DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 5 de marzo de 2026 Páx. 16565

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026 pola que se declara deserta a convocatoria para cubrir unha praza da categoría profesional de médico/a do traballo pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 6 de outubro de 2025 (DOG do 17 de outubro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de médico/a do traballo pola quenda de acceso libre.

Realizado o procedemento selectivo sen que ningunha persoa aspirante se presentase, e en virtude das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario,

RESOLVO:

Declarar deserta a convocatoria para cubrir unha praza da categoría profesional de médico/a do traballo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela