DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 23 de marzo de 2026 Páx. 19179

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2026, da Xerencia Municipal de Urbanismo, do recurso contencioso-administrativo PO 4374/2025.

Nesta Administración recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número PO 4374/2025, interposto por M. Piquer Sotelo, R.M. Arnoso Fariñas, A. Rodríguez Caride, M.C. Bernárdez Rodríguez, A. Caride Cabaleiro, M. Goberna Caride, O. Sotelo Estévez, J.A. Bernárdez Nieto, C. Caride Bugarín, E.R. Bastos Pino, J.M. Lago Román, M.E. Davila Pérez, A. Bernárdez Rodríguez, J. Román Román, J.L. Goberna Caride, A. Alonso Barros, E. González Román, M. Lago Bernárdez, M.C. González Arce, T.J. Paredes Cayo, M. Dios Rodríguez, M.D. Piquer Sotelo, F.J. Pereiro Pérez, F. Fernández Alonso e F. Bernárdez Nieto, contra o Acordo do Pleno do Concello de Vigo do 6.5.2025 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo aprobado en revisión do Plan xeral de ordenación urbana de 1993, en que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no dito oficio, a Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, emprazándoas para que poidan comparecer e presentarse como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 11 de febreiro de 2026

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda