DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 13 de febreiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Vilaboa, no concello de Allariz.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión que tivo lugar o 1 de decembro de 2025, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Vilaboa, no concello de Allariz, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 9 de novembro de 2022 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito de Marco Antonio Coímbra Cividanes, dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas De Vilaboa, no concello de Allariz.

Segundo. O 4 de novembro de 2024, o Xurado Provincial acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. O Xurado Provincial, de acordo co informe favorable do Servizo de Montes, do 27 de outubro de 2023, acordou o inicio da clasificación dos citados montes o día 4 de novembro de 2024.

Non obstante, a clasificación destes montes presenta a problemática de que as dúas solicitudes inclúen nos terreos que se pretende clasificar as parcelas 289 (parcialmente no caso dos veciños de Vilaboa) e 290 do polígono 37, do concello de Allariz.

Por isto, decidiuse advertir os solicitantes da necesidade de que cheguen a un acordo respecto dos terreos conxuntamente solicitados, para os efectos da súa posible clasificación. Para tal efecto, os veciños de ambos os lugares reuníronse e acordaron que a parcela 290 pertence a Vilaboa e a 289 lle corresponde na súa totalidade a Vilariño Tras do Convento.

O Xurado Provincial, á vista do acordo acadado, acordou a clasificación definitiva de ambos os dous montes.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: De Vilaboa.

Superficie aproximada: 4,06 ha (40.634 m²).

Pertenza: veciños/as de Vilaboa.

Parroquia: Allariz (Santo Estevo).

Concello: Allariz.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Proponse para a súa clasificación tres predios independentes entre si:

– Predio 1 (Casa Rica):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Sup. que se clasifica

Lindeiros

Referencia catastral

32002A03700290

36.195 m²

Norte

32002A03709008

Leste

32002A03700267

32002A03700268

32002A03700269

32002A03700270

32002A03700271

32002A03700272

32002A03700266

32002A03700265

32002A03700262

Sur

32002A03700070

32002A03700261

32002A03700288

Oeste

32002A03709006

– Predio 2 (Arnado):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Sup. que se clasifica

Lindeiros

Referencia catastral

32002A03300151

4.083 m²

Norte

32002A0090909 (río Arnoia)

Leste

32002A0330141

32002A0330147

32002A0330148

32002A0330149

Sur

32002A0330901

32002A03300152

Oeste

32002A03300156

– Predio 3 (Paraños):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Sup. que se clasifica

Lindeiros

Referencia catastral

32002A03700258

356 m²

Norte

32002A0370259

32002A03700260

Leste

32002A0370255

32002A03700250

Sur

32002A03709008

Oeste

32002A03700257

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado De Vilaboa, no concello de Allariz, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 13 de febreiro de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense