En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar, con data do 1 de decembro de 2025, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Vilardá, na parroquia de Vilardá (Santa María), no concello de San Xoán de Río, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 28 de abril de 2021, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de María Isabel Pérez Álvarez e outros, en que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Comunal de Vilardá, na parroquia de Vilardá (Santa María), no concello de San Xoán de Río.
Segundo. Con data do 13 de decembro de 2022, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e as publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. Durante a tramitación do expediente a CMVMC de Vilariño, no concello de Ribas de Sil, provincia de Lugo, presentou un escrito de alegacións. Basean a súa oposición na existencia dun convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a CMVMC de Vilariño, o 7 de xullo de 1977, na titularidade actual do catastro, no catastro histórico e no recoñecemento pacífico dos lindes polos veciños desde tempos inmemoriais. Afirman que a zona afectada polo convenio está ocupada na súa meirande parte por repoboacións forestais feitas pola propia Administración forestal.
Contra o citado escrito a comunidade de Vilardá interpuxo un escrito de alegacións. Nel indican que a sinatura dun convenio non outorga a propiedade sobre o terreo. E polo tanto, non se pode vincular a existencia dun convenio co límite do monte, cando ademais contradicen os propios límites establecidos na clasificación veciñal. Engaden que non fixeron ningunha reclamación formal ata o momento, xa que a CMVMC de Vilardá non estaba constituída e, polo tanto, non podía realizar ningunha reclamación.
Sobre esta cuestión o Xurado Provincial considera que procede darlle a razón á comunidade de Vilardá, xa que a posesión dos terreos non é unha proba da propiedade destes. E cando os lindes que se establecen na carpeta ficha da clasificación do monte de Vilariño determinan que linda ao sur co termo municipal de San Xoán de Río. Polo que admitir a alegación da CMVMC de Vilariño suporía outorgarlle a propiedade de terreos máis aló do límite fixado na resolución de clasificación do monte.
O uso dos citados terreos con base nun convenio do ano 1977, polo tanto, non evidencia a propiedade destes nin o seu uso consuetudinario. E neste punto cabe facer mención ao carácter imprescriptible dos montes veciñais, de acordo co artigo 2 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Por outro lado, a proposta de clasificación realizada pola CMVMC de Vilardá é coherente coa traza vixente da liña de división de concellos realizada polo IGN e, polo tanto, a súa solicitude non implicaría a invasión de terreos pertencentes á CMVMC de Vilariño, circunscribíndose unicamente a terreos situados na provincia de Ourense.
Non obstante, a tramitación deste procedemento puxo de manifesto a discrepancia existente entre a literalidade da descrición dos lindes cos planos que reflexan estes. Ante esta situación o Xurado entende que procede a clasificación do MVMC de Vilardá ata o límite intermunicipal entre os concellos de San Xoán de Río e o de Ribas de Sil.
O Xurado considerou adecuado que se estableza unha comisión municipal de deslindamento que de mutuo acordo estableza o linde entre os dous concellos. E no caso de discrepancia entre estes, debería ser o IGN como órgano competente o que estableza o linde.
Para estes efectos, contactouse co IGN para expoñerlle a problemática, resultando que o persoal técnico encargado deste organismo recoñeceu a existencia de discrepancias entre a representación da liña e mais a acta do deslindamento practicado con data do 27.8.1934 entre os concellos de San Xoán de Río e Ribas de Sil. En consecuencia, o propio IGN puxo en marcha de oficio un procedemento de rectificación ou corrección para xerar e inscribir unha xeometría máis fiel á descrición da acta.
Finalmente, con data do 8.5.2025, inscribiuse unha nova representación da liña de termo entre ambos os concellos, que constitúe unha interpretación oficial máis correcta da liña levantada no seu día.
De acordo coa nova representación da liña do termo entre ambos os concellos, o Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense propuxo unha nova descrición do monte o día 1 de outubro de 2025, a cal é aceptada polo Xurado Provincial.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Comunal de Vilardá.
Superficie: 42,84 ha.
Pertenza: veciños/as da parroquia de Vilardá.
Parroquia: Vilardá (Santa María).
Concello: San Xoán de Río.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1 («A»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 63, parcela 326 (parte) |
Norte |
Polígono 63, parcela 326 Polígono 25 (Ribas de Sil), parcela 441 |
|
Leste |
Polígono 63, parcela 61 |
|
|
Sur |
Polígono 63, parcelas 61, 62 e 64 |
|
|
Oeste |
Polígono 63, parcela 326 (resto) |
|
Predio 2 (parcelas «B», «C» e «D»):
Estas parcelas incluídas na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, estando separadas polos camiños coas referencias catastrais (RR.CC.) 32071A00109003 e 32071A00109007.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 63, parcela 1 Polígono 1, parcela 228 (inclúe dúas): 32071A001002280000PF (rústica) 32071A001002280001AG (urbana) Polígono 1, parcela 195 |
Norte |
Polígono 63, parcela 2 |
|
Leste |
Polígono 63, parcela 9002 Polígono 1, parcela 9003 |
|
|
Sur |
Polígono 1, parcelas 197, 198 e 9007 |
|
|
Oeste |
Polígono 1, parcelas 9006, 239 e 9003 |
|
Predio 3 («E»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 62, parcela 529 |
Norte |
Polígono 62, parcelas 9003 e 537 |
|
Leste |
Polígono 62, parcelas 537, 536, 207, 202, 198, 197, 279, 280, 285, 491, 486 e 485 |
|
|
Sur |
Polígono 62, parcela 479 |
|
|
Oeste |
Polígono 62, parcela 9003 |
|
Predio 4 («F»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 62, parcelas 546 (parte) e 552 (parte) |
Norte |
Polígono 62, parcelas 527, 546 (resto) e 552 (resto) |
|
Leste |
Polígono 62, parcelas 546 (resto) e 542 |
|
|
Sur |
Polígono 62, parcelas 542 e 264 |
|
|
Oeste |
Polígono 62, parcela 264 |
|
Predio 5 (parcela «G»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 61, parcela 13 (parte de San Xoán de Río) |
Norte |
Polígono 61, parcelas 13 (parte de Ribas de Sil), 57, 53 |
|
Leste |
Polígono 61, parcela 52 |
|
|
Sur |
Polígono 61, parcelas 52, 13 (parte de Ribas de Sil) |
|
|
Oeste |
Polígono 61, parcela 13 (parte de Ribas de Sil) |
|
Predio 6 (parcela «H»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 62, parcela 543 (parte de San Xoán de Río) |
Norte |
Polígono 62, parcela 543 (parte de Ribas de Sil) Polígono 61, parcela 9001 |
|
Leste |
Polígono 61, parcela 9001 Polígono 62, parcela 548 |
|
|
Sur |
Polígono 62, parcela 548 |
|
|
Oeste |
Polígono 62, parcelas 548, 543 (parte de Ribas de Sil) |
|
Predio 7 («I»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 25, parcela 744 (parte de San Xoán de Río) Polígono 61, parcela 95 |
Norte |
Polígono 25, parcela 744 (parte de Ribas de Sil) |
|
Leste |
Polígono 25, parcela 744 (parte de Ribas de Sil) Polígono 61, parcelas 78, 36 |
|
|
Sur |
Polígono 61, parcelas 36, 75, 50, 51, 55 |
|
|
Oeste |
Polígono 61 parcelas 55, 60, 63, 66, 68, 73 Polígono 25, parcela 744 (parte de Ribas de Sil) |
|
Predio 8 (parcelas «J», «K», «L», «M», «N» e «O»):
Estas parcelas incluídas na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, estando separadas polos camiños coas RR.CC. 32071A06009001, 32071A06009002 e 32071A06109006.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 60, parcelas 13 (parte de San Xoán de Río), 161, 162 Polígono 61, parcelas 94 (parte de San Xoán de Río), 47, 93 |
Norte |
Polígono 61, parcela 94 (parte de Ribas de Sil) Polígono 25 (Ribas de Sil), parcelas 26, 25, 24, 23, 14, 11 Polígono 60, parcelas 9001, 13 (parte de Ribas de Sil) |
|
Leste |
Polígono 60, parcelas 13 (parte de Ribas de Sil), 9003 Polígono 60, parcela 9001 Polígono 61, parcelas 9006, 90, 89, 88 Polígono 60, parcelas 97, 85, 32, 31, 30, 29, 28, 9002, 27, 26, 18 |
|
|
Sur |
Polígono 60, parcelas 17, 9002, 9001 Polígono 61, parcela 21 |
|
|
Oeste |
Polígono 61, parcelas 39, 40, 41, 42, 43, 87, 86, 85, 76, 82, 81, 80, 78, 9006 |
|
Predio 9 («P»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 60, parcela 50 (parte de San Xoán de Río) |
Norte |
Polígono 60, parcela 50 (parte de Ribas de Sil) |
|
Leste |
Polígono 60, parcelas 50 (parte de Ribas de Sil), parcela 104 |
|
|
Sur |
Polígono 60, parcelas 104, 103 |
|
|
Oeste |
Polígono 60, parcelas 103, 50 (parte de Ribas de Sil) |
|
Predio 10 (parcelas «Q», «R» e «S»):
Estas parcelas incluídas na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, estando separadas polo camiño coa R.C. 32071A05909003.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 24, parcela 596 (parte de San Xoán de Río) Polígono 59, parcelas 284 (parte de San Xoán de Río), 254, 255, 9005 |
Norte |
Polígono 24, parcela 596 (parte de Ribas de Sil) Polígono 59, parcela 284 (parte de Ribas de Sil) |
|
Leste |
Polígono 59, parcelas 284 (parte de Ribas de Sil), 9005, 274, 9003 |
|
|
Sur |
Polígono 59, parcelas 9003, 9007, 251, 283 |
|
|
Oeste |
Polígono 59, parcelas 212, 209, 208, 20, 206, 205 Polígono 24 (Ribas de Sil), parcela 9022 Polígono 59, parcela 9003 Polígono 24, parcela 596 (parte de Ribas de Sil) |
|
Predio 11 (parcelas «T», «U» e «V»):
Estas parcelas incluídas na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, estando separadas polos camiños coas RR.CC. 32071A05909004 e 32071A05909008.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 59, parcelas 157, 228, 57, 291 |
Norte |
Polígono 59, parcelas 167, 162, 159, 9004, 160, 158, 161, 215, 218 |
|
Leste |
Polígono 59, parcelas 219, 222, 223, 227, 229, 230, 231, 232, 233, 9008, 292 Polígono 57, parcelas 9004, 487, 9003 |
|
|
Sur |
Polígono 59, parcelas 9004, 288, 286, 285 |
|
|
Oeste |
Polígono 59, parcelas 155, 152, 9002 |
|
Predio 12 («W»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 59, parcela 239 |
Norte |
Polígono 59, parcelas 9007, 240 |
|
Leste |
Polígono 59, parcela 240 |
|
|
Sur |
Polígono 59, parcela 240 |
|
|
Oeste |
Polígono 59, parcelas 238, 237, 9007 |
|
Predio 13 («X»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 57, parcela 457 |
Norte |
Polígono 57, parcelas 448 e 9001 |
|
Leste |
Polígono 57, parcela 9001 |
|
|
Sur |
Polígono 57, parcelas 9001, 23 |
|
|
Oeste |
Polígono 57, parcelas 23, 448 |
|
Predio 14 (parcela «Y»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 64, parcela 161 (parte de San Xoán de Río) |
Norte |
Polígono 23 (Ribas de Sil), parcela 2 Polígono 64, parcela 161 (parte de Ribas de Sil) |
|
Leste |
Polígono 64, parcelas 161 (parte de Ribas de Sil), 151 (parte de Ribas de Sil) |
