DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 6 de marzo de 2026 Páx. 16749

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026 pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos no proceso selectivo convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B.

A Consellería de Facenda e Administración Pública convocou, mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B.

O persoal adscrito á escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia resulta un elemento significativo do cadro de persoal na organización da campaña de defensa contra incendios.

Coa finalidade de que as persoas aspirantes que superen o referido proceso selectivo poidan incorporarse á vindeira campaña de alto risco de incendios, resulta de interese público adoptar medidas para a axilización dos trámites administrativos que permitan o remate do proceso selectivo e a toma de posesión do novo persoal con anterioridade á declaración do período de alto risco de incendios.

En consecuencia,

RESOLVO:

Declarar a aplicación da tramitación de urxencia no proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (grupo B), de conformidade co disposto no artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, con redución dos seguintes prazos establecidos para o procedemento ordinario:

– Prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación da documentación requirida na base IV.2 da convocatoria: redúcese a dez (10) días hábiles.

– Prazo dun (1) mes de toma de posesión: redúcese a quince (15) días naturais.

Por tratarse dun acto de trámite e, en virtude do disposto no artigo 33.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, fronte a esta resolución non cabe a interposición de recurso ningún, sen prexuízo do procedente contra a resolución que poña fin ao procedemento.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal