DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 23 de marzo de 2026 Páx. 19177

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior da área de repartición D1-AR-11.

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o seu Regulamento, faise pública a aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior da área de repartición D1-AR-11 mediante o Acordo plenario do 27 de xaneiro de 2026.

Unha vez inscrito o dito plan, a documentación íntegra deste, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia

Así mesmo, o informe ambiental estratéxico e a demais documentación do procedemento de avaliación ambiental do referido plan poderán ser consultados na seguinte ligazón:

Plans por tipoloxía – CMAOT (xunta.gal)

Ribadeo, 18 de febreiro de 2026

Daniel Vega Pérez
Alcalde