DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 5 de marzo de 2026 Páx. 16664

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da modificación puntual non substancial do Plan xeral de ordenación municipal, modificación puntual número 3, normativa e ordenanzas.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 28 de xaneiro de 2026, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual non substancial do Plan xeral de ordenación municipal de Teo, modificación puntual número 3, normativa e ordenanzas, do 3 de xullo de 2025, promovida de oficio polo Concello de Teo e redactada pola arquitecto municipal e pola arquitecta técnica municipal, e deuse por extinguida a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito da citada modificación, de conformidade cos artigos 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e 86.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei (RLSG).

De conformidade cos artigos 82.2 da LSG e 199.2 do RLSG, así como cos artigos 70.ter da LRBRL, 87 da LSG, 206 do RLSG e 25.4 do TRLSRU, o acordo plenario que aproba definitivamente a modificación puntual, así como o texto da citada modificación aprobada definitivamente, encóntranse dispoñibles na sede electrónica do Concello de Teo:

https://sede.teo.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260206100000307.html

Contra o citado acordo, que pon fin á vía administrativa e que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, de acordo co disposto no artigo 84.1 da LSG, 201.1 do RLSG, 112.3 da LPACAP, e artigos 10 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere procedente.

Teo, 10 de xaneiro de 2026

Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa