O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 19.1.2026, adoptou, por unanimidade e entre outros, o seguinte acordo:
«(...) Prestar aprobación definitiva ao proxecto de modificación puntual do PEPRICA para recuperación da antiga casa reitoral de San Bartolomeu sita na rúa Don Filiberto, nº 5, do solo urbano de Pontevedra. Modificación da ficha 4-50-12 e cambio de delimitación do Polígono P.1-Horta do Cura (36038_MP01PEPRI_202307_AD_01), datado en xullo de 2025, redactado polo arquitecto José Luis Pichel Fernández, que foi achegado o 24.10.2025 baixo número de rexistro 2025051462 e conformado pola arquitecta municipal da OTPXU o 30.10.2025; instrumento urbanístico que incorpora as modificacións subsecuentes ás observacións e suxestións indicadas nos informes sectoriais emitidos e nas alegacións formuladas, adaptado ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, aprobadas pola Orde do 10.10.2019, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e modificadas pola Orde de 8.4.2022 e que dá cumprimento ás consideracións contidas no informe favorable condicionado emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia en data 11.4.2025».
«(...) Dispor a publicación de anuncio deste acordo no Diario Oficial de Galicia, por conta dos promotores, con indicación expresa de que o contido íntegro do proxecto estará á disposición do público na sede electrónica do Concello de Pontevedra www.sede.pontevedra.gal, ao abeiro do disposto na Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Unha vez publicado o anuncio no DOG, o instrumento de planeamento que serve de base a este acordo será inscrito no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, a petición deste concello, para o que se remitirá un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado pola Secretaría do Pleno.
Os documentos que conteñen os planos de ordenación normativos denominados 04POL (Plano de ordenación ámbito do polígono P1-Horta do cura), 05ORD-1, 05ORD-2, 05ORD-3, 05ORD-4, 05ORD-5 e 05ORD-6 e 05ORD-7, así coma a ficha modificada 4-50-12 por mor da aprobación definitiva da presente modificación puntual, ademais de na sede electrónica, serán obxecto de publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, anuncio no que se fará constar a ligazón á sede electrónica onde se atopa publicado e con especial referencia ao informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 6.7.2024 (documento con csv KG1OJ3BBGC124KHT), que condiciona a intervención na rúa don Filiberto á incorporación ao proxecto de obra que no seu día se achegue, dun estudo histórico que se complemente cun estudo da estratigrafía dos muros seguindo a metodoloxía da arqueoloxía e da arquitectura que determine a secuencia histórica das edificacións e que permita datar as fábricas, en particular, as que delimitan a estrutura 3 e tamén os muros medianeiros coa edificación do número 3 da rúa don Filiberto.
A referida publicación realizarase, unha vez recibido o certificado de inscrición no Rexistro do instrumento de planeamento, para lograr a eficacia e executividade do acordo, consonte o establecido no artigo 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 186.4. e 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu Regulamento de desenvolvemento e nos artigos 70.2 e 65.2 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (...)».
O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra a aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do T.S.X. de Galicia, no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación (artigo 10 e 46 da Lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.
Así mesmo, infórmase que nestas datas xa se atopa publicado na sede electrónica do Concello de Pontevedra (ligazón exacta no día no que andamos: https://www.pontevedra.gal/areas/urbanismo-e-territorio/planeamento-urbanistico/planeamento-de-desenvolvemento/), o contido íntegro do documento aprobado definitivamente polo Pleno do Concello de Pontevedra, en cumprimento do disposto na Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Pontevedra, 30 de xaneiro de 2026
Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde
