DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 6 de marzo de 2026 Páx. 16856

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO da modificación da oferta de emprego público extraordinaria para o ano 2023.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 26 de febreiro de 2026, modificouse a oferta de emprego público extraordinaria deste concello para o ano 2023, aprobada o 24 de agosto de 2023, que queda da seguinte maneira:

«Primeiro. Aprobar a modificación da oferta de emprego público extraordinaria do ano 2023 sobrevida pola aprobación da RPT vixente, exclusivamente no relativo á clasificación das prazas de persoal laboral de técnico/a de educación infantil para convocar, que pasarán a ser do grupo III.

Segundo. Manter invariables o resto das condicións das prazas incluídas na OEP extraordinaria de 2023».

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolvido expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

San Cibrao das Viñas, 2 de marzo de 2026

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa