Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 23 de febreiro de 2026 (DOG núm. 36, do 24 de febreiro), modificada pola Resolución do 27 de febreiro de 2026 (DOG núm. 40, do 2 de marzo), ao cal foi convocado o persoal laboral fixo que superou o proceso selectivo para o ingreso na categoría 10B, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificadas polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e polas resolucións do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 10B, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución ordenadas de acordo coa puntuación final obtida e adxudicarlles como destino definitivo o que figura no mesmo anexo.
Segundo. Para adquirir a condición de persoal laboral fixo, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun (1) mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que as persoas aspirantes se atopen en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
NIF |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Grupo |
Categ. |
Observacións |
|
1 |
***1803** |
Carbajo Nogueira, Roberto |
64 |
MRC995016136240181 |
Vixilante fixo/a SPDCIF |
MR |
Comarca forestal: Deza |
Servizos periféricos |
Lalín |
V |
10B |
B10 // B14 // B18 // Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €. |
|
2 |
***7743** |
Trillo Abelleira, Domingo |
47 |
MRC995010127640182 |
Vixilante fixo/a SPDCIF |
MR |
Comarca forestal: Terra Chá |
Servizos periféricos |
Vilalba |
V |
10B |
B10 // B14 // B18 // Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €. |
|
3 |
***4927** |
Rodríguez Rodríguez, Luis Carlos |
19 |
MRC995006327600181 |
Vixilante fixo/a SPDCIF |
MR |
Comarca forestal: Mariña Oriental |
Servizos periféricos |
Trabada |
V |
10B |
B10 // B14 // B18 // Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €. |
