De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 13.30.322C.481.3 da Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento TR358A).
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
ANEXO
|
Beneficiaria |
Importe concedido |
|
Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar |
81.331,36 |
|
Asociación de Traballadores por Conta Propia da Comunidade de Galicia |
82.710,69 |
|
Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia |
91.630,00 |
