DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa de peche dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2025/172-1).

Expediente: IN407A 2025/172-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: Desmontaxe CT Taboada-15CI24.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

Ao abeiro do artigo 135 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o día 23.9.2025, Annie Daniela Cruz Malpica, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., achegou unha solicitude de autorización administrativa para o peche definitivo das instalacións recollidas no proxecto nomeado Desmontaxe CT Taboada-15CI24, asinado o 26.8.2025 por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.233.

Por mor do seu estado, localización e non necesidade actual, proxéctase o desmantelamento do centro de transformación CT Taboada (15CI24, expediente 30.149) de 800 kVA de potencia sito na rúa Santiago de Chile, concello de Santiago de Compostela, e conectado á liña de distribución de media tensión LMT SNT808, procedente da subestación Santiago.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Terceira. As características técnicas das instalacións descritas no proxecto e das que se solicita o peche e desmantelamento son as seguintes:

– Desmontaxe do CT Taboada (15CI24, expediente 30.149) de tipo non prefabricado en edificio, de 800 kVA e configuración 2L1P.

– Desmontaxe de 2×10 m (E/S) de condutor RHZ1-240 desde a arqueta de entrada ao CT e as celas de liña.

– Para dar continuidade á LMTS, realízase o empalme dos condutores da LMT SNT808, procedente da subestación Santiago, na arqueta existente situada na rúa da República Arxentina esquina coa rúa de Santiago de Chile, deixando sen servizo os condutores existentes entre esta arqueta e a de entrada ao CT.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable do 3.2.2026 emitido polos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

I. Conceder a autorización administrativa de peche da dita instalación de distribución eléctrica.

II. O desmantelamento da instalación executarase no prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación desta resolución, producíndose a caducidade da autorización de non realizarse os traballos no prazo establecido.

III. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións deberá comunicalo a este departamento territorial para emitir a acta de peche.

Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 6 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña