No Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 24, do 5 de febreiro de 2026, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso para seleccionar 3 funcionarios/as de carreira para cubrir prazas de administrativo, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala administrativa, subgrupo C1, polo sistema de oposición pola quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte á publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases desta convocatoria.
Rianxo, 5 de febreiro de 2026
Julián Bustelo Abuín
Alcalde
