DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 19037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de marzo de 2026 pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento abreviado 26 2026, no expediente de reposición da legalidade LU 0136 2025 EF 6 MC.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza núm. 1 de Lugo, en relación co procedemento abreviado núm. 26 2026, interposto pola persoa con DNI 33853181X, contra a resolución desestimatoria ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 26.11.2025, interposto contra outra do 30.9.2025, expediente LU-0136 2025 EF 6 MC, pola que se impón unha sexta multa coercitiva por importe de 10.000 euros, da que responden solidariamente as persoas con DNI 33853181X e DNI 33858525H, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 9.11.2015, 4.8.2016, 16.10.2017, 15.6.2018, 6.3.2019 e 31.8.2020, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza núm. 1 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 33858525H para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística