DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 24 de marzo de 2026 Páx. 19436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se acepta a renuncia dunha autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación de distribución eléctrica (expediente IN407A 2022/145-2).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Repotenciación do CT 27C942 en Triacastela (Lugo).

Concello: Triacastela.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 13.9.2022 (núm. de rexistro de entrada 2022/2252094), a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., solicitou a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada Repotenciación do CT 27C942 en Triacastela (Lugo).

Segundo. O 18.4.2023, este departamento territorial resolveu conceder a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica, que foi publicada no DOG núm. 90, do 11 de maio.

Terceiro. O 9.2.2026 (núm. de rexistro 2026/360916) UFD Distribución Electricidad, S.A., presenta un escrito de renuncia á autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da devandita instalación eléctrica.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro. No artigo 94.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese que toda persoa interesada poderá desistir da súa solicitude ou, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar aos seus dereitos.

Segundo. No artigo 94.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sinálase que a Administración aceptará de plano a desistencia ou a renuncia e declarará concluso o procedemento, salvo que, despois de comparecer nel terceiras persoas interesadas, estas instasen a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificados da desistencia ou renuncia.

Á vista dos preceptos citados e unha vez analizado o expediente, considerando que non existen terceiras persoas interesadas ou afectadas, este departamento territorial entende que non existe inconveniente ningún en aceptar de plano a renuncia solicitada.

Este departamento territorial, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a solicitude de renuncia formulada pola empresa promotora, deixando sen efecto a resolución ditada por este departamento territorial indicada nos antecedentes de feito.

Segundo. Declarar rematado o procedemento, así como o arquivamento do expediente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 27 de febreiro de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo