DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 19022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de marzo de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común Coto de Forcadas, no concello de Chandrexa de Queixa.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Coto de Forcadas, pertencente á CMVMC da parroquia de Forcadas, no concello de Chandrexa de Queixa, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 29.8.2025, a CMVMC da parroquia de Forcadas presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/2355660) de revisión de esbozo do MVMC Coto de Forcadas, no concello de Chandrexa de Queixa.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 12.6.2025.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 10 de outubro de 2025 en relación coa citada solicitude. A revisión de esbozo solicitada comprende as partes lindeiras con particulares.

A superficie do MVMC Coto de Forcadas, unha vez modificado o esbozo, sería de 751,01 ha fronte ás 939 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución dun 20 %.

Tendo en conta o anterior, emítese un informe favorable sobre a revisión do esbozo solicitada.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser revisados axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 10 de outubro de 2025, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou, por unanimidade, o día 23 de febreiro de 2026:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Coto de Forcadas, pertencente á CMVMC da parroquia de Forcadas, no concello de Chandrexa de Queixa.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso- administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 5 de marzo de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file