|
|
Sur |
Polígono 64, parcela 151 (parte de San Xoán de Río) |
|
|
Oeste |
Polígono 64, parcelas 44, 43, 42, 24, 23, 11, 21, 7, 20, 19, 18, 17, 16, 15, 14, 13 Polígono 57, parcela 9011 Polígono 64, parcela 161 (parte de Ribas de Sil) |
|
Predio 15 («Z»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 62, parcela 372 |
Norte |
Polígono 62, parcelas 9003, 371 |
|
Leste |
Polígono 62, parcela 371 |
|
|
Sur |
Polígono 62, parcela 9013 |
|
|
Oeste |
Polígono 62, parcela 9003 |
|
Predio 16 (parcelas «AA», «AB», «AC», «AD» e «AE»):
Estas parcelas incluídas na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, estando separadas polos camiños coas RR.CC. 32071A06209004, 32071A06209005, 32071A06209009 e 32071A06209010.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 62, parcelas 37, 600, 302, 10, 586 |
Norte |
Polígono 62, parcelas 9019, 9004, 9010, 11 |
|
Leste |
Polígono 62, parcelas 585, 9004, 9, 9009 |
|
|
Sur |
Polígono 62, parcelas 7, 8, 30, 9010, 36 |
|
|
Oeste |
Polígono 62, parcelas 9004, 9017 |
|
Predio 17 («AF»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 62, parcela 297 |
Norte |
Polígono 62, parcela 70 |
|
Leste |
Polígono 62, parcela 9008 |
|
|
Sur |
Polígono 62, parcelas 9008, 9005 |
|
|
Oeste |
Polígono 62, parcela 9005 |
|
Predio 18 (parcelas «AG», «AH», «AI» e «AJ»):
Estas parcelas incluídas na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, estando separadas polos camiños coas RR.CC. 32071A05609004, 32071A05609006 e 32071A05609017.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 56, parcelas 46, 9007, 265, 11, 44, 27 Polígono 59, parcelas 278, 102, 277, 2 |
Norte |
Polígono 56, parcela 9006 Polígono 59, parcela 16 |
|
Leste |
Polígono 59, parcelas 15, 14, 12, 11, 10, 298, 8, 6, 4, 3, 1 Polígono 56, parcelas 9004, 66, 65, 62, 60 |
|
|
Sur |
Polígono 56, parcelas 58, 9004, 275, 274, 273, 269, 268 |
|
|
Oeste |
Polígono 56, parcelas 268, 263, 264 |
|
Predio 19 («AK»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 57, parcela 324 |
Norte |
Polígono 57, parcelas 9007, 323 |
|
Leste |
Polígono 57, parcela 323 |
|
|
Sur |
Polígono 57, parcela 339 |
|
|
Oeste |
Polígono 57, parcela 9007 |
|
Predio 20 («AL»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 57, parcela 327 |
Norte |
Polígono 57, parcela 322 |
|
Leste |
Polígono 57, parcelas 320, 326 e 329 |
|
|
Sur |
Polígono 57, parcelas 329, 330 e 336 |
|
|
Oeste |
Polígono 57, parcela 337 |
|
Predio 21 («AM»):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
Polígono 51, parcela 97 |
Norte |
Polígono 51, parcelas 30, 90 |
|
Leste |
Polígono 51, parcela 90 |
|
|
Sur |
Polígono 51, parcelas 90, 29 |
|
|
Oeste |
Polígono 51, parcela 9002 |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da sala contencioso-administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común; e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro; o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Comunal de Vilardá, na parroquia de Vilardá (Santa María), no concello de San Xoán de Río, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 11 de febreiro de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
