No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 36, do 24 de febreiro de 2026, foron publicadas integramente as bases que van rexer as convocatorias para a cobertura en propiedade das prazas referidas a seguir:
– Unha praza de profesor/a de música na especialidade de pedagoxía, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo II, nivel 18, a través do sistema selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2023.
– Unha praza de auxiliar de axuda no fogar, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo V, nivel 14, a través do sistema selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2023.
– Unha praza de operario/a de xardíns, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo V, nivel 14, a través do sistema selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2024.
– Unha praza de delineante, pertencente ao cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar, grupo C1, nivel 19, a través do sistema de oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Ribeira, 24 de febreiro de 2026
Mª José Sampedro Fernández
Alcaldesa
