DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 3 de marzo de 2026 Páx. 15996

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de decembro de 2025 pola que se convoca e se regula, mediante tramitación anticipada de gasto e en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2026, a concesión de axudas ás organizacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións de información, mediación, asesoramento e asistencia á cidadanía en materia de consumo (código de procedemento CO400H).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 29, do 12 de febreiro de 2026, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 12717, no texto do artigo 17.a), onde di: «Cando se trate de temas relacionados con produtos ou servizos financeiros ou de subministracións básicas do fogar (enerxía eléctrica, gas e telefonía)», debe dicir: «Cando se trate de temas relacionados con produtos ou servizos financeiros ou de subministracións básicas do fogar (enerxía eléctrica, gas ou telefonía)».

Na páxina 12718, no texto do artigo 17.f), onde di: «...cando se trate de servizos relacionados con produtos e servizos financeiros ou de subministración de enerxía eléctrica, gas e telefonía», debe dicir: «...cando se trate de servizos relacionados con produtos e servizos financeiros ou de subministración de enerxía eléctrica, gas ou telefonía».