BDNS (Identif.): 889003.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/889003
Primeiro. Beneficiarios
Os municipios galegos de menos de 10.000 habitantes que cumpran cos seguintes requisitos:
1. Ter obrigación de contar co Plan de actuación municipal ante o risco de incendios forestais, conforme se determina no plan Peifoga.
2. Remitir a conta xeral do concello, correspondente ao exercicio orzamentario de 2024, ao Consello de Contas.
Segundo. Obxecto
Establecer as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento dos gastos que realicen os municipios para a elaboración, a revisión e a implantación do Plan de actuación municipal ante o risco de incendios forestais.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 9 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, para a elaboración e implantación de plans de protección civil para o risco de incendios forestais de ámbito municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR460E).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total de trescentos trinta mil euros (330.000 €) con cargo á partida orzamentaria 05.06.212A.460.3, código de proxecto 2026 00007, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará a computar transcorridos cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a partir das 9.00 horas. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte, tamén ás 9.00 horas. O día de finalización do prazo poderán presentarse as solicitudes ata as 20.00 horas.
Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
