
A Constitución española, no seu artigo 44.2, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado. Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no artigo 27.19, que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.
A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e a innovación de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Esta lei, no capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo.
O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade o fomento e a vertebración das políticas de I+D+i no sector público galego, e o apoio ás entidades que integran o ecosistema de I+D+i galego para incrementar a súa competitividade, a través da implementación e execución de estratexias e programas de I+D+i eficientes.
O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período.
A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D+i tres grandes retos da economía e a sociedade galega. Para darlles resposta, por unha banda, a estratexia orienta as capacidades e esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a tres prioridades temáticas transversais e, pola outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de cinco obxectivos estratéxicos, arredor dos cales articula os instrumentos e actuacións para desenvolver integrados nos correspondentes programas.
Os instrumentos, apoios e actuacións que se desenvolven no marco da RIS3 en relación con cada obxectivo estratéxico recóllense nos correspondentes programas. Estes instrumentos poden ser horizontais en relación cos retos e prioridades, ou dirixirse a prioridades e ámbitos de priorización concretos. O obxectivo estratéxico 1 busca consolidar unha oferta de I+D avanzada, integrada, ordenada e aliñada coa especialización capaz de dar resposta aos retos da dixitalización e á sustentabilidade.
En consecuencia, a presente convocatoria enmárcase na RIS3, respondendo aos tres retos a través das tres prioridades, e intégrase no obxectivo estratéxico 1 e no programa Integra.
O Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 3 de febreiro de 2025, constitúe o instrumento de planificación operativa da Xunta de Galicia para abordar nese período os retos e prioridades definidos na Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027. O plan busca consolidar a Galicia como un polo de referencia en investigación e innovación a nivel europeo e global, fortalecendo o tecido científico e empresarial galegos a través dunha combinación de liñas de traballo que, por unha parte, dean continuidade ás medidas de éxito existentes e, por outra parte, desenvolvan novas iniciativas que impulsen as oportunidades emerxentes para o ecosistema galego de I+D+i. O programa Coñecemento do plan constitúe un dos piares fundamentais da política de I+D+i de Galicia, centrado en impulsar a transformación cara a un modelo intelixente e sustentable, baseado na creación, descubrimento e aplicación do coñecemento. Nesta liña inclúense medidas de fomento da investigación empresarial, que teñen como obxectivo fortalecer o investimento privado en I+D e contribuír a unha maior valorización dos resultados, favorecendo a escalabilidade das empresas, a atracción de talento e a transición cara a modelos económicos baseados no coñecemento máis preparados para os retos futuros.
Ademais, entre as principais novidades do plan destacan a planificación de tres iniciativas de alto impacto, como son a biotecnoloxía, as tecnoloxías profundas (intelixencia artificial e cuántica), e as tecnoloxías limpas. Estas iniciativas de alto impacto defínense no plan como iniciativas estratéxicas que permitirán concentrar recursos e materializar apostas concretas nos ámbitos de maior oportunidade para Galicia.
No marco desta convocatoria diferéncianse estas iniciativas de alto impacto, polo seu carácter estratéxico para Galicia, establecéndose un sistema de concorrencia específico para estes ámbitos estratéxicos, que se combina coa concorrencia xeral.
O obxectivo deste enfoque na selección é garantir que os mellores proxectos de cada un destes ámbitos estratéxicos acaden financiamento e asegurar así o impacto da convocatoria en todos eles. A través desta metodoloxía combínase na selección de xeito equilibrado: a especialización, vinculada ao carácter estratéxico destes ámbitos, e a excelencia das propostas solicitadas, permitindo maximizar a eficiencia e eficacia dos fondos ao escoller os proxectos máis competitivos e cun maior impacto para Galicia.
Esta orientación cara ámbitos estratéxicos xustifica, así mesmo, desde o punto de vista do financiamento europeo, que se inclúan, xunto con proxectos enmarcados no Obxectivo específico 1.1 do programa Galicia Feder 2021-2027, proxectos aliñados coa iniciativa STEP (Strategic Technologies for Europe Platform), no novo Obxectivo específico 1.6, e centrados en tecnoloxías críticas como a biotecnoloxía, a intelixencia artificial ou as tecnoloxías cuánticas.
O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e axustarase ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión.
A estas bases reguladoras aplícaselles o principio de «non causar un prexuízo significativo» (DNSH, polas súas siglas en inglés), isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852: mitigación do cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños, transición cara a unha economía circular, prevención e control da contaminación, e protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.
Esta convocatoria tramítase de xeito anticipado ao abeiro do artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009).
Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de innovación,
DISPÓN:
Artigo 1. Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de innovación dirixidas a apoiar a realización de proxectos de investigación industrial e de desenvolvemento experimental por parte das pequenas e medianas empresas galegas, que lles permitan desenvolver solucións tecnolóxicas de alto impacto, mellorar a súa competitividade e potenciar a xeración de emprego altamente cualificado. Os proxectos subvencionados ao abeiro desta convocatoria deberán estar aliñados cos retos e prioridades definidas no marco da Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, as ditas axudas para o ano 2026 (código de procedemento IN852F), axustándose as axudas concedidas no marco desta resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión.
Artigo 2. Financiamento
1. As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación á aplicación orzamentaria que se indica neste artigo, na cal existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma galega.
2. Distribución orzamentaria para proxectos non STEP:
|
Aplicación orzamentaria |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|
07.A2.561A.770.0 (CP: 2023.00002) |
100.000 € |
250.000 € |
250.000 € |
600.000 € |
3. Distribución orzamentaria para proxectos STEP:
|
Aplicación orzamentaria |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|
07.A2.561A.770.0 (CP: 2023.00002) |
400.000 € |
1.000.000 € |
1.000.000 € |
2.400.000 € |
4. A distribución de fondos entre as anualidades é unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda, sendo posible incluso a incorporación de novos conceptos de gasto, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias, sen incrementar o crédito total.
Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria despois da declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009) e, se for o caso, logo da aprobación orzamentaria que proceda.
5. As axudas desta convocatoria serán susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027. En particular:
a) Para os proxectos non STEP:
– Obxectivo político OP1 «Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e a comunicación».
– Prioridade 1.A «Transición dixital e intelixente».
– Obxectivo específico: RSO 1.1. «Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas».
– Liña de actuación L.A.1.1.04. «Proxectos de I+D e de innovación aberta individuais e en cooperación entre empresas e entre empresas e organismos de investigación centrados no apoio a pemes».
– Tipos de intervención:
– TI 010. Actividades de investigación e innovación en pemes, incluída a creación de redes.
Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:
– Indicadores de realización:
RC001 Empresas apoiadas (das cales microempresas, pequenas, medianas, grandes).
RCO02 Empresas apoiadas a través de subvencións (empresas).
– Indicador de resultado: RCR02 Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).
b) Para proxectos STEP:
– Obxectivo político 1: OP1. «Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e a comunicación».
– Prioridade P1.C «Transición dixital e intelixente STEP».
– Obxectivo específico: RSO 1.6 «Apoio a investimentos que contribúan aos obxectivos da Plataforma de tecnoloxías estratéxicas para Europa (STEP) a que se refire o artigo 2 do Regulamento (UE) nº 2024/795 do Parlamento Europeo e do Consello.
– Ámbito de intervención: TI0010 «Actividades de investigación e innovación en pemes, incluída a creación de redes».
Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:
– Indicador es de realización:
RC001 Empresas apoiadas (das cales microempresas, pequenas, medianas, grandes).
RCO02 Empresas apoiadas a través de subvencións (empresas).
– Indicador de resultado: RCR02 Investimentos privados que acompañan ao apoio público (euros).
A taxa de cofinanciamento pola Unión Europea é do 60 % no caso dos proxectos en xeral, computándose o 40 % restante como investimento privado elixible polas entidades beneficiarias. A taxa de cofinanciamento, no caso de proxectos STEP, acada o 100 %.
Artigo 3. Entidades beneficiarias
1. Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes) que realicen un proxecto de I+D individual, cuxas actividades se desenvolvan en Galicia. Deste xeito, a entidade beneficiaria deberá contar cun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia onde realice as actividades descritas na memoria técnica do proxecto. As empresas poderán ser pequenas ou medianas segundo as definicións contidas no anexo VII desta resolución.
2. As entidades beneficiarias das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 25 da presente resolución.
Quedan excluídos da presente convocatoria e non poderán adquirir a condición de entidades beneficiarias destas axudas:
a) As empresas nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se fose necesario, os documentos oportunos.
b) As empresas en crise conforme a definición contida no anexo VII desta convocatoria. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para verificar que non se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión Europea, para considerar unha empresa en crise.
c) As entidades que incumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003). En particular, e de conformidade co disposto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, no caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros, non poderán ser beneficiarias as entidades, distintas ás entidades de dereito público, con ánimo de lucro suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (en diante, Lei 3/2004), que incumpran os prazos de pagamento previstos na citada lei.
Artigo 4. Intensidade das axudas e concorrencia
1. As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable das entidades beneficiarias, e será conforme aos límites de intensidade previstos no artigo 25 do Regulamento (UE) nº 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:
|
Categoría predominante do proxecto |
Non STEP |
STEP |
||
|
Pequena empresa |
Mediana empresa |
Pequena empresa |
Mediana empresa |
|
|
Investigación industrial |
60 % |
60 % |
75 % |
65 % |
|
Desenvolvemento experimental |
50 % |
40 % |
50 % |
40 % |
2. As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles coa percepción doutras axudas, outros ingresos ou outros recursos para a mesma finalidade ou os mesmos custos procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
Artigo 5. Actividades subvencionables
1. Son actividades subvencionables a investigación industrial e o desenvolvemento experimental, entendendo como tales as definicións incluídas no anexo VII desta resolución.
2. A cualificación da actividade subvencionable para a entidade que solicita a axuda corresponderá coa que sexa predominante. Neste sentido, considerarase predominante cando máis da metade das actividades que se desenvolvan no proxecto sexan clasificadas nese tipo de categoría, sempre respectando, á hora de fixar a axuda, as intensidades máximas recollidas no artigo 4 destas bases.
3. No caso de proxectos STEP, estes deberán encadrarse en, polo menos, un dos ámbitos das tecnoloxías fundamentais STEP recollidos no anexo VII desta convocatoria, de tal xeito que os obxectivos establecidos neles se dirixan cara un ou máis dos ámbitos propostos.
Artigo 6. Características dos proxectos
1. Os proxectos de I+D estarán en consonancia cos retos contidos na RIS3 Galicia 2021-2027, de acordo coa definición que se realiza no anexo VII desta convocatoria, e deberán enmarcarse nalgún dos seus ámbitos prioritarios detallados no dito anexo.
2. Os proxectos financiables ao abeiro desta convocatoria serán individuais e terán un orzamento subvencionable mínimo de 100.000 € e un máximo de 500.000 €.
3. Só se financiarán as actividades do proxecto desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia, de tal xeito que a entidade beneficiaria deberá ter un centro de traballo legalmente constituído na Comunidade onde se realicen as actividades descritas na memoria técnica do proxecto.
4. As axudas obxecto desta convocatoria teñen un efecto incentivador, polo tanto a solicitude debe presentarse antes do comezo do proxecto.
Sen prexuízo do establecido nos parágrafos anteriores, os estudos de viabilidade previos, realizados polo beneficiario, non incluídos na solicitude de axuda non se terán en conta para a determinación da data de inicio da actividade.
Non será subvencionable ningún gasto executado con anterioridade á presentación da solicitude. No caso de detectarse que calquera actividade do proxecto se iniciou antes da dita data, a totalidade do proxecto será inadmisible.
5. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados (en diante, Regulamento (UE) nº 2021/1060), todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).
En atención ao considerando 10 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente debe interpretarse no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, que fixan os obxectivos ambientais que hai que protexer:
1. Mitigación do cambio climático.
2. Adaptación ao cambio climático.
3. Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.
4. Transición cara a unha economía circular.
5. Prevención e control da contaminación.
6. Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.
6. Os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, en especial os relativos á materia ambiental, de igualdade e de accesibilidade a persoas con discapacidade que poidan resultar de aplicación.
7. Os proxectos deberán estar finalizados o 30 de setembro de 2028.
Artigo 7. Custos subvencionables
1. Terán a consideración de custos subvencionables exclusivamente aqueles custos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto, con base na descrición deste achegada na memoria técnica. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
2. As categorías de gastos descritas nesta convocatoria son subvencionables conforme a Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.
3. Serán obxecto de financiamento os seguintes custos, de conformidade co artigo 25 do Regulamento (UE) nº 651/2014:
a) Custos directos:
1. Custos de persoal.
2. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.
3. Materiais, subministracións e produtos similares.
4. Adquisición de patentes.
5. Subcontratacións (inclúen servizos tecnolóxicos externos).
6. Outros custos, que inclúen:
▪ O custo derivado do informe de valoración do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH), cun máximo de 1.500 € por proxecto.
▪ O custo derivado da contratación externa do plan de comunicación e difusión do proxecto, previsto no artigo 16 desta convocatoria.
b) Custos indirectos: son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente á actividade subvencionada por teren carácter estrutural, pero son necesarios para a súa realización, nos cal se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. O custo imputable por este concepto, en aplicación da opción de custos simplificados prevista no artigo 54.b) do Regulamento (UE) nº 2021/1060, será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 15 % aos custos de persoal subvencionables do proxecto e non precisarán de xustificación adicional.
4. Non se considera subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE), así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional.
Artigo 8. Custos de persoal
1. Os custos de persoal que se poderán subvencionar son os seguintes:
a) Persoal propio: persoal investigador, técnico e persoal auxiliar que realice actividades de investigación, no tempo imputado exclusivamente ao desenvolvemento de actividades de I+D do plan de traballo do proxecto.
b) Persoal de nova contratación: persoal que que se incorpore á entidade para a realización do proxecto e que deberá dedicarse de maneira exclusiva a este. Só se admitirá persoal de nova contratación cuxos contratos se encadren nos grupos de cotización 1, 2 e 3, e que respecten a correspondencia coas titulacións/categorías profesionais establecidas no punto 4 deste artigo. É requisito do persoal de nova contratación que no momento da contratación non teña nin tivese vinculación laboral coa empresa nos 3 meses anteriores á data de inicio do contrato.
Só serán subvencionables as horas de traballo efectivo dedicadas ás actividades do proxecto. En consecuencia, non se consideran subvencionables períodos vacacionais, festivos oficiais, permisos, incapacidades temporais, expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), excedencias e demais situacións incompatibles coa realización de actividades laborais.
Deberán xustificarse as horas dedicadas ao proxecto de conformidade coas tarefas que se describen na memoria técnica. Non será suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.
O persoal que participa no proxecto e cuxos custos se imputen na solicitude de axuda deberá ter relación contractual coa persoa beneficiaria e estar de alta laboral nun centro de traballo sito na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de micropemes poderán subvencionarse os custos de persoal directivo e xerencial que realice labores de I+D no proxecto. Para estes efectos, só terá a consideración de persoal directivo ou persoal de alta dirección o que se define no artigo 1 do Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección (en diante, Real decreto 1382/1985).
Na memoria técnica que se presente coa solicitude xustificaranse detalladamente as funcións ou tarefas concretas de investigación que desenvolverá este persoal nas diferentes fases e actividades recollidas no plan de traballo do proxecto. Estas funcións deberán ser compatibles co seu labor directivo ou xerencial.
3. Permitirase o teletraballo unicamente para o persoal que realice actividades no proxecto que sexan compatibles con esta modalidade de traballo, de acordo co previsto na Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia (en diante, Lei 10/2021).
4. Non se considerarán subvencionables:
a) Os gastos relacionados con aquelas persoas traballadoras que non estean dadas de alta nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia onde se desenvolve o proxecto.
b) Os gastos de persoal que non teña relación contractual laboral coa entidade beneficiaria da subvención, agás que se trate de socios traballadores de micropemes.
c) Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión e tramitación do financiamento solicitado.
d) O persoal con contrato de formación ou en prácticas, as contratacións de bolseiros/as e as contratacións a tempo parcial.
e) Os custos de persoal (propio ou nova contratación) cuxos contratos se encadren en grupos de cotización inferiores aos correspondentes ás titulacións ou categorías profesionais que establece a Seguridade Social ao regular as bases de cotización por continxencias comúns, que se indican a seguir:
|
Titulación/categoría profesional |
Grupo de cotización |
|
Enxeñeiros, licenciados, persoal de alta dirección |
1 |
|
Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados, diplomados |
2 |
|
Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas) |
3 |
f) Os custos de viaxes, indemnizacións ou axudas de custo non teñen natureza de gastos de persoal.
5. O custo hora máximo financiable será de 40 €.
6. Calquera modificación no cadro de persoal propio deberá ser motivada e xustificada. No caso de que a titulación e o grupo de cotización sexan idénticos, só será necesaria unha comunicación á Axencia Galega de Innovación. No resto de supostos, será preciso obter a autorización previa da Axencia Galega de Innovación.
O custo do novo persoal só será admisible desde a data de solicitude da modificación ou, de ser o caso, desde a data de comunicación. Excepcionalmente, a modificación de persoal poderá ter efecto retroactivo naqueles supostos en que afecte o período comprendido entre o inicio das actividades do proxecto e a data de resolución de concesión de axuda, logo de valoración das circunstancias concretas que motivan a dita solicitude.
No caso de persoal de nova contratación non será necesario obter a autorización previa da Axencia Galega de Innovación para contratar persoal adicional sempre que o novo perfil sexa equivalente ao concedido inicialmente.
Artigo 9. Equipamento e material instrumental de nova adquisición
1. Os custos de equipamento e material instrumental serán subvencionables na medida e durante o período en que se utilicen para as actividades do proxecto.
2. No caso de que o instrumental de nova adquisición e o material non se utilicen en toda a súa vida útil para o proxecto, unicamente se considerarán subvencionables os custos de amortización correspondentes á duración do proxecto, calculados sobre a base das boas prácticas contables e a táboa de coeficientes de amortización lineal da Axencia Tributaria. Para estes efectos, deberase xustificar na memoria técnica do proxecto a vida útil do equipamento ou material.
3. Cando, polas súas características específicas, o equipamento ou material instrumental se dedique exclusivamente ás actividades do plan e a súa vida útil se esgota ao termo do período que se subvenciona, poderá considerarse como gasto o custo de adquisición. Neste caso, deberase xustificar na solicitude esta condición e a vida útil deste equipamento.
4. Non serán subvencionables os custos de depreciación de activos que se adquiriron con fondos ou axudas públicas. Tampouco serán subvencionables os equipamentos que impliquen combustións de combustibles fósiles, segundo o establecido no artigo 7.h) do Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello.
5. Inclúense neste concepto de gasto a adquisición de licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as actividades do proxecto e non de uso xeral e son coherentes cos obxectivos presentados na memoria técnica.
Artigo 10. Materiais, subministracións e produtos similares
Serán subvencionables os custos de materiais, subministracións e produtos similares. Entrarán neste concepto de custo as licenzas de software mediante subscrición, pagamento por uso, ou similar.
Inclúense neste concepto o uso de licenzas de software de usos específicos para o proxecto que non sexan de uso xeral. Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto, o que se deberá indicar na memoria técnica.
Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non están incluídos neste concepto.
Artigo 11. Adquisición de patentes
Corresponden exclusivamente á adquisición de licenzas de propiedade industrial, que deberán ser adquiridas ou obtidas de fontes externas, sempre e cando a operación se realice en condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión.
Artigo 12. Subcontratacións
1. Considéranse subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución dunha parte da actividade investigadora que constitúe o obxecto da subvención. A subcontratación deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica.
2. A subcontratación deberá cumprir co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, tendo en conta que, en todo caso, esta non poderá superar o límite do o 50 % do orzamento elixible.
3. Deberase especificar o provedor que realizará estes servizos e declarar que non existe vinculación algunha coa entidade beneficiaria.
4. Segundo o artigo 27.3 da Lei 9/2007, cando a actividade concertada con terceiros exceda do 20 por cento do importe da subvención e este importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Que o contrato se subscriba por escrito.
b) Que a súa subscrición a autorice previamente a entidade concedente da subvención na forma que se determine nas bases reguladoras.
Este contrato deberá ser autorizado pola Axencia Galega de Innovación. En caso de aprobación do proxecto, este contrato entenderase autorizado pola Axencia desde a data de inicio da súa execución, sempre que esta sexa posterior á de entrega da solicitude do proxecto.
5. En ningún caso a entidade beneficiaria poderá subcontratar con:
a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.
b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.
c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o devandito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.
d) Persoas ou entidades vinculadas. Entenderase que existe vinculación cando concorra algunha das circunstancias indicadas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.
En todo caso, de acordo con o artigo 43.3 do Decreto 11/2009, a Axencia Galega de Innovación poderá comprobar, dentro do período de prescrición, o custo, así como o valor de mercado das actividades subcontratadas.
6. A entidade beneficiaria da axuda deberá prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio DNSH «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852.
Neste sentido, a entidade beneficiaria da axuda exixiralles aos subcontratistas unha declaración responsable de cumprir co principio de non ocasionar un prexuízo significativo ao ambiente.
Tamén se lles deberá exixir unha declaración responsable de que se compromete a conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que, a Comisión, a Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.
7. Dentro deste artigo inclúense os servizos tecnolóxicos externos, que son aquelas actividades distintas á investigación prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes. Os servizos tecnolóxicos externos deberán ser necesarios para o desenvolvemento das actividades do proxecto e deberán estar debidamente xustificados na memoria técnica da solicitude.
Quedan expresamente excluídos desta categoría de custo aqueles correspondentes a calquera forma de consultoría asociada á xestión e tramitación do financiamento solicitado.
Artigo 13. Outros custos
1. Será subvencionable o custo derivado da obtención dun informe de avaliación do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH) mediante unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (en diante, ENAC). O informe debe estar referido a todo o proxecto, incluíndo tanto a parte executada directamente polas entidades beneficiarias como a parte subcontratada. Este custo será elixible cun límite máximo de 1.500 € por proxecto.
2. Tamén será subvencionable o custo derivado da contratación externa da execución do plan de comunicación e difusión. O límite máximo será de 1.000 € por proxecto.
Artigo 14. Ofertas
Cando o importe dos gastos subvencionables supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, Lei 9/2017) para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no momento de publicar estas bases), a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á súa contratación, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren, o que deberá xustificarse expresamente.
As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:
a) Comparabilidade: deberanse referir á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares, e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.
b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, considérase que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderanse admitir ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio da Axencia Galega de Innovación, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.
d) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.
Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que parezan de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).
Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderase considerar subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.
Artigo 15. Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación destas bases reguladoras.
3. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:
a) Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
b) Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se entregan son certos e acepta as condicións e obrigacións recollidas nesta convocatoria.
c) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003.
d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007.
e) Declaración responsable de que está ao corrente do pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007 e ao artigo 9 do Decreto 11/2009, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da comunidade autónoma.
f) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.
g) Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
h) Declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (en diante, Lei 3/2004).
i) Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
j) Declaración responsable de que se compromete a conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.
k) Declaración responsable de non estar en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.
l) Declaración responsable de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
m) Declaración responsable de que os provedores non están asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, nin no artigo 43 do Decreto 11/2009, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.
n) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade, e a normativa medioambiental exixible, en particular, a normativa reguladora da Rede Natura 2000 e demais espazos naturais protexidos, a Lei 21/2013, de avaliación ambiental e o Real decreto lexislativo 1/2016, e que se compromete a presentar todas as licenzas, autorizacións e permisos necesarios para o desenvolvemento da actuación.
ñ) Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.
o) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o que solicita a axuda.
p) Que a solicitude da axuda é anterior ao comezo do proxecto para o que se solicita (efecto incentivador).
q) Que, de ser o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído no proxecto.
r) Que, no caso de dispoñer dun plan de igualdade implantado no centro, manterao durante o período de execución do proxecto.
s) Que cumprirá os principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.
Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas nas devanditas declaracións no momento en que se produza.
4. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 16. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:
1º. Memoria técnica do proxecto, segundo o índice que se inclúe como anexo VIII (en formato .pdf) asinada pola entidade beneficiaria.
Nesta memoria establecerase un cronograma do plan de traballo, no cal se indiquen os distintos paquetes de traballo de execución do proxecto, coa relación das actividades para desenvolver ao longo do proxecto e unha descrición destas. Así mesmo, deberán describirse os distintos conceptos de gasto para a execución do proxecto, segundo a tipoloxía dos custos subvencionables establecidos nesta convocatoria.
En relación co persoal dedicado ao proxecto, será necesario describir as actividades do cronograma en que participará e as tarefas que desenvolverá, e indicar as horas efectivas da súa xornada laboral dedicadas ao proxecto. En particular, deberase identificar o persoal propio da empresa e indicarse o perfil do persoal de nova contratación.
Deberanse describir de forma detallada e concisa os materiais, subministracións e produtos similares, de natureza consumible, que deriven directamente do proxecto.
No que se refire aos custos de equipamento, deberá xustificarse a vida útil do equipamento e material instrumental de nova adquisición e o procedemento seguido para calcular os custos de amortización.
Así mesmo, de ser o caso, deberanse especificar as actividades que se van subcontratar, así como as principais funcións que se van desenvolver no proxecto.
Deberán xustificarse os servizos tecnolóxicos externos empregados, de ser o caso, e a súa necesidade para o desenvolvemento das actividades do proxecto.
Tamén se deberán indicar, de ser o caso, os custos subvencionables relativos ao alugueiro de licenzas de software de uso específico para o proxecto, na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto.
2º. Plan de comunicación e difusión do proxecto: os beneficiarios deberán realizar un plan de comunicación e difusión dos resultados do proxecto para compartir os resultados non suxeitos a confidencialidade co ecosistema de I+D+i, coa sociedade e coas administracións e maximizar así, o seu impacto. Este plan incluirá as actividades que debe realizar a entidade beneficiaria en cada unha das anualidades.
Este plan de comunicación debe describir os obxectivos previstos, as actividades de comunicación propostas, os indicadores para medir os resultados destas e o público a que van dirixidas (comunidade científica, usuarios finais, sociedade en xeral...).
As accións de comunicación deben estenderse ao longo de toda a vida do proxecto, estar estratexicamente planificadas, con obxectivos claros e medibles e ser proporcionais á escala do proxecto. É necesario xustificar a adecuación de cada medida elixida ao público obxectivo a que vai dirixida.
O plan de comunicación debe incluír a realización dun evento de difusión do proxecto.
As actividades de comunicación e difusión poden consistir en realización ou participación en eventos, xornadas; publicación en plataformas, web e redes sociais; elaboración de folletos, carteis ou vídeos; boletíns periódicos/novas e comunicados de prensa, entre outras. Así mesmo, ao finalizar as actividades do proxecto deberá elaborarse un vídeo dun mínimo de dous minutos de duración para difundir os resultados do proxecto a través das redes sociais.
As actividades de difusión e comunicación que impliquen formación non serán subvencionables, así como as axudas de custo e viaxes.
Por tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e no documento «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027».
3º. Anexo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo VI.bis). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá o solicitante, se for necesario, os documentos que considere necesarios para a comprobación.
4º. No caso de proxectos STEP deberase achegar tamén a ficha de cumprimento co Regulamento (UE) nº 2024/795, que estará dispoñible na sede electrónica.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Os anexos desta convocatoria estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Artigo 17. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) NIF da entidade representante.
d) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Consulta de concesións ampliado.
j) Titularidade Real, no Rexistro Central de Titularidades Reais (RCTIR), en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
k) DNI/NIE das persoas que forman o equipo investigador.
l) Títulos oficiais non universitarios das persoas que forman o equipo investigador.
m) Títulos oficiais universitarios das persoas que forman o equipo investigador.
n) Vida laboral (TXSS) dos últimos doce meses das persoas que forman o equipo investigador.
ñ) Consulta de Axudas de Estado.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente: certificado do grao de discapacidade do persoal do equipo investigador.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado para tal efecto no formulario de solicitude (anexo I), anexo II e anexo IV, segundo corresponda, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 18. Emenda da solicitude
1. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, requirirase á entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non facelo, se considerará desistido da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, despois de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da Lei 39/2015.
2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderase requirir á entidade solicitante que achegue a información e documentación complementaria que se considere oportuna para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.
3. Non se considerará emendable a falta de presentación da memoria técnica do proxecto.
Artigo 19. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 20. Instrución do procedemento e tramitación
1. O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007.
2. A Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións previstas nesta resolución. Así, o órgano instrutor revisará as solicitudes recibidas e a documentación presentada e, ademais, realizará de oficio cantas actuacións considere precisas para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución.
No caso de discrepancias entre o contido da memoria técnica do proxecto e a solicitude (anexo I), atenderase sempre ao contido da solicitude.
3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse ao solicitante para que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento e para o seguimento e avaliación da RIS3 de Galicia 2021-2027 en que se enmarcan estas axudas.
4. Os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á Comisión de Selección para ser avaliados por persoal experto.
5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación ou que non conteñan a documentación necesaria quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión en que se indicarán as causas desta.
6. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación ou alteración de datos, ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.
Artigo 21. Comisión de Selección
1. A Comisión de Selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes de acordo coa valoración realizada conforme o procedemento e os criterios establecidos no artigo 22.
2. A composición da Comisión de Selección será a seguinte:
a) A persoa titular da dirección da Área de Servizos, ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a.
b) A persoa titular da Área de Xestión ou persoa en quen delegue.
c) Dúas persoas titulares dunha xefatura de departamento da Axencia Galega de Innovación ou persoas en quen deleguen.
d) Unha persoa funcionaria da Axencia Galega de Innovación, que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.
3. A Comisión de Selección elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren as condicións técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de beneficiario, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas.
Artigo 22. Criterios de valoración
A valoración de cada proxecto presentado que reúna os requisitos realizarase sobre un total de 100 puntos, que se outorgarán atendendo a aspectos científico-técnicos, económico-financeiros e ao potencial para xerar valor económico coa explotación dos seus resultados, segundo os criterios de valoración que se indican a continuación coas súas puntuacións máximas:
1. Excelencia. Calidade científico-técnica do proxecto: 0-30 puntos (puntuación mínima necesaria 16 puntos).
a) Grao de innovación do proxecto en relación co estado da arte (máximo 15 puntos). Valorarase a novidade da proposta comparada coas solucións existentes.
b) Obxectivos científico-tecnolóxicos do proxecto (máximo 10 puntos): valorarase a adecuación dos obxectivos, que deben ser viables tecnicamente e alcanzables e ser descritos cualitativa e cuantitativamente. O grao de avance dos obxectivos tecnolóxicos do proxecto deberá ser monitorizable para poder realizar o seguimento da súa consecución.
c) Credibilidade da formulación da proposta (máximo 5 puntos): valorarase o estudo do estado da arte, a existencia de resultados previos que soportan a proposta e a análise de puntos críticos e factores de risco.
2. Calidade e eficiencia da implementación do proxecto: 0-30 puntos (puntuación mínima necesaria, 16 puntos).
a) Plan de traballo (máximo 7 puntos): valorarase a metodoloxía, o plan de traballo e os entregables previstos. Valorarase tamén a coherencia cos obxectivos do proxecto.
b) Adecuación, coherencia e recursos (máximo 3 puntos). Valorarase a adecuada asignación dos recursos ás tarefas planificadas. Grao de detalle dos distintos conceptos de gasto empregados para a execución do proxecto, e a súa adecuación ás actividades previstas no cronograma.
c) Capacidade técnica da entidade solicitante (máximo 10 puntos). Valorarase a capacidade, experiencia e medios produtivos, humanos e técnicos dispoñibles do solicitante na realización de proxectos de I+D+i.
d) Subcontratación dun mínimo do 15 % do orzamento do proxecto con universidades, organismos de investigación, centros tecnolóxicos ou con organismos científicos con recoñecemento internacional (máximo 10 puntos).
3. