DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 23 de marzo de 2026 Páx. 19080

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 9 de marzo de 2026 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, establece no seu artigo 19 que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten desde o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico e os seus prazos de vixencia, acceso e conservación.

Os documentos de titularidade pública son patrimonio documental de Galicia desde a súa creación ou a súa acumulación, tal como establecen a citada Lei de arquivos e documentos de Galicia e a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. A xestión, custodia e acceso aos documentos de titularidade pública réxense polos principios desta normativa e son responsabilidade directa dos seus titulares.

A Lei de arquivos e documentos establece que non se poderá eliminar ningún documento público se antes non foi avaliado e seleccionado de acordo co procedemento que se estableza para tal fin. Con este obxectivo, o Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, que regula a composición do Consello de Avaliación Documental de Galicia, establece o procedemento que se debe seguir na avaliación para a selección de documentos.

No procedemento de avaliación, regulado no título II do Decreto 15/2016, establécese que as propostas de avaliación serán sometidas ao ditame do Consello de Avaliación Documental de Galicia, que elaborará as táboas de avaliación documental. Unha vez aprobadas as táboas de avaliación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental, disporá a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, mediante un extracto, sen prexuízo de facelas públicas na páxina web da consellería.

De acordo con esta normativa e procedemento, as series documentais que se mencionan nesta orde foron presentadas ao Consello de Avaliación Documental de Galicia que, na súa sesión do 17 de novembro de 2025, emitiu o seu ditame a través das táboas de avaliación documental que se elevan para a súa aprobación ao titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental.

Para estes efectos, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e de conformidade co disposto na Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, así como as normas de desenvolvemento,

RESOLVO:

Primeiro

Aprobar as táboas de avaliación documental cuxos extractos se recollen no anexo a esta orde e que corresponden ás seguintes series documentais procedentes da Administración autonómica e da Administración institucional, ditaminadas polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na súa sesión do 17 de novembro de 2025:

– Administración autonómica:

• T0138: expedientes de inspección ambiental (AA0566).

• T0139: expedientes de avaliación ambiental de actividades (AA2399).

• T0140: expedientes de autorización de reproducións de documentos dos arquivos para a súa publicación e/ou difusión (AA0385).

• T0141: expedientes de autorización para cortas en zona de servidume de leitos (AA5022).

• T0142: expedientes de liquidación do imposto sobre o patrimonio (AA0632).

• T0143: expedientes de axudas para a adquisición da condición de socio traballador de cooperativas e sociedades laborais (AA1732).

• T0144: expedientes de axudas a cooperativas e sociedades laborais para a incorporación de socios traballadores (AA1783).

• T0145: expedientes de axudas para a promoción do cooperativismo mediante o fomento de acceso á condición de socio traballador (AA2165).

• T0146: expedientes de axudas para o fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (AA2368).

• T0147: expedientes de instalacións radioactivas 2ª e 3ª categoría (AA1213).

• T0148: expedientes de solicitude ou renovación do título de familia numerosa (AA1217).

• T0149: expedientes de concesión de licenzas de pesca marítima de recreo (AA2719).

– Administración institucional:

• Revisión da táboa T0030: expedientes de xestión do gasto e do pagamento (U001). Serie aprobada na sesión do Consello de Avaliación Documental de Galicia do 9 de xullo de 2019 e publicada no DOG núm. 4, do 8 de xaneiro de 2020.

Segundo

Ordenar a publicación das táboas de avaliación documental das mencionadas series, mediante un extracto, no Diario Oficial de Galicia.

Esta orde terá eficacia desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Contra este acto, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnalo ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026

José López Campos
Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude

ANEXO

Extractos das táboas de avaliación de series documentais:

– Táboa T0138.

Código da serie: AA0566.

Denominación: expedientes de inspección ambiental.

Procedencia: Calidade e Avaliación Ambiental.

Datas extremas da serie: 1998-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1998-2025.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central aos 5 anos desde a finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 15 anos desde a finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 20 anos desde a finalización do procedemento.

Selección: conservación permanente.

– Táboa T0139.

Código da serie: AA2399.

Denominación: expedientes de avaliación ambiental de actividades.

Procedencia: Calidade e Avaliación Ambiental.

Datas extremas da serie: 1984-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1984-2025.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central aos 4 anos desde a finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 8 anos desde a finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 15 anos desde a finalización do procedemento.

Selección: conservación permanente.

– Táboa T0140.

Código da serie: AA0385.

Denominación: expedientes de autorización de reproducións de documentos dos arquivos para a súa publicación e/ou difusión.

Procedencia: Xestión de Centros Culturais.

Datas extremas da serie: 1990-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1990-2025.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano desde a finalización do expediente.

• Arquivo intermedio aos 4 anos desde a finalización do expediente.

• Arquivo histórico aos 5 anos desde a finalización do expediente.

Selección: eliminación total aos 4 anos desde a finalización do expediente. Conservarase unha mostra de dous expedientes por ano.

– Táboa T0141.

Código da serie: AA5022.

Denominación: expedientes de autorización para cortas en zona de servidume de leitos.

Procedencia: Augas.

Datas extremas da serie: 1987-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1987-2025.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano desde a finalización do expediente.

• Arquivo intermedio aos 5 anos desde a finalización do expediente.

• Arquivo histórico aos 10 anos desde a finalización do expediente.

Selección: eliminación total aos 5 anos desde a finalización do expediente. Conservarase unha mostra de un expediente por zona hidrográfica e ano.

– Táboa T0142.

Código da serie: AA0632.

Denominación: expedientes de liquidación do imposto sobre o patrimonio.

Procedencia: Facenda. Xestión Tributaria.

Datas extremas da serie: 1984-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1984-2025.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano desde a finalización do exercicio anual tributario.

• Arquivo intermedio aos 5 anos desde a finalización do expediente.

• Arquivo histórico aos 10 anos desde a finalización do expediente.

Selección: eliminación total aos 10 anos desde a finalización do expediente. O escaso interese desta serie documental non xustifica a conservación dos documentos anteriores ao ano 1990. Conservarase unha mostra do 1 % dos expedientes de cada delegación territorial por cada ano.

– Táboa T0143.

Código da serie: AA1732.

Denominación: expedientes de axudas para a adquisición da condición de socio traballador de cooperativas e sociedades laborais.

Procedencia: Relacións Laborais.

Datas extremas da serie: 1998-2006.

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 2001-2002.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 25 anos desde o pasamento das persoas, se a data é coñecida, ou 50 anos desde a data de produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano desde a finalización do expediente.

• Arquivo intermedio aos 8 anos desde a finalización do expediente.

• Arquivo histórico aos 15 anos desde a finalización do expediente.

Selección: eliminación parcial.

• Poderanse eliminar os expedientes de solicitudes aos 8 anos desde a finalización do expediente. Conservarase unha mostraxe probabilística ao 10 %.

• Conservación dos documentos xerais da convocatoria.

– Táboa T0144.

Código da serie: AA1783.

Denominación: expedientes de axudas a cooperativas e sociedades laborais para a incorporación de socios traballadores.

Procedencia: Relacións Laborais.

Datas extremas da serie: 1999-2006.

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 2001-2002.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 25 anos desde o pasamento das persoas, se a data é coñecida, ou 50 anos desde a data de produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano desde a finalización do expediente.

• Arquivo intermedio aos 8 anos desde a finalización do expediente.

• Arquivo histórico aos 15 anos desde a finalización do expediente.

Selección: eliminación parcial.

• Poderanse eliminar os expedientes de solicitudes aos 8 anos desde a finalización do expediente. Conservarase unha mostraxe probabilística ao 10 %.

• Conservación dos documentos xerais da convocatoria.

– Táboa T0145.

Código da serie: AA2165.

Denominación: expedientes de axudas para a promoción do cooperativismo mediante o fomento do acceso á condición de socio traballador.

Procedencia: Relacións Laborais.

Datas extremas da serie: 2001-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 2007-2025.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 25 anos desde o pasamento das persoas, se a data é coñecida, ou 50 anos desde a data de produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano desde a finalización do expediente.

• Arquivo intermedio aos 8 anos desde a finalización do expediente.

• Arquivo histórico aos 15 anos desde a finalización do expediente.

Selección: eliminación parcial.

• Poderanse eliminar os expedientes de solicitudes aos 15 anos desde a finalización do expediente. Conservarase unha mostraxe probabilística ao 10 %.

• Conservación dos documentos xerais da convocatoria.

– Táboa T0146.

Código da serie: AA2368.

Denominación: expedientes de axudas para o fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.

Procedencia: Promoción e Fomento do Emprego.

Datas extremas da serie: 2007-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 2007-2025.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 25 anos desde o pasamento das persoas, se a data é coñecida, ou 50 anos desde a data de produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano desde a finalización do expediente.

• Arquivo intermedio aos 8 anos desde a finalización do expediente.

• Arquivo histórico aos 15 anos desde a finalización do expediente.

Selección: eliminación parcial.

• Poderanse eliminar os expedientes de solicitudes aos 15 anos desde a finalización do expediente. Conservarase unha mostra probabilística ao 10 %.

• Conservación dos documentos xerais da convocatoria.

– Táboa T0147.

Código da serie: AA1213.

Denominación: expedientes de instalacións radioactivas 2ª e 3ª categoría.

Procedencia: Industria.

Datas extremas da serie: 1996-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1996-2025.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 30 anos, agás a información sobre a localización e as medidas de protección das fontes radioactivas recollidas nos plans de protección, que queda excluída da consulta ata a clausura da instalación.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano desde a finalización da autorización/ modificación/ clausura.

• Arquivo intermedio aos 15 anos desde a finalización da autorización/ modificación/ clausura.

• Arquivo histórico aos 20 anos desde a finalización da autorización/ modificación/ clausura.

Selección: conservación permanente.

– Táboa T0148.

Código da serie: AA1217.

Denominación: expedientes de solicitude ou renovación do título de familia numerosa.

Procedencia: Acción Social.

Datas extremas da serie: 1982-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1982-2025.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 25 anos desde o pasamento das persoas, se a data é coñecida, ou 50 desde a data de produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano desde a data de solicitude.

• Arquivo intermedio aos 5 anos desde a data de solicitude.

• Arquivo histórico aos 30 anos desde a data de solicitude.

Selección: conservación permanente.

– Táboa T0149.

Código da serie: AA2719.

Denominación: expedientes de concesión de licenzas de pesca marítima de recreo.

Procedencia: Medio Mariño.

Datas extremas da serie: 1983-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1983-2025.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano desde a finalización do expediente.

• Arquivo intermedio aos 4 anos desde a finalización do expediente.

• Arquivo histórico aos 15 anos desde a finalización do expediente.

Selección: eliminación total aos 6 anos desde a finalización do expediente. Conservarase unha mostra dun expediente por ano, categoría e xefatura.

– Táboa T0030. Revisión da táboa aprobada polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 9 de xullo de 2019 e publicada no DOG núm. 4, do 8 de xaneiro de 2020.

Código da serie: U001.

Denominación: expedientes de xestión do gasto e do pagamento.

Procedencia: universidades.

Datas extremas da serie: 1990-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1990-2025.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 17 de novembro de 2025.

Acceso restrinxido. 30 anos.

Transferencias: do arquivo de xestión ao intermedio/ histórico aos 5 anos.

Selección: eliminación total dos exemplares principais aos 15 anos e dos exemplares secundarios conservados nos centros autorizados de gasto aos 2 anos. Conservarase unha mostra de 5 exemplares por exercicio económico.