DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 23 de marzo de 2026 Páx. 19110

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 12 de marzo de 2026 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modifica os artigos 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, os requisitos para ser persoas candidatas á dirección e o procedemento de selección. No artigo 134.1.c) establécese que as administracións educativas poderán considerar como requisito a formación a que se refire o punto 6 do artigo 135, opción que se recolle nesta orde.

No artigo 133 establécese que a selección e o nomeamento das direccións nos centros públicos se efectuarán mediante concurso de méritos entre o persoal docente de carreira que imparta algunha das ensinanzas encomendadas ao centro e que se realizará de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

A selección, o nomeamento e o cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establécense no Decreto 222/2022, do 7 de decembro (DOG núm. 7, do 11 de xaneiro de 2023), que derroga o Decreto 29/2007.

Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2025/26 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.

Na súa virtude, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ACORDA:

Artigo 1. Convocatoria

Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I desta orde.

A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Artigo 2. Requisitos para ser persoa candidata á dirección

2.1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada/o directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser persoal funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluído o corpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional.

b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como persoal funcionario na función pública docente, con nomeamento nun dos corpos a que se fai referencia no parágrafo anterior.

c) Ter exercido funcións docentes como persoal funcionario durante un período de polo menos cinco anos nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, considéranse as mesmas ensinanzas a educación infantil e a educación primaria.

d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e depender organicamente desta. Tamén poderán presentarse aquelas persoas en situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares ou en excedencia voluntaria, sempre que se estivese nunha destas situacións por resolución da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e que o 1 de xullo de 2026 se reúnan os requisitos para reingresar no servizo activo.

e) Posuír unha certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre competencias para o desenvolvemento da función directiva, impartido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ou polas administracións educativas das restantes comunidades autónomas con validez en todo o territorio nacional.

Será, así mesmo, válida a superación dos cursos organizados por persoas físicas ou xurídicas determinadas por unha Administración educativa, sempre que conste expresamente que foron autorizados para os efectos establecidos no artigo 135.6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Estarán exentas de acreditar a superación deste programa de formación sobre o desenvolvemento da función directiva as persoas que acrediten unha experiencia de polo menos catro anos no exercicio da dirección de centros docentes públicos con avaliación positiva do seu traballo.

f) Presentar un proxecto de dirección nos termos previstos no artigo seguinte.

2.2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada ou nomeado directora ou director dun centro público específico de educación infantil, dun centro incompleto de educación primaria, nos centros de educación secundaria con menos de oito unidades, nos centros en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b), c) e e) do punto 2.1 deste artigo.

2.3. Todos os requisitos enumerados anteriormente deberán posuírse e ser acreditados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

2.4. O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que preste servizo nos centros que imparten ensino secundario obrigatorio poderá optar á dirección dos centros docentes en que se imparte o dito nivel educativo, sempre que cumpra os requisitos sinalados nos puntos anteriores.

Así mesmo, de conformidade co establecido no punto 2 da disposición adicional cuarta do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, poderá presentarse o persoal docente do corpo de mestres das especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe que desempeñase funcións de atención á diversidade na educación secundaria durante, polo menos, cinco anos, e reúna os restantes requisitos sinalados nos puntos anteriores.

Artigo 3. Solicitudes e documentación

3.1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase ao departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da provincia correspondente, e poderase descargar unha vez cubertos os datos de participación no concurso a través do enderezo web https://www.edu.xunta.gal/cxt (anexo III).

Xunto coa solicitude achegarase, ademais:

a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II desta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.

b) Documentación acreditativa de ter superado o curso de formación, ou o curso de actualización, sobre o desenvolvemento da función directiva, agás que xa conste na base de datos de persoal.

c) O proxecto de dirección que inclúa, polo menos, unha presentación e fundamentación do proxecto, os obxectivos, os plans e as liñas de actuación e a avaliación deste. O proxecto de dirección deberá estar orientado a lograr o éxito escolar de todo o alumnado e deberá incluír, entre outros, contidos en materia de igualdade entre mulleres e homes, non discriminación e prevención da violencia de xénero. De solicitarse máis dun centro, deberá presentarse un proxecto específico de dirección para cada centro.

O proxecto de dirección non excederá as 30 páxinas DIN A4, sen contar portada e contraportada, nun tipo de letra: Arial ou Xunta Sans, tamaño de letra: 12, espazo entre liñas: 1,5.

3.2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.

3.3. Así mesmo, o persoal participante no concurso de méritos remitirá ao centro ou centros docentes que solicite unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición das persoas membros do Claustro de profesores e do Consello Escolar na secretaría do centro, durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a dirección do centro.

No taboleiro de anuncios do centro exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na secretaría.

3.4. A solicitude de participación xerada previamente na páxina web https://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación a que se alude no punto 3.1, presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A) e dirixirase ao departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da provincia correspondente. Cómpre sinalar que para acceder a este servizo é preciso dispor dun certificado electrónico ou Chave365.

No suposto de participar no concurso a dous centros, presentarase unha solicitude por cada un deles.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3.5. As persoas aspirantes serán responsables da veracidade da documentación achegada e, conforme se indica no formulario da solicitude, declararán que esa documentación é copia fiel dos orixinais que figuran no seu poder, sen prexuízo da posibilidade por parte da Administración de lles requirir en calquera momento a documentación orixinal. No caso de inexactitude, falsidade ou omisión en calquera dato ou documento achegado, isto comportará a perda do dereito á participación neste proceso, con independencia das responsabilidades que procedan, conforme dispón o artigo 69.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3.6. Unicamente se terán en conta aqueles méritos debidamente xustificados dentro do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do establecido no artigo 4.2 desta orde.

Os méritos achegados para a súa valoración deberán posuírse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes e emenda

4.1. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

4.2. Agás a presentación do proxecto de dirección, se a restante documentación achegada non reúne os requisitos exixidos na presente orde, a Comisión de Selección requirirá a persoa interesada para que emende a falta ou achegue os documentos preceptivos no prazo de dez (10) días hábiles desde a súa notificación, coa indicación de que, se así non o fixer, non lle serán tidos en conta ou, de ser o caso, se declarará a desistencia.

Artigo 5. Comisión de Selección

5.1. En cada centro educativo constituirase unha Comisión de Selección, nomeada pola persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que terá como sede a localidade e local que decida a súa presidencia e que terá a seguinte composición:

a) Dúas persoas pertencentes ao corpo de Inspección Educativa, designadas pola persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, unha das cales exercerá a presidencia da Comisión.

b) Un director ou directora en activo en centros que impartan as mesmas ensinanzas que aquel no cal se desenvolve o procedemento de selección, con un ou máis períodos de exercicio con avaliación positiva do traballo desenvolvido, designado/a pola persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

c) Tres profesores do centro elixidos polo Claustro de profesores, de entre os cales se designará o secretario da Comisión. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

d) Tres membros non docentes do Consello Escolar elixidos polo propio Consello Escolar. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

5.2. Os alumnos e alumnas que, se é o caso, sexan nomeados como representantes do Consello Escolar terán que estar matriculados nun curso non inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.

5.3. En ningún caso poderán formar parte da Comisión de Selección as persoas candidatas á dirección.

5.4. Designarase unha persoa suplente de cada persoa integrante da Comisión de Selección en cada un dos ámbitos de representación, que actuará en substitución da persoa titular cando exista unha causa xustificada que impida a actuación desta.

5.5. Ás persoas integrantes da Comisión de Selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

5.6. A Dirección do centro comunicará para o seu nomeamento as persoas representantes do Claustro de profesores e do Consello Escolar na Comisión de Selección ao departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dos cinco (5) días hábiles seguintes ao de remate do prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 4 desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións deste.

5.7. A non elección das persoas representantes do Claustro de profesores e do Consello Escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da Comisión de Selección.

5.8. A composición da Comisión de Selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

Artigo 6. Composición da Comisión de Selección en determinados supostos

1. Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á dirección non lle permita ao Claustro de profesores elixir tres persoas de entre o profesorado, a composición da Comisión de Selección será a seguinte:

a) Unha persoa pertencente ao corpo de inspección educativa designada pola persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que exercerá a presidencia.

b) Un director ou directora en activo en centros que impartan as mesmas ensinanzas que aquel en que se desenvolve o procedemento de selección, con un ou máis períodos de exercicio con avaliación positiva do traballo desenvolvido, designado pola persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia de educación.

c) Dous profesores do centro elixidos polo Claustro de profesores, de entre os cales se designará o secretario da Comisión.

d) Dous membros non docentes do Consello Escolar elixidos polo propio Consello Escolar.

2. Composición excepcional da Comisión de Selección.

De xeito excepcional, cando non sexa posible nomear a Comisión de Selección de acordo co establecido no punto primeiro deste artigo, por non poder nomear dúas persoas integrantes do profesorado do centro por mor das candidaturas presentadas, a composición será a seguinte:

a) Unha persoa pertencente ao corpo de inspección educativa designada pola persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia de educación, que exercerá a presidencia.

b) Un profesor do centro elixido polo Claustro de profesores, que será o secretario da Comisión.

c) Un membro non docente do Consello Escolar elixido polo propio Consello Escolar.

Artigo 7. Funcións da Comisión de Selección e procedemento de funcionamento

7.1. Recibidas as solicitudes dirixidas ao departamento territorial, a Comisión de Selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle ao persoal aspirante a admisión ou exclusión da súa petición.

7.2. Contra a exclusión da solicitude, o persoal aspirante poderá presentar unha reclamación ante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.

7.3. A Comisión de Selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada persoa aspirante con destino no centro e, se for o caso, das persoas candidatas que non o teñen, de acordo co baremo que se publica como anexo II desta orde.

7.4. A Comisión de Selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou a candidatura, se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a Comisión de Selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todas e cada unha das persoas candidatas.

7.5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todas as persoas membros presentes da Comisión, que deberán deixar constancia por escrito da cualificación outorgada. Cando entre as puntuacións outorgadas polas persoas membros da Comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, e calcularase a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

7.6. A Comisión de Selección publicará no taboleiro de anuncios do centro educativo a puntuación provisional das persoas candidatas á dirección. Contra esta puntuación poderá presentarse unha reclamación ante a propia Comisión no prazo de cinco (5) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

7.7. Cada persoa membro da Comisión elaborará un sucinto informe xustificativo da súa cualificación do proxecto de dirección.

Artigo 8. Selección do director ou directora

8.1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a Comisión de Selección establecerá a puntuación final obtida polo persoal aspirante e seleccionará a persoa candidata que proporá como director ou directora do centro, para o seu nomeamento polo departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

8.2. Para poder ser seleccionada e nomeada para a dirección é necesario obter, polo menos, seis puntos no proxecto de dirección.

8.3. A selección realizarase considerando primeiro as candidaturas do profesorado do centro, que terán preferencia. Na falta de candidaturas do centro ou cando estas non superasen a puntuación mínima no proxecto de dirección, a Comisión valorará as candidaturas do profesorado doutros centros.

8.4. No caso de se produciren empates na puntuación total das persoas aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no proxecto de dirección.

b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.

c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.

8.5. Se unha persoa candidata resulta seleccionada para dous centros, nomearase no centro en que teña destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeada no centro polo que opte, e seleccionarase e nomearase no centro non elixido outra persoa aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.

Artigo 9. Recursos

Contra a decisión da Comisión de Selección, que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección da dirección do centro, poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun (1) mes, ante o departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Artigo 10. Nomeamento

10.1. A persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nomeará director ou directora do centro a persoa proposta pola Comisión de Selección.

10.2. Os nomeamentos dos directores ou das directoras terán efectos do 1 de xullo de 2026 e por unha duración de catro anos, prorrogables por períodos de igual duración, ata un máximo de tres mandatos, logo de avaliación positiva do traballo desenvolvido ao final destes, oído o Consello Escolar.

10.3. Cando o nomeamento recaia nun funcionario ou funcionaria que non teña destino definitivo no centro, o nomeamento implicará a concesión dunha comisión de servizos.

Artigo 11. Nomeamento con carácter extraordinario

Nos supostos de falta de persoas candidatas, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningunha persoa candidata, ou nos centros de nova creación, a dirección será nomeada pola persoa titular do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, oído o Consello Escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos no artigo 2 desta orde, agás as letras e) e f).

A persoa nomeada deberá realizar a formación para o desenvolvemento da función directiva prevista no artigo 2.1.e) desta orde, agás que xa a posúa ou estea exenta da súa realización.

