En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión que tivo lugar o 1 de decembro de 2025, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Casa Rica, no concello de Allariz, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. O 25 de maio de 2019 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito de Rosa Ana Collazo Otero, dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, no que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Casa Rica, no concello de Allariz.
Segundo. O 4 de novembro de 2024, o Xurado Provincial acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. O Xurado Provincial, de acordo co informe favorable do Servizo de Montes do 27 de outubro de 2023, acordou o inicio da clasificación dos citados montes o día 4 de novembro de 2024.
Non obstante, a clasificación destes montes presenta a problemática de que as dúas solicitudes inclúen nos terreos que se pretende clasificar as parcelas 289 (parcialmente no caso dos veciños de Vilaboa) e 290 do polígono 37, do concello de Allariz.
Por isto, decidiuse advertir os solicitantes da necesidade de que cheguen a un acordo respecto dos terreos conxuntamente solicitados, para os efectos da súa posible clasificación. Para tal efecto, os veciños de ambos os lugares reuníronse e acordaron que a parcela 290 pertence a Vilaboa e a 289 lle corresponde na súa totalidade a Vilariño de Tras do Convento.
O Xurado Provincial, á vista do acordo acadado, acordou a clasificación definitiva de ambos os dous montes.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Casa Rica.
Superficie aproximada: 8,43 ha (84.271 m²).
Pertenza: veciños/as de Vilariño de Tras do Convento.
Parroquia: Allariz (Santo Estevo).
Concello: Allariz.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
– Predio 1 (Casa Rica):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
||
|
Referencia catastral |
Sup. que se clasifica |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32002A03700289 32002A03700293 32002A03700292 |
70.535 m² |
Norte |
32002A03709008 |
|
Leste |
32002A03709006 |
||
|
Sur |
32002A03700249 32002A03700243 32002A03700247 32002A03700246 2002A03700089, 32002A03700245 32002A03700090 32002A03700242 |
||
|
Oeste |
32002A03700241 32002A03700086 32002A03700085 32002A03700084 32002A03700074 32002A03700076 32002A03700077 32002A03700078 32002A03700075 32002A03700079 32002A03700103 32002A03700102 32002A03700096 |
||
– Predio 2 (Outeiro):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
||
|
Referencia catastral |
Sup. que se clasifica |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32002A03700291 |
13.736 m² |
Norte |
9913603NG9791S 9913604NG9791S 32002A03700135 9913605NG9791S 9913609NG9791S 32002A03700137 0014805PG0701S 0014701PG0701S |
|
Leste |
32002A03709001 32002A03700118 32002A03700117 |
||
|
Sur |
32002A03709009 32002A03700119 32002A03700164 |
||
|
Oeste |
32002A03700157, 32002A03700295 32002A03700296 32002A03700152, 32002A03700151 9913603NG9791S |
||
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Corresponde ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Casa Rica, no concello de Allariz, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 13 de febreiro de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
