DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 12 de marzo de 2026 Páx. 17828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2024/293-1).

Expediente: IN407A 2024/293-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Regulamentación LMTA VDC707 apoios AQ01QVD4//32-30 e AQ13O5WA//32-31.

Concello: Fene.

Feitos:

1. O día 29.4.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de solucionar un problema de existencia de fendas estruturais no apoio mediante a súa substitución.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado Regulamentación LMTA VDC707 apoios AQ01QVD4//32-30 e AQ13O5WA//32-31, asinado o día 6.9.2024 por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, número de colexiado 4.781 de Vigo (Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Vigo).

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 14 de outubro de 2025.

– BOP: 26 de setembro de 2025.

– Xornal La Voz de Galicia: 10 de outubro de 2025 (ed. Ferrol).

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 28 de novembro de 2025.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Medio Ambiente, Augas de Galicia, AXI, AESA e Concello de Fene. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 13.2.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar da Armada, parroquia de Maniños, no concello de Fene, e as súas características técnicas son as seguintes:

Substitución de 2 apoios (AQ1305WA//32-31 e AQ01QVD4//32-32) na liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, cunha lonxitude de 104 m (LA 56 para proxectar) e 154 m (LA-56 para retensar), coa orixe no apoio existente de formigón con matrícula APXB3AKQ//32-29 da liña VDC707 Cabanas 7, condutor tipo LA-56 mm² Al, e final en apoio existente de formigón con matrícula AQ244IE9//32-32 da mesma liña.

4. Do visto na visita realizada o 16.6.2025 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000, para impor servidumes de paso.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– De ser o caso, acreditación ou declaración de que o proxecto se atopa dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) 2024/573 nos puntos relativos á aparellaxe électrica.

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 19 de febreiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Fene. Expediente IN407A 2024/293-1

Nº de parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

1

Veiga, Fene

15036A022002240000YL

Rústico/agrario

Andrés Maceiras Eibe

Rosa Freire Carpente

Apoio

2,0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada.