DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 11 de marzo de 2026 Páx. 17567

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2026 de notificación dos procedementos de orde de execución relativos á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentáronse sen efecto as notificacións dos actos que se indican por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible efectuar as comunicacións a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as comunicacións de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Referencia catastral

(polígono, parcela)

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución

(exp. 274/2026)

Resolución de inicio O.E.

do 6.2.2026

36053A01100067

(polígono 11, parcela 67)

Fonte Branca

Soutomaior

María Gradín Piñón

Orde de execución

(exp. 128/2026)

Resolución de inicio O.E.

do 6.2.2026

36053A01700234

(polígono 14, parcela 984)

Campo H.

Soutomaior

Manuel Troiteiro Movilla

Orde de execución

(exp. 133/2026)

Resolución de inicio O.E.

do 6.2.2026

36053A01400918

(polígono 14, parcela 918)

Calveira

Soutomaior

Engracia Martínez Arias

Orde de execución

(exp. 132/2026)

Resolución de inicio O.E.

do 6.2.2026

36053A01400857

(polígono 14, parcela 857)

Calveira

Soutomaior

Mercedes Monroy

(sen segundo apelido)

Orde de execución

(exp. 129/2026)

Resolución de inicio O.E.

do 6.2.2026

36053A01400982

(polígono 14, parcela 982)

Campo H. Soutomaior

Descoñecido/a

Orde de execución

(exp. 213/2026)

Resolución de inicio O.E.

do 6.2.2026

36053A01000452

(polígono 10, parcela 452)

Pena

Soutomaior

Descoñecido/a

Orde de execución

(exp. 214/2026)

Resolución de inicio O.E.

do 6.2.2026

36053A01000451

(polígono 10, parcela 451)

Pena

Soutomaior

Descoñecido/a

Orde de execución

(exp. 2133/2025)

Resolución de inicio O.E.

do 30.1.2026

36053A01000453

(polígono 10, parcela 453)

Pena

Soutomaior

Descoñecido/a

Orde de execución

(exp. 1599/2025)

Resolución de inicio O.E.

do 6.2.2026

36053A01400983

(polígono 14, parcela 983)

Campo H.

Soutomaior

Manuel Pérez Movilla

Orde de execución

(exp. 300/2026)

Resolución de inicio O.E.

do 13.2.2026

36053A01100060

(polígono 11, parcela 60)

Espadenal

Soutomaior

Herdeiros de Juan

(«do Gallego»)

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se encontran á súa disposición no Concello de Soutomaior (rúa Alexandre Bóveda, 13, 36690 Soutomaior, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece, que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilítalle a este concello a execución subsidiaria no caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, e repercutirán os custos ás persoas responsables.

Ademais, o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas secundarias de xestión.

Soutomaior, 18 de febreiro de 2026

Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde presidente