O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 15.1.2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Primeiro. Aprobar a proposta de suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de planeamento e outorgamento de licenzas de parcelación de terreos e edificación no eido do plan especial de Labañou, segundo a delimitación grafitada no plano número 1 adxunto, durante o prazo máximo dun (1) ano, coa finalidade de estudar a súa modificación, de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG/16), e no artigo 86 do seu regulamento de desenvolvemento.
A suspensión non afectará as obras ou actividades sinaladas no artigo 86.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que foi aprobado o regulamento da Lei do solo de Galicia (RLSG/16), para os casos en que resulte de aplicación, nin os usos e obras provisionais previstos no artigo 89 da LSG/16 (artigo 204 do RLSG/16).
Esta suspensión extinguirase polo transcurso do prazo indicado ou pola aprobación inicial da modificación puntual, caso en entraría en vigor a suspensión prevista no artigo 47.2 da LSG/16.
Segundo. Publicar o acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na sede electrónica do concello.
Terceiro. Notificarlle este acordo aos servizos e departamentos municipais implicados na execución do planeamento».
Contra este acordo cabe interpor, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, un recurso potestativo de reposición ante o órgano que o ditou, no prazo máximo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda procedente e sexa conforme dereito.
O plano e o resumo executivo pódense descargar da páxina web de Urbanismo www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe de «Exposición pública» ou no visor «Estado desarrollo PGOM 2013».
O anterior publícase para xeral coñecemento.
A Coruña, 4 de febreiro de 2026
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño;
BOP número 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo,
Rehabilitación e Vivenda
