DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15843

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de arqueoloxía; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos; auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos.

Mediante a Resolución do 16 de xullo de 2025 (DOG núm. 140, do 23 de xullo), publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de arqueoloxía; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos; auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 26 de maio de 2025 (DOG núm. 103, do 2 de xuño).

Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),

RESOLVE:

Aprobar a relación definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de arqueoloxía; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos; auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de <concurso de traslados>

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As respostas ás reclamacións poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions, co DNI e co código da reclamación formulada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Aguiar

Paz

Ana María

***6351**

84

Cruz

Raña

Sandra

***2326**

84

García

Souto

Beatriz

***3595**

84

Pérez-Gorostiaga

Silva

Fernando

***0551**

4, 12, 13

Picos

Ferreira

José Emilio

***7923**

13

Vázquez

Barros

Estefanía

***0068**

12

Verdera

Díaz

María Carmen

***5065**

4,13

Relación das causas de exclusión

Código do motivo de exclusión

Descrición do motivo de exclusión

4

Falta nomeamento para o corpo/escala desde o cal concursa

12

Corpo-escala, relación de servizo ou tipo de Administración non corresponde ás do concurso

13

Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo

84

Nomeamento provisional no seu proceso selectivo