Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 23 de febreiro de 2026 (DOG núm. 36, do 24 de febreiro), modificada pola Resolución do 27 de febreiro de 2026 (DOG núm. 40, do 2 de marzo), ao cal foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, subgrupo B, especialidade bombeiro forestal-xefe de brigada, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, subgrupo B, especialidade bombeiro forestal-xefe de brigada, a nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), e que se relaciona no anexo desta resolución, ordenada de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlle como destinos definitivo o que figura no mesmo anexo.
Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, á persoa a cal se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Elección de destino definitivo do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais
|
Nº orde de elección de destino |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Observacións |
|
1 |
***9388** |
Valverde Quintas, Pablo |
17 |
MRC995012332240064 |
Bombeiro forestal - xefe/a de brigada |
MR |
Comarca forestal: Terra de Celanova |
Servizos periféricos |
Celanova |
C1 |
20 |
Horario especial |
