De conformidade co establecido nos artigos 51, 52 e 53 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e mais na Resolución do 18 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses, acórdase:
Primeiro. Resolver o concurso de traslados adxudicando os postos convocados ao persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo de médicos forenses que se relaciona no anexo I.
Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade do persoal funcionario, de oito días hábiles se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días hábiles se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, cidade de Ceuta e cidade de Melilla, en que será dun mes, tanto se o posto de traballo é o de orixe como se é o de destino. Cando o persoal adxudicatario de praza obteña coa súa toma de posesión o reingreso no servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.
Para o persoal funcionario que estea a desempeñar un posto de traballo en comisión de servizo, para os efectos de prazos posesorios entenderase por localidade do persoal funcionario aquela en que estea a prestar servizos efectivamente.
O prazo para a toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado.
Non será necesario que quen estea desempeñando unha comisión de servizo se desprace ao órgano de orixe que teña reservado para formalizar o cesamento, xa que o poderá facer no órgano en que estea a prestar a comisión; para este efecto, a Administración fará chegar os documentos ao órgano en que se encontre desempeñando a comisión.
Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo desde as situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular, de excedencia voluntaria por agrupación familiar ou de suspensión de funcións, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a dita publicación.
O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto da praza obtida no concurso.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que lles fosen concedidos ás persoas interesadas.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO I
Fase de concurso
|
Apelidos e nome |
DNI |
Posto de orixe |
Posto adxudicado |
Núm. orde |
|
Otero Abadín, Beatriz |
***4811** |
Instituto de Medicina Legal. Subdirección Territorial de Pontevedra. XG9251820036001305.00 |
257 |
|
|
Pérez Gómez, Ana Belén |
***5780** |
Instituto de Medicina Legal. Subdirección Territorial de Vigo XG9251820036560307.00 |
264 |