Disposición adicional primeira. Impugnación da orde

Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, no prazo de dous (2) meses, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Centros con praza vacante de Dirección para o curso 2026/27

Código

Centro

Concello

Provincia

15025621

EPAPU Eduardo Pondal

A Coruña

A Coruña

15027770

IES A Sardiñeira

A Coruña

A Coruña

15025611

IES Monte das Moas

A Coruña

A Coruña

15025256

CEIP Alfredo Brañas

A Laracha

A Coruña

15007655

CEIP de Caión

A Laracha

A Coruña

15023417

CEP Plurilingüe Pilar Maestu Sierra

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

15025530

IES da Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

15027125

IES de Viós

Abegondo

A Coruña

15021779

CEIP da Castellana

Aranga

A Coruña

15023041

CEIP de Galán

Arteixo

A Coruña

15000569

CEIP San Xosé Obreiro

Arteixo

A Coruña

15000612

CEIP de Arzúa

Arzúa

A Coruña

15027733

IES de Arzúa

Arzúa

A Coruña

15027851

IES A Cachada

Boiro

A Coruña

15032571

CRA de Boqueixón-Vedra Neira Vilas

Boqueixón

A Coruña

15027861

IES Pedra da Aguia

Camariñas

A Coruña

15026704

IES David Buján

Cambre

A Coruña

15002852

CEIP do Pindo

Carnota

A Coruña

15020970

CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro

Cerceda

A Coruña

15003534

CEIP da Barqueira

Cerdido

A Coruña

15005828

CEIP Plurilingüe de Tarrío

Culleredo

A Coruña

15023405

CPI A Xunqueira

Fene

A Coruña

15021858

CEIP Plurilingüe Almirante Juan de Lángara y Huarte

Ferrol

A Coruña

15025566

IES Ferrol Vello

Ferrol

A Coruña

15007266

CEIP Areouta

Fisterra

A Coruña

15027915

IES Fin do Camiño

Fisterra

A Coruña

15007621

CPI Plurilingüe Cabo da Area

Laxe

A Coruña

15008714

CPI Plurilingüe da Picota

Mazaricos

A Coruña

15020854

CPI Plurilingüe de Xanceda

Mesía

A Coruña

15009241

CPI Plurilingüe Virxe da Cela

Monfero

A Coruña

15023508

CEIP Plurilingüe Virxe do Mar

Narón

A Coruña

15025670

CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal

Oleiros

A Coruña

15025050

CEIP R. Maria Valle-Inclán

Oleiros

A Coruña

15027228

IES María Casares

Oleiros

A Coruña

15025487

CEIP Campomaior

Ordes

A Coruña

15011336

CEIP Plurilingüe Alfonso D. Rodríguez Castelao

Ordes

A Coruña

15032868

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

Oroso

A Coruña

15032509

CRA de Oroso

Oroso

A Coruña

15011981

CEIP José María Lage

Ortigueira

A Coruña

15013503

CEIP Couceiro Freijomil

Pontedeume

A Coruña

15013761

CEIP Plurilingüe de Campanario

Porto do Son

A Coruña

15013977

CEIP Santa Irene

Porto do Son

A Coruña

15027691

IES de Porto do Son

Porto do Son

A Coruña

15014261

CEIP Heroínas de Sálvora

Ribeira

A Coruña

15014271

CEIP Plurilingüe de Artes

Ribeira

A Coruña

15014465

CEIP Plurilingüe de Palmeira

Ribeira

A Coruña

15024771

CEP Plurilingüe de Carreira

Ribeira

A Coruña

15014957

CPI de San Sadurniño

San Sadurniño

A Coruña

15015238

CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza

Santa Comba

A Coruña

15027502

CEE Manuel López Navalón

Santiago de Compostela

A Coruña

15025724

CEIP Plurilingüe Os Tilos

Teo

A Coruña

15020911

CPI Plurilingüe de Vedra

Vedra

A Coruña

27003850

CEIP Plurilingüe Santa María

A Fonsagrada

Lugo

27009463

CEIP de Bretoña

A Pastoriza

Lugo

27016716

IES Fonmiñá

A Pastoriza

Lugo

27010155

CEIP Plurilingüe A Pobra de Brollón

A Pobra do Brollón

Lugo

27016649

IES Alfoz-Valadouro

Alfoz

Lugo

27007958

CPI Luis Díaz Moreno

Baralla

Lugo

27013958

IES Monte Castelo

Burela

Lugo

27016509

IES Marqués de Sargadelos

Cervo

Lugo

27003655

CPI Poeta Uxío Novoneyra

Folgoso do Courel

Lugo

27005913

CPI Ramón Piñeiro

Láncara

Lugo

27006401

CEIP Sagrado Corazón

Lugo

Lugo

27006735

CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz

Meira

Lugo

27016492

CEIP Plurilingüe do Páramo

O Páramo

Lugo

27010520

CEIP Plurilingüe Virxe da Luz

Portomarín

Lugo

27012012

CEIP Frei Luis de Granada

Sarria

Lugo

27012474

CEIP Plurilingüe Virxe do Carme

Sober

Lugo

27013296

CEIP Manuel Mato Vizoso

Vilalba

Lugo

27013314

IES Santiago Basanta Silva

Vilalba

Lugo

27013387

CEIP de Celeiro

Viveiro

Lugo

27014859

CEIP Plurilingüe de Xermade

Xermade

Lugo

32001002

CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas

Bande

Ourense

32015116

CEIP Condesa de Fenosa

O Barco de Valdeorras

Ourense

32001725

IES Lauro Olmo

O Barco de Valdeorras

Ourense

32002781

CPI Tomás Terrón Mendaña

Carballeda de Valdeorras

Ourense

32003059

CEIP Plurilingüe Cartelle

Cartelle

Ourense

32004118

CPI Plurilingüe Antonio Faílde

Coles

Ourense

32016261

CEIP de Quins

Melón

Ourense

32009360

CPI Plurilingüe José García García

Ourense

Ourense

32009116

IES 12 outubro

Ourense

Ourense

32009190

IES As Lagoas

Ourense

Ourense

32010121

CEIP Roberto Blanco Torres

Peroxa, A

Ourense

32011305

CEIP Plurilingüe Ribadavia

Ribadavia

Ourense

32011901

CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño

Rubiá

Ourense

32012711

CEIP Saco e Arce

Toén

Ourense

32013661

CEIP Bibei

Viana do Bolo

Ourense

32014801

IES Cidade de Antioquía

Xinzo de Limia

Ourense

36002335

IES Manuel García Barros

A Estrada

Pontevedra

36019244

IES A Sangriña

A Guarda

Pontevedra

36014611

CEIP A Lama

A Lama

Pontevedra

36024938

CRA de Caldas de Reis

Caldas de Reis

Pontevedra

36016103

CEIP de Corvillón

Cambados

Pontevedra

36000478

CEP Antonio Magariños Pastoriza

Cambados

Pontevedra

36015950

CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán

Cangas

Pontevedra

36000934

CEIP Plurilingüe do Castrillón-Coiro

Cangas

Pontevedra

36015111

CPI Aurelio Marcelino Rey García

Cuntis

Pontevedra

36018987

CRA Antía Cal

Gondomar

Pontevedra

36004496

CEIP Plurilingüe de Sequelo

Marín

Pontevedra

36015159

IES Chan do Monte

Marín

Pontevedra

36024604

CRA de Meis

Meis

Pontevedra

36004733

CEIP Plurilingüe de Reibón

Moaña

Pontevedra

36004927

CPI de Mondariz

Mondariz

Pontevedra

36020131

IES de Mos

Mos

Pontevedra

36016620

CEIP da Cruz

Nigrán

Pontevedra

36018434

CEIP Mallón

Nigrán

Pontevedra

36007011

IES Pino Manso

O Porriño

Pontevedra

36006377

CEIP Álvarez Limeses

Pontevedra

Pontevedra

36006407

CEIP Froebel

Pontevedra

Pontevedra

36019608

CEIP de Marcón

Pontevedra

Pontevedra

36019517

CEIP Santo André de Xeve

Pontevedra

Pontevedra

36006420

CEP Campolongo

Pontevedra

Pontevedra

36018379

IES A Xunqueira II

Pontevedra

Pontevedra

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

Pontevedra

Pontevedra

36018677

IES Luís Seoane

Pontevedra

Pontevedra

36006729

IES Valle-Inclán

Pontevedra

Pontevedra

36007643

CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas

Redondela

Pontevedra

36019566

IES de Chapela

Redondela

Pontevedra

36007734

IES Mendiño

Redondela

Pontevedra

36007813

CPI Julia Becerra Malvar

Ribadumia

Pontevedra

36020337

IES de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño

Pontevedra

36009135

CEIP Plurilingüe de Silleda

Silleda

Pontevedra

36020350

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

Silleda

Pontevedra

36015020

CEIP de Randufe

Tui

Pontevedra

36014775

CEIP Plurilingüe de Guillarei

Tui

Pontevedra

36009913

CEIP Plurilingüe de Baño-Xanza

Valga

Pontevedra

36010459

CEIP Josefa Alonso de Alonso

Vigo

Pontevedra

36015251

CEIP Plurilingüe Frián Teis

Vigo

Pontevedra

36010101

CEIP Plurilingüe O Sello

Vigo

Pontevedra

36010484

CEIP Eduardo Pondal

Vigo

Pontevedra

36015810

CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares

Vigo

Pontevedra

36010691

CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares

Vigo

Pontevedra

36019153

EEI Rúa Hernán Cortés

Vigo

Pontevedra

36015044

EEI Monte do Alba

Vigo

Pontevedra

36011579

IES A Guía

Vigo

Pontevedra

36018173

IES de Teis

Vigo

Pontevedra

36019670

IES do Castro

Vigo

Pontevedra

36011634

IES Politécnico de Vigo

Vigo

Pontevedra

36017430

IES Ricardo Mella

Vigo

Pontevedra

36011580

IES San Tomé de Freixeiro

Vigo

Pontevedra

36020374

IES Valadares

Vigo

Pontevedra

36020386

IES Marco do Camballón

Vila de Cruces

Pontevedra

36013588

CPI do Toural

Vilaboa

Pontevedra

36019451

CEIP A Escardia

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36019669

IES Armando Cotarelo Valledor

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36018380

IES O Carril

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36013023

CEIP Plurilingüe de San Roque

Vilanova de Arousa

Pontevedra

ANEXO II

Méritos

Puntos

Documentación xustificativa

1. Antigüidade: máximo 5,000 puntos.

Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

1.1. Por cada ano de servizos como persoal funcionario que supere os cinco exixidos como requisito:

A fracción de mes computarase por 0,041 puntos.

0,500

Certificación ou folla de servizos expedida polo departamento territorial correspondente ou copia simple do título administrativo coas dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como persoal funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Por cada ano de servizos como persoal funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

A fracción de mes computarase por 0,020 puntos.

0,250

2. Desempeño da dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa: máximo 5,000 puntos.

Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

2.1. Por cada ano como persoa titular da dirección dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

A fracción de mes computarase por 0,083 puntos.

1,000

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.2. Por cada ano como persoa titular da dirección dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

A fracción de mes computarase por 0,041 puntos.

0,500

2.3. Por cada ano como persoa titular dunha subdirección ou xefatura de servizo en postos da Administración educativa:

A fracción de mes computarase por 0,041 puntos.

0,500

2.4. Por cada ano como persoa titular dunha vicedirección, subdirección, secretaría ou xefatura de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

A fracción de mes computarase por 0,041 puntos.

0,500

2.5. Por cada ano como persoa titular dunha vicedirección, subdirección, secretaría ou xefatura de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

A fracción de mes computarase por 0,020 puntos.

0,250

2.6. Por cada ano como persoa titular da xefatura de departamento, coordinación dos equipos de normalización lingüística, coordinación de ciclo, coordinación do proxecto Abalar, asesor/a Amtega, asesor/a CIEDIX, asesor/a CGIFP, coordinación de centro plurilingüe, coordinación de sección bilingüe, coordinación de auxiliares de conversa, responsable/coordinación do equipo de actividades complementarias e extraescolares, responsable/coordinación da dinamización das TIC, responsable/coordinación de biblioteca, responsable/coordinación da convivencia escolar, responsable da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, coordinación do equipo de dinamización da lingua galega, coordinación de formación en centros de traballo, coordinación do bacharelato internacional, coordinación de emprendemento, coordinación de programas internacionais, coordinación de innovación e formación do profesorado, coordinación de biblioteca de centro integrado, coordinación de residencia, xefatura de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, asesoría de formación permanente, asesoría Abalar, asesoría Siega, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

A fracción de mes computarase por 0,012 puntos.

0,150

3. Méritos académicos: máximo 1,000 punto.

Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

3.1. Por cada título de doutoramento:

0,500

Copia simple do título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

3.2. Por cada título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura distinto do alegado para o ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados:

0,300

3.3. Por cada título de grao distinto do alegado para o ingreso no corpo.

0,250

3.4. Por cada título de diplomatura universitaria ou equivalente distinto do alegado para o ingreso no corpo:

0,150

4. Cursos de formación: máximo 3,000 puntos.

Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa ou por institucións sen ánimo de lucro, que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,050 puntos por cada 10 horas.

4.1. Por actividades e cursos recibidos:

Ata 2,000

Certificado dos cursos en que conste de modo expreso o número de horas de duración deles. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

4.2. Por cursos impartidos:

Ata 1,000

5. Corpo de catedráticos. Baremación de oficio desta epígrafe.

Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,500

Baremación de oficio deste mérito.

6. Proxecto de dirección.

Polo proxecto de dirección:

Ata 12,000

O orixinal deste.

Disposición complementaria única

Na valoración do proxecto de dirección aplicaranse os criterios establecidos no anexo IV.

missing image file
missing image file