Expediente: IN407A 2025/052-1 M1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: modificado M1: soterramento tramo LMT SCY825 e reforma do CT cruceiro Bonito (15CL81).
Concello: Santiago de Compostela.
Feitos:
1. O 26.3.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica denominado Proxecto para soterramento tramo LMT SCY825 e reforma do CT cruceiro Bonito (15CL81) - Santiago de Compostela. Por mor do fin da vida útil do centro de transformación CT Cruceiro Bonito (15CL81) de 50 kVA de potencia, sito lugar de Quenllas, parroquia de Sabugueira, concello de Santiago, proxéctase a súa reforma e aumento de potencia a 250 kVA, así como a substitución do tramo aéreo da liña en media tensión que o alimenta por un tramo soterrado que se conectará coa liña de distribución de media tensión SCY825 (IN407A 2016/2377-1), procedente da subestación San Caetano.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, e como consecuencia do condicionado técnico do Concello de Santiago de Compostela, o 10.11.2025 presentan o proxecto de execución denominado Modificado M1: soterramento tramo LMT SCY825 e reforma do CT cruceiro Bonito (15CL81), asinado o día 7.10.2025 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Santiago de Compostela, Servizo do Patrimonio Cultural e Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co informe favorable emitido por Patrimonio Cultural. Concello de Santiago de Compostela e Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible non emitiron informe de condicionado técnico no prazo concedido ao efecto.
4. O día 6.2.2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Quenllas, parroquia de Sabugueira, concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:
• LMTS a 20 kV, de 620 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº ADR58XG4//56 tipo HV 630/13-CR1 que se vai substituír por un de tipo C-3000/16, da LMT SCY825 (IN407A 2016/2377-1), procedente da subestación San Caetano, e remate no CT por reformar.
• O apoio nº 56 por substituír será de tipo frecuentado; nel instalarase un reconectador telecontrolado (RC).
• Substitución condutor tramo LMTA (actuación 1) a 20 kV, de 137 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº ADO687FS//55 existente e remate no apoio nº 56 proxectado por substituír.
• Substitución condutor tramo LMTA (actuación 2) a 20 kV, de 6 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 56 proxectado por substituír e remate no apoio nº ADR4HIE3//56-1 existente.
Desmantelamento de tramo LMTA a 20 kV, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 56 proxectado por substituír e remate no CT por reformar. Desmantelamento dos apoios ADTU1TUT//57, ADW7CRDV//58 e ADWT2LWM//59.
Reforma do CT cruceiro Bonito (15CL81) de 50 kVA e aumento de potencia:
– Desmontaxe do actual transformador, cadro de baixa tensión e cadro de telexestión.
– Instalación dun centro de transformación compacto sen envolvente telecontrolado GSM/GPRS/FO de 250 kVA, configuración 2L (1 reserva)+1P, no interior do edificio actual.
– Adecuación da obra civil interior do CT para albergar o novo CT compacto proxectado: bancada, canlóns e foxo recollida de aceite.
– Substitución da porta de acceso actual por unha nova en que se integran as reixas para a ventilación do CT. Sobre ela instalarase unha trabe de reforzo.
– Substitución das acometidas de MT e BT.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• Se é o caso, acreditación ou declaración de que o proxecto se atopa dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) 2024/573 nos puntos relativos á aparellaxe électrica.
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 10 de febreiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
