Feita unha notificación administrativa de xestión da biomasa nas parcelas catastrais 15012E510050320000QG e 15012E510000570000QM, a nome dos herdeiros de Esperanza Rey López, con data do 12.2.2026, e de conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e logo de resultar infrutuosa a dita notificación, por causas non imputables a esta administración, aos titulares dos bens que se relacionan a continuación, os responsables son informados da súa obriga legal de xestionar a biomasa nas parcelas descritas, definida polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
|
Titulares/responsables |
Referencia catastral |
Superficie |
Lugar |
Parroquia |
|
Hros. Esperanza Rey López |
15012E510050320000QG |
1.130 m² |
O Casal, nº 4 |
Oural |
|
Hros. Esperanza Rey López |
15012E510000570000QM |
7.163 m² |
O Casal, nº 4 |
Oural |
En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Polo tanto dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para a xestión da biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao desta notificación.
En caso da persistencia no incumprimento da xestión da biomasa no prazo establecido, este concello procederá sen máis trámite á execución subsidiaria da biomasa e os responsables terán a obriga de facilitarlle o acceso ao suxeito que realice os traballos de xestión da biomasa, sen que sexa necesario contar co seu consentimento, agás que se trate de vivendas.
Determinar a liquidación provisional dos custos s que prevesiblemente dará lugar a execución subsidiaria e que están valorados con base no seguinte detalle:
|
Referencia catastral |
Superficie |
Tipo de limpeza |
Importe |
|
15012E510050320000QG |
1.130 m² |
50 % manual/50 % mecánica |
300,00 €/480,00 € |
|
780,00 € |
|||
|
Predio nº |
Superficie |
Tipo de limpeza |
Importe |
|
15012E510000570000QM |
7.163 m² |
25 % manual/75 % mecánica |
600,00 €/1.740,00 € |
|
2.340,00 € |
Trascorrido o prazo dos quince (15) días outorgado sen que se proceda á xestión da biomasa nas parcelas indicadas, esta administración procederá a executar exacción do importe a que ascendería a liquidación provisional, sen prexuízo de actualizacións e axustes na liquidación definitiva, con base nos traballos necesarios para xestionar a dita biomasa.
En caso de persistencia no incumprimento de xestión da biomasa co prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lles sirva de notificación ás persoas responsables, e para este fin comunícaselles que tanto a notificación como o expediente administrativo están á súa disposición no Concello de Boqueixón (O Forte, nº 18, 15881 Boqueixón, A Coruña). Tamén poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Boqueixón, 2 de marzo de 2026
Ovidio Rodeiro Tato
Alcalde
