biomasa.
|
Acto que se notifica |
Referencia catastral polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 2076/2025) Resolución de inicio O.E. do 23.12.2025 |
36053A01403361 (polígono 14, parcela 3402) |
Valmonte Soutomaior |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 2075/2025) Resolución de inicio O.E. do 22.12.2025 |
36053A01400165 (polígono 14, parcela 165) |
Valmonte Soutomaior |
Valeriano Orte S-S |
|
Orde de execución (exp. 2070/2025) Resolución de inicio O.E. do 22.12.2025 |
36053A01400155 (polígono 14, parcela 155) |
Negueirós Soutomaior |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 2069/2025) Resolución de inicio O.E. do 22.12.2025 |
36053A01400156 (polígono 14, parcela 156) |
Valmonte Soutomaior |
Herdeiros de Victoriano Pérez Vidal |
|
Orde de execución (exp. 2074/2025) Resolución de inicio O.E. do 18/12/2025 |
36053A01400167 (polígono 14, parcela 167) |
Valmonte Soutomaior |
María Olga Lorenzo Míguez DNI: 36107254Z Lg. A Igrexa, n º 4 A, Arcade-Soutomaior (Pontevedra) |
En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se encontra á súa disposición no Concello de Soutomaior (rúa de Alexandre Bóveda, 13, 36690 Soutomaior, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, e repercutirán os custos ás persoas responsables.
Ademais, o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas secundarias de xestión.
Soutomaior, 3 de febreiro de 2026
Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde presidente
