BDNS (Identif.): 894807.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/894807
Primeiro. Beneficiarios
Terán a consideración de entidades beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes) que realicen un proxecto de I+D individual, cuxas actividades se desenvolvan en Galicia. As entidades beneficiarias deberán contar cun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia onde realicen as actividades descritas na memoria técnica do proxecto.
Segundo. Obxecto
Apoiar a realización de proxectos de investigación industrial e de desenvolvemento experimental por parte das entidades beneficiarias que lles permitan desenvolver solucións tecnolóxicas de alto impacto, mellorar a súa competitividade e potenciar a xeración de emprego altamente cualificado.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Cuarto. Contía
Para a concesión desta subvención destinarase un importe total de 3.000.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 07.A2.561A.770.0 e código de proxecto 2023-00002, dos cales 500.000,00 € corresponden ao ano 2026, 1.250.000,00 € ao ano 2027 e 1.250.000,00 € ao ano 2028.
Destas contías, reservaranse 2.400.000,00 € para os proxectos que acaden a cualificación de STEP segundo o Regulamento (UE) 2024/795. Este importe desagrégase por anualidades do seguinte xeito: 400.000,00 € no ano 2026, 1.000.000,00 € no ano 2027 e 1.000.000,00 € no ano 2028.
Os 600.000,00 € restantes da convocatoria poderán repartirse entre os proxectos que, cumprindo os requisitos, non teñan a consideración de STEP. Este importe desagrégase por anualidades do seguinte xeito: 100.000,00 € no ano 2026, 250.000,00 € no ano 2027 e 250.000,00 € no ano 2028.
Os proxectos financiables ao abeiro desta convocatoria serán individuais e terán un orzamento subvencionable mínimo de 100.000 € e máximo de 500.000 €.
A convocatoria financiarase con fondos Feder, no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Sexto. Procedemento de concesión, período subvencionable e xustificación das axudas
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva.
O período subvencionable comprenderá desde a data de presentación da solicitude ata o 30 de setembro de 2028.
A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 15 de outubro de 2028.
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
