DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 10 de marzo de 2026 Páx. 17317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

EXTRACTO da Resolución do 24 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e se arquiva o expediente instruído do parque eólico Pequecho, situado nos concellos de Viveiro e de Xove (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L. (expediente IN408A 2021/001).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, alíneas a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, publícase o extracto da Resolución do 24 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e se arquiva o expediente instruído do parque eólico Pequecho, situado nos concellos de Viveiro e de Xove (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L. (expediente IN408A 2021/001).

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan

A dita resolución dispón o seguinte:

1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción para o parque eólico Pequecho, tras a declaración de impacto ambiental desfavorable formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 21.12.2023.

2. Arquivar o expediente do parque eólico Pequecho, situado nos concellos de Viveiro e de Xove (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L. (expediente IN408A 2021/001).

3. Cancelar a garantía depositada na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia o 4.6.2020, por importe de 2.000.000,00 € e número de rexistro 2020/90/535, para garantir o cumprimento das obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Pequecho.

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución

1. O 4.6.2020, Naturgy Renovables, S.L. depositou unha garantía económica, por importe de 2.000.000,00 € e número de rexistro 2020/90/535, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Pequecho.

2. O 4.1.2021, a promotora presentou a solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Pequecho.

3. O 1.2.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, unha vez verificado o cumprimento dos requisitos de capacidade do solicitante e revisada a solicitude de acordo cos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, comunicoulle á promotora o prazo para o pagamento da taxa de autorización administrativa e continuar así coa tramitación. O 2.6.2021, a promotora presentou o xustificante de aboamento da taxa de autorización administrativa do parque eólico de referencia.

4. O 22.7.2022, a promotora solicitou unha modificación substancial do parque eólico Pequecho, que foi admitida a trámite o 26.10.2022.

5. O 26.11.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previsto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en que se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 1.000 metros (cinco veces a altura do aeroxerador) ás delimitacións de solo de núcleo rural, urbano e urbanizable.

6. Polo Acordo do 22 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial das instalacións do parque eólico Pequecho e as súas infraestruturas de evacuación.

7. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Augas de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Saúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio e da Sociedade Galega de Historia Natural.

8. O 21.12.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental desfavorable relativa ao parque eólico Pequecho.

9. O 10.1.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle á promotora o acordo polo que se inician os procedementos de denegación da solicitude de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción e de arquivamento do expediente instruído do parque eólico Pequecho, abrindo o trámite de audiencia previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

10. O 23.1.2024, a promotora achegou un escrito en que, en síntese, mostra a súa conformidade co arquivamento do expediente e solicita a cancelación da garantía económica depositada.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático