DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 12 de marzo de 2026 Páx. 17834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2023/392-1).

Expediente: IN407A 2023/392-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CT e RBT Pousada.

Concello: Valdoviño.

Feitos:

1. O día 19.9.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración na zona e resolver reclamacións por caídas de tensión no lugar de Pousada.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Pousada, asinado o día 28.4.2023 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo. Posteriormente, presentan un informe dirixido ao Concello de Valdoviño e un anexo ao proxecto, asinados, respectivamente, o 9.4.2024 e o 11.11.2025 polo mesmo enxeñeiro.

2. O proxecto someteuse ao trámite de avaliación ambiental simplificada e consta no expediente unha resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, do 26.5.2025, pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto.

O informe sinala o seguinte: «De acordo cos antecedentes e como resultado da avaliación de impacto ambiental simplificada realizada, formular o informe de impacto ambiental do proxecto LMT, CT e RBT no lugar de Pousada, no termo municipal de Valdoviño (A Coruña), conclúese que, sempre que se cumpran, ademais do recollido no documento ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado e o programa de vixilancia ambiental que figuran ao longo desta resolución, non son previsibles efectos adversos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria».

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 17.10.2025 publicado nos seguintes medios:

Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 9.11.2023.

– BOP: 24.10.2023.

– Xornal La Voz de Galicia: 8.11.2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 2.2.2024.

4. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

5. Con data 19.12.2023, a promotora comunica que chegou a un acordo coa propietaria da parcela con referencia catastral 15088A01900712 (nº 27 no proxecto), que figuraba na relación de bens e dereitos afectados recollida no acordo de información pública. Por esa razón, a dita parcela queda excluída no anexo que acompaña esta resolución.

6. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Valdoviño e Servizo de Montes do Departamento Territorial da Coruña da Consellería Medio Rural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

7. O día 16.2.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro de 1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Pousada, no concello de Valdoviño, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Instalación, na parcela con referencia catastral 15088A018000960000HK sita no lugar de Pousada, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres saídas (unha de reserva).

– Con orixe no apoio nº 127 (matrícula AST9T5N6) de formigón tipo A-AL-HV-C2-CA(CS)III pertencente á arquitectura do treito da liña CDR-804 autorizado no expediente 27415, construirase unha nova LMT aérea a 20 kV, de 302,4 m de lonxitude en condutor tipo LA-56 tendido sobre tres novos apoios metálicos tipo FL-C-3000/14-H35-CA(CS)III (apoio proxectado 1, Pro-1), no cal se proxecta instalar un reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, A-AG-C-2000/16-H35-CAIII (apoio proxectado 2, Pro-2) e FL-C-2000/14-H35- CAIII (apoio proxectado 3, Pro-3) no cal se proxecta instalar un paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas. Os apoios proxectado 1 e proxectado 3 terán a condición de frecuentados.

Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 547 m de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1x150 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) por instalar no apoio proxectado 3 (Pro-3) e remate en cela de liña do CT proxectado.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) A resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto sinala no seu punto 4.2.2 «Para este efecto, o promotor adoptará o programa de vixilancia e seguimento ambiental deseñado, que garantirá, ademais do cumprimento dos condicionantes e medidas preventivas e/ou correctoras establecidas no IIA e no documento ambiental, o cumprimento dos que, se é o caso, establezan os órganos competentes na tramitación sectorial de licenzas, permisos e/ou autorizacións e aqueles outros que, derivados do seguimento, sexa necesario incorporar. Deberá aprobalo previamente o órgano substantivo».

De acordo co sinalado, e co obxecto da realización do seguimento ambiental, deberá comunicar a data de inicio das actuacións autorizadas nesta resolución.

Deberá achegar a este departamento territorial, no prazo máximo dun mes antes do inicio das obras, o plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 4.2.2. da resolución de impacto ambiental.

D) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– De ser o caso, acreditación ou declaración de que o proxecto se atopa dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) 2024/573 nos puntos relativos á aparellaxe électrica.

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

E) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 19 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Valdoviño

Nº de parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

ml aér.

ml sot.

m² aér,

m² sot,

1

Espiñedo

15088A01901083

Rústico agrario

María del Carmen Freire Freire

64,11

2

Malde

15088A01900484

Rústico agrario

Descoñecido/a

198,98

4

Pedrosa

15088A01900478

Rústico agrario

Manuel López Veiga

9.18

78,41

5

Pedrosa

15088A01900479

Rústico agrario

Trinidad Loureiro Rey

16.08

150,62

6

Pedrosa

15088A01900480

Rústico agrario

Descoñecido/a

6.5

63,27

7

Pedrosa

15088A01900481

Rústico agrario

Hros. de Dolores López Corral

PR-1 (1/2)

1,0

8.81

89,82

8

Malde

15088A01900483

Rústico agrario

Descoñecido/a

96,83

9

Pedrosa

15088A01900482

Rústico agrario

Antonio Cornide Couce

PR-1 (1/2)

1,0

37.61

492,42

10

Pedrosa

15088A01900617

Rústico agrario

Descoñecido/a

PR-2

2,0

48.04

732,82

11

Malde

15088A01900618

Rústico agrario

Descoñecido/a

47.5

589,41

12

Naveiro

15088A01900619

Rústico agrario

Descoñecido/a

72,81

13

Naveiro

15088A01900620

Rústico agrario

Descoñecido/a

2.43

135,42

14

Coto Mouro

15088A01900721

Rústico agrario

Hros. de Dolores López Corral

9,02

15

Coto Mouro

15088A01900720

Rústico agrario

Descoñecido/a

32,5

16

Naveiro

15088A01900621

Rústico agrario

Manuel López Veiga

56,13

17

Coto Mouro

15088A01900719

Rústico agrario

Descoñecido/a

30,75

18

Naveiro

15088A01900622

Rústico agrario

Hros. de Dolores López Corral

34,91

19

Coto Mouro

15088A01900718

Rústico agrario

Andrés Fernández Couce

51,2

20

Malde

15088A01900623

Rústico agrario

Descoñecido/a

55,11

21

Coto Mourorus

15088A01900717

Rústico agrario

Arturo González Freire,

rúa Lepanto, nº 7-5º D, 15406 Ferrol, A Coruña

37,14

22

Coto Nov

15088A01900716

Rústico agrario

Arturo González Freire

59,22

23

Coto Mouro

15088A01900715

Rústico agrario

María del Carmen Yáñez López

66,85

24

Rego Pequeno

15088A01900624

Rústico agrario

María del Carmen Yáñez López

82,12

26

Coto Mouro

15088A01900713

Rústico agrario

Hdros. Dolores López Corral

24,24

28

Coto Mouro

15088A01900711

Rústico agrario

Descoñecido/a

25,76

29

Rego Pequeno

15088A01901121

Rústico agrario

María del Carmen Yáñez López

167,4

30

Coto Mouro

15088A01900709

Rústico agrario

Arturo López González

24,83

31

Coto Nov

15088A01900708

Rústico agrario

Descoñecido/a

28,8

32

Coto Mouro

15088A01900707

Rústico agrario

Manuel López Veiga

25,31

33

Coto Mouro

15088A01900706

Rústico agrario

Andrés Yáñez Naveiras

25,46

34

Coto Mouro

15088A01900705

Rústico agrario

Trinidad Loureiro Rey

28,89

35

Coto Mouro

15088A01900704

Rústico agrario

Descoñecido/a

32,86

36

Coto Mouro

15088A01900703

Rústico agrario

Descoñecido/a

26,13

37

Coto Mouro

15088A01900702

Rústico agrario

Descoñecido/a

1,4

38

Naveiro

15088A01900633

Rústico agrario

Manuel López Veiga

PR-3

2,0

8.48

1.5

209,74

4,39

39

Coto Mouro

15088A01900634

Rústico agrario

Descoñecido/a

164,45

40

Pousada

15088A01800096

Rústico agrario

Descoñecido/a

Centro transformación e acceso

20,09

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada.