DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 3 de marzo de 2026 Páx. 16097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 9 de febreiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Montebois, Abesada e Montecelo, no concello de Punxín.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión con data do 1 de decembro de 2025, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relaciona:

Nome do monte: Montebois, Abesada e Montecelo.

Superficie: 2,88 ha.

Pertenza: CMVMC da parroquia de Freás.

Parroquia: Freás (Santa María) e Ourantes (San Xoán).

Concello: Punxín.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1 (Montebois).

Estas parcelas incluídas na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, estando separadas polos camiño coa referencia catastral 32066A02109004.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32066A02100117

32066A02100530

32066A02100531

32066A02100532

Norte

32066A02109004

Leste

32066A02109004

32066A02100114

32066A02100116

32066A02100115

32066A02100111

32066A02100112

32066A02100113

32066A02100106

Sur

32066A02109004

32066A02100106

32066A02100548

32066A02100095

32066A02100094

32066A02100123

Oeste

32066A02100106

32066A02100124

32066A02100125

32066A02100128

32066A02100129

32066A02100130

32066A02109004

Predio 2 (Abesada).

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32066A01701074

Norte

32066A01709009

Leste

32066A01709009

32066A01701077

Sur

32066A01701076

32066A01701075

32066A01709009

32066A01709002

Oeste

32066A01709002

Predio 3 (Montecelo).

Estas parcelas incluídas na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, estando separadas polos camiño coa Referencia catastral 32066A02309006.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32066A02300600

32066A02300601

Norte

32066A02309006

32066A02300252

32066A02300254

32066A02300255

32066A02300256

32066A02300260

Leste

32066A02300260

Sur

32066A02300261

32066A02300262

32066A02300265

32066A02300266

32066A02300267

32066A02300268

32066A01709009

Oeste

32066A01709009

Os predios obxecto de clasificación constitúen pequenas extensións situadas ao redor do núcleo da Pousa e mais dos seus barrios periféricos, que exercen conxuntamente coma centro neurálxico parroquial.

No caso dos predios Montebois e Montecelo, trátase de terreos situados en zonas altas que dominan a antedita poboación, con pendentes moderadas a fortes; mentres que no caso do predio Abesada, situado nunha cota por baixo do núcleo, o terreo é bastante máis chan e practicable.

En canto ao seu uso ou aproveitamento, os terreos caracterízanse por unha aparente ausencia de xestión nos distintos estratos existentes: monte bravo de piñeiro do país procedente de rexenerado natural, moi desigual segundo as zonas, no predio Montebois; bastío de carballo con presenza puntual de piñeiros, no caso do predio Montecelo; e unha masa invasora de acacias, canda un raso con presenza tamén puntual de piñeiros, no caso do predio Abesada.

Por último, cómpre salientar a presenza, dentro da R.C. 32066A02100532 (predio 1, Montebois), dunha pista deportiva duns 40×20 m e máis dun depósito de auga.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período de un mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 9 de febreiro de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense