O artigo 18 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, no seu punto 8, impón a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación das actas de entregas dos cambios de titularidade asinados coas entidades locais para os efectos do seu coñecemento por terceiros. En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación das actas de entregas asinadas sobre os cambios de titularidade de estradas ou treitos destas formalizados entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e distintas entidades locais, e que se incorpora como anexo a esta resolución.
Estas actas de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2026
María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Actas de entregas de cambios de titularidade asinados
|
Acta de entrega |
Data de sinatura |
|
Acta de entrega a prol do Concello do Barco de Valdeorras do treito inicial da estrada OU-622, denominado avenida do Bierzo, xunto co seu dominio público viario (DPV) |
29.7.2024 |
|
Acta de entrega a prol do Concello de Noia duns camiños de servizo da AC-549 de titularidade autonómica, xunto co seu dominio público viario (DPV), e dunhas franxas de DPV entre Eiroa, Carracido, o centro comercial Eroski e o río do Porto, na parroquia de Barro |
3.12.2024 |
|
Acta de entrega a prol do Concello de Vila de Cruces do treito final da PO-204 de titularidade da Xunta de Galicia, xunto co seu dominio público viario |
30.1.2025 |
|
Acta de entrega a favor do Concello de Poio da vía de servizo da PO-535 de titularidade da Xunta de Galicia, en fronte do cemiterio municipal de San Xoán de Poio, xunto co seu dominio público viario (DPV) |
27.3.2025 |
|
Acta de entrega a prol do Concello de Cerdedo-Cotobade do treito antigo da estrada PO-232 de titularidade da Xunta de Galicia, xunto co seu dominio público viario (DPV) |
11.6.2025 |
|
Acta de cesión sobre o cambio de titularidade dun treito da estrada do Estado N-551 e o antigo ramal de conexión entre a A-55 e a N-551, a prol da Comunidade Autónoma de Galicia, e sobre o cambio de titularidade a prol do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible da glorieta superior que conforma o novo enlace sobre a autovía A-55, os ramais de conexión da glorieta coa autovía e o ramal de conexión da glorieta coa estrada N-551, na provincia de Pontevedra |
29.7.2025 |
|
Acta de entrega a prol do Concello da Guarda do treito da estrada PO-355, desde o punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 0+220, xunto co seu dominio público viario, e o cambio de titularidade da rúa Julia Vaquero (unicamente calzada, beiravías e aparcadoiros), de titularidade municipal, a prol da Xunta de Galicia |
30.7.2025 |
|
Acta de entrega a prol do Concello de Poio do treito inicial da PO-308 (pp.qq. 0+000 ao 0+320) xunto co seu dominio público viario (DPV) e o dominio público viario das marxes da PO-308 (pp.qq 0+320 ao 0+480), agás a calzada e as beiravías |
26.8.2025 |
|
Acta de entrega a prol do Concello de Castro de Rei das beirarrúas e dos elementos asociados a elas (cunetas, franxas de xardín e varandas) e da superficie de dominio público viario (DPV) correspondente a un treito da da LU-113 |
18.9.2025 |
|
Acta de entrega a prol do Concello de Brión do treito inicial da estrada autonómica AC-300 comprendido entre o p.q. 0+000 e o 0+770, incluído todo o dominio público viario |
17.10.2025 |
|
Acta de entrega a prol do Concello de Oia duns treitos antigos da estrada PO-552, xunto co seu dominio público viario |
4.11.2025 |
|
Acta de entrega a prol do Concello de Redondela da estrada PO-363 na súa totalidade, xunto co seu dominio público viario |
19.11.2025 |
|
Acta de cesión sobre o cambio de titularidade dun conxunto de elementos funcionais instalados na Rede Autonómica de Estradas de Galicia a prol da Dirección Xeral de Tráfico |
1.12.2025 |
|
Acta de entrega a prol do Concello de Tomiño dun treito intermedio da estrada PO-552 de 1.030 metros de lonxitude, xunto co seu dominio público viario (DPV) |
7.1.2026 |
|
Acta de entrega a prol do Concello de Soutomaior do treito final da estrada PO-264 (p.q. 2+270–p.q. 3+570), xunto co seu dominio público viario |
26.1.2026 |
|
Acta de entrega do treito final da estrada PO-316, xunto co seu dominio público viario, a prol do Concello do Grove |
10.2.2026 |
