DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 3 de marzo de 2026 Páx. 15984

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 4/2026, do 19 de xaneiro, polo que se regulan os procedementos de creación, modificación e disolución de museos e outros centros museísticos de Galicia.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 24, do 5 de febreiro, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 10535, no punto dous do artigo 27, onde di:

«2. Unha vez que o Consello da Xunta de Galicia adopta o acordo de creación e de cualificación do centro museístico, este será inscrito de oficio no Rexistro de Centros Museísticos de Galicia mediante resolución da persoa titular do centro directivo competente en materia de centros museísticos».

Debe dicir:

«2. Unha vez que o Consello da Xunta de Galicia adopta o acordo de creación e de cualificación do centro museístico, este será inscrito de oficio no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia mediante a resolución da persoa titular do centro directivo competente en materia de centros museísticos».

Na páxina 10536, no punto catro do artigo 28, onde di:

«4. A inscrición no Rexistro de Centros Museísticos de Galicia terá validez en tanto se manteñan os requisitos que se exixiron para esta».

Debe dicir:

«4. A inscrición no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia terá validez en tanto se manteñan os requisitos que se exixiron para esta».

Na páxina 10552, no punto 1 do Programa institucional do anexo IV Plan museolóxico (coleccións museográficas e centros de interpretación do patrimonio cultural), onde di:

«1. Marco conceptual, en que se recollerá a mensaxe que se vai transmitir, os principios básicos que guiarán a actividade do museo e a singularidade da institución, se é o caso».

Debe dicir:

«1. Marco conceptual, en que se recollerá a mensaxe que se vai transmitir, os principios básicos que guiarán a actividade do centro museístico e a singularidade da institución, se é o caso».