De conformidade co disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, e de acordo co artigo 20.1.g) dos seus estatutos, o Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A., o 12 de xuño de 2024,
ACORDA:
Primeiro. Efectuar a convocatoria dun proceso de selección para cubrir con carácter fixo varios postos do persoal da empresa mediante o procedemento de concurso-oposición, con publicidade, cualificación e posterior convocatoria de candidatos para a cobertura fixa destes postos por orde de puntuación.
Segundo. Apertura dun prazo de inscrición para o concurso-oposición para:
(1) Un posto de peón/oa gandeiro/a, oficial de segunda.
(1) Un posto de auxiliar de laboratorio.
Terceiro. Documentación que presentarán as persoas interesadas:
O proceso de concurso-oposición axustarase ás bases específicas para cada categoría profesional, se publican no perfil de contratante da páxina web de Xenética Fontao, S.A.: http://www.xeneticafontao.com/perfil.php
As persoas candidatas deberán presentar a documentación especificada para cada categoría profesional na epígrafe «Documentación para presentar», das bases específicas correspondentes.
Cuarto. Lugar e prazo de presentación:
As solicitudes dirixiranse ao director xerente de Xenética Fontao e poderán presentarse:
– Nas oficinas de rexistro de Xenética Fontao, sitas no lugar de Fontao, Esperante, 27210 Lugo, de luns a venres e en horario das 9.00 ás 14.00 horas.
– Na oficina de Correos do Estado por correo certificado con xustificante de recepción (neste caso, o mesmo día da presentación da solicitude deberá remitir vía fax, ao 982 28 46 26, acreditación da dita presentación, que inclúe tanto o xustificante do envío entregado ao cliente por Correos del Estado como unha copia da solicitude para o proceso de selección).
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. Proceso e Comisión de Selección
Para a selección de persoas candidatas designará unha Comisión de Selección o Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A., que se constituirá en virtude do principio de paridade entre homes e mulleres, nos termos establcidos no artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes en Galicia. No comité poderán participar expertos/as externos/as para axudar a cualificar as persoas candidatas nos diversos coñecementos e habilidades requiridos.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2026
Jesús Vázquez Pérez
Director xerente de Xenética Fontao, S.A.
