DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 11 de marzo de 2026 Páx. 17559

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación da mutación demanial subxectiva, polo prazo de trinta anos, por cesión da titularidade do ben inmoble sito na rúa do Castro número 7, para a creación dunha exposición permanente sobre o Reino de Galicia.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do día 27 de xaneiro de 2026, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a mutación demanial subxectiva polo prazo de trinta anos por cesión da titularidade do ben inmoble de acordo con esta documentación e o anexo I:

Detalle do ben: datos do inmoble.

Referencia catastral: 4125938NH6942N0001MZ.

Localización: rúa Castro número 7, 15300 Betanzos.

Clase: urbano (edificio singular).

Superficie: 382 m² (superficie total construída).

Superficie para ceder: 147.51 m².

Coeficiente: 100 % (titularidade municipal).

Uso: edificio singular.

Ano de construción: 1900.

Planta baixa: 47,93 m² correspondentes á estancia A04 (exposición).

Planta primeira: 51,81 m² en total. Esta superficie divídese en:

4,04 m² do almacén (A07).

47,77 m² de exposición (B05).

Planta segunda: 47,77 m² correspondentes á estancia B08 (exposición).

O almacén A07 (para cederlle á deputación) e a estancia A06 modificaranse durante a obra para habilitar dous despachos (un para o concello e outro para a deputación), mantendo o resto como zona común.

A) Estancias para cederlle á deputación para uso exclusivo segundo o proxecto de rehabilitación en execución:

0. Pl. baixa: 47,93 m2.

A04 Exposición 47,93 m2.

1. Pl. primeira: 51,81 m2.

A07 Almacén* 4,04 m2.

B05 Exposición 47,77 m2.

*O almacén A07 xunto coa estancia A06 modificaranse durante a execución da obra para habilitar dous despachos, un para uso do Concello de Betanzos e o outro para a deputación, mantendo o resto como zona común de usos múltiples

2. Pl. segunda: 47,77 m2.

B08 Exposición 47,77 m2.

B) Estancias do uso compartido segundo o proxecto de rehabilitación en execución:

0. Pl. baixa: 90,56 m2.

A01 Control 47,93 m2.

A03 Comunicacións 5,22 m2.

A04 Aseo 1,58 m2.

A05 Ascensor 3,03 m2.

B02 Comunicacións 25,52 m2.

B03 Ascensor 3,03 m2.

B04 Aseo adaptado 4,25 m2.

1. Pl. primeira: 58,12 m2.

A06 Usos múltiples* 28,35 m2.

B06 Comunicacións 25,52 m2.

B07 Aseo adaptado 4,25 m2.

*A estancia A06 xunto co almacén A07 modificaranse durante a execución da obra para habilitar dous despachos, un para uso do Concello de Betanzos e o outro para a deputación, mantendo o resto como zona común de usos múltiples.

2. Pl. segunda: 29,77 m2.

B09 Comunicacións 25,52 m2.

B10 Limpeza 4,25 m2.

C) Estancias de uso do concello segundo o proxecto de rehabilitación en execución:

0. Pl. baixa: 28,76 m2.

A02 Información/exposición 28,76 m2.

1. Pl. primeira: 28,35 m2.

A06 Usos múltiples* 28,35 m2.

*A estancia A06 xunto co almacén A07 modificaranse durante a execución da obra para habilitar dous despachos, un para uso do Concello de Betanzos e o outro para a deputación, mantendo o resto como zona común de usos múltiples.

Segundo. Anunciar no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello o acordo adoptado, que producirá efectos desde a recepción dos bens ou dereitos polo órgano competente da Administración pública a que se destinen, mediante a subscrición dunha acta entre a persoa representante desta e a alcaldesa presidenta ou persoa en quen delegue.

Terceiro. Rectificar no Inventario de bens e no Rexistro da Propiedade a mutación demanial subxectiva efectuada no citado ben inmoble municipal e notificar o Rexistro da Propiedade para que realice as anotacións correspondentes. Ademais, para a súa efectividade, redactarase a correspondente acta que será subscrita por ambas as administracións.

Cuarto. As normas de uso serán acordadas conxuntamente entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Betanzos, en todo caso atendendo ás seguintes consideracións:

A. Os gastos de persoal, equipamentos e produción museográfica serán asumidos pola Deputación Provincial da Coruña.

B. Responsabilidades do Concello de Betanzos:

Os demais gastos corresponderanlle ao Concello de Betanzos, incluído especificamente:

• O mantemento de instalacións térmicas, climatización, ventilación, extracción e auga quente sanitaria.

• O mantemento de instalacións eléctricas.

• O mantemento de instalacións de protección contra incendios (PCI).

• Mantementos diversos: fontanaría, saneamento, carpintaría e cerrallaría.

• A subministración de auga e enerxía eléctrica.

• Os impostos e seguros do inmoble (continente e contido).

• Os servizos de limpeza e seguridade.

A deputación comprométese a manter o inmoble en perfectas condicións durante o período de cesión de uso. A vixencia da cesión de uso será de 30 anos.

Quinto. Facultar a Alcaldía para a sinatura de todos os documentos relacionados con este asunto.

Se o ditame que a Comisión eleve ao Pleno coincide coa anterior proposta, infórmase, en cumprimento do artigo 54 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, que o devandito ditame se adecuará á lexislación aplicable.

O PSOE, o PP e o BNG ditaminan favorablemente, coa reserva de voto ao Pleno do concelleiro non adscrito.

A presidenta abre o debate e realízanse diversas intervencións en relación co sentido do voto.

A presidenta somete o asunto á votación co conseguinte resultado:

Aprobado por unanimidade dos membros presentes da corporación.

Votos emitidos: 14.

Votos a favor: 14 [PSOE (6), PP (4), BNG (2), non adscritos (2)].

Votos en contra: 0.

Abstencións: 0.

Contra o acordo de aprobación poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente escrito. Igualmente poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da presente notificación, podendo utilizar calquera outro recurso que se considere pertinente e/ou exercer as accións que procedan ante a xurisdición competente, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Betanzos, 5 de febreiro de 2026

María Barral Varela
Alcaldesa