DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 18935

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 16 de marzo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro), modificada pola Resolución do 13 de maio de 2025 (DOG núm. 96, do 21 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo V, categoría 14A, de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante as resolucións do 11 de xullo de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro) e 2 de febreiro de 2026 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a.

Mediante a Resolución do 23 de febreiro de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 36, do 24 de febreiro), convócanse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 14A, bombeiro/a forestal condutor, do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 27 de decembro).

Mediante esta resolución acéptanse as renuncias e resólvense os decaementos das persoas aspirantes que se relacionan no seu anexo I con indicación do motivo.

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

4

***6139**

Blanco Cacheda, Adrián

1

6

***1747**

Cebrián Gorozarri, Brais

2

7

***4615**

Pico Caaveiro, Yoel

2

8

***1480**

Pérez Crespo, Juan José

1

9

***0947*

García Collazo, Samuel Olaf

2

13

***0164**

Mancebo Castiñeira, Javier

1

1. Renuncia.

2. Non presentar a documentación no prazo fixado (base V.2 da convocatoria).

Mediante a Resolución do 11 de marzo de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública, procédese ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 14A, bombeiro/a forestal condutor, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 27 de decembro), así como á adxudicación de destino definitivo.

Mediante esta resolución acéptanse as renuncias das seguintes persoas aspirantes:

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

10

***2733**

López Ventureira, Yoel

Renuncia

11

***3128**

Porto Moldes, Jorge

Renuncia

O 13 de marzo de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requiriulle a este tribunal que propoña 8 novas persoas aspirantes.

A base IV.6 da convocatoria dispón que: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas [...]. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal laboral fixo».

Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas no proceso selectivo de concurso-oposición e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026

David Prieto Fernández
Presidente do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de persoas aspirantes
que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: grupo V (concurso-oposición).

Corpo/categoría: bombeiro/a forestal condutor/a (014A).

Prazas acceso libre: 14.

Prazas acceso pola base I.1.1: 0.

Núm. orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

7

***9775**

Lama Pais, Manuel Antonio

Libre

49,610

8

***1701**

Riera Pérez, Marcos David

Libre

49,535

9

***8379**

Prol Vidal, José Gabriel

Libre

49,430

10

***6916**

González González, Diego

Libre

49,180

11

***2816**

González López, José Luis

Libre

48,740

12

***9306**

García Freire, Óscar

Libre

48,680

13

***8201**

González Blanco, Juan Carlos

Libre

48,060

14

***7201**

Mallo Sánchez, Pablo Manuel

Libre

47,880