No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 27, do 10 de febreiro de 2026, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para cubrir con carácter definitivo unha praza de asesor/a xurídico/a da Administración xeral (código na RPT 01.00.00.02), funcionario/a de carreira, vacante no cadro de persoal funcionario deste concello.
O prazo de presentación de solicitudes será de (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
A Estrada, 10 de febreiro de 2026
Gonzalo Louzao Dono
Alcalde
