Primeiro. A Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2025, prevé o financiamento da liña 1 do Programa de promoción de emprego autónomo, a través da aplicación orzamentaria 14.02.322C.472.0, código de proxecto 2023 102, cun crédito de 19.356.500 euros.
Segundo. O artigo 4 da Orde do 27 de decembro de 2024 establece que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da entón Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.
Terceiro. A Orde do 27 de decembro de 2024 establece no seu artigo 23 que a distribución provincial de créditos será directamente proporcional ao número de persoas paradas e á evolución do paro rexistrado no período 2019-2023, e inversamente proporcional á evolución da poboación no citado período. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade o da presentación en cada ámbito provincial.
Para estes efectos terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 8 desta orde.
No caso de coincidencia na data de presentación entres dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da liña 1 do Programa de promoción do emprego autónomo, relativo á aplicación orzamentaria 14.02.322C.472.0, código de proxecto 2023 102, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2025, e da repartición provincial da contía con base no número de persoas paradas e na evolución do paro rexistrado no período 2019-2023, e inversamente proporcional á evolución da poboación no citado período.
Provincia da Coruña: correspóndelle unha contía de 6.387.645,00 euros que, de acordo co previsto no artigo 23 da orde, se redistribuíu ata a contía de 8.630.268,81 euros, sendo a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito a TR341D-2025-2735-01, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 2 do artigo 8 da convocatoria, o día 5 de setembro de 2025, ás 13.01.00 horas.
Provincia de Pontevedra: correspóndelle unha contía de 6.387.645,00 euros que, de acordo co previsto no artigo 23 da orde, se redistribuíu ata a contía de 8.244.000,00 euros, sendo a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito a TR341D-2025-00002759-05, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 2 do artigo 8 da convocatoria, o día 4 de setembro de 2025, ás 19.23.27 horas.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
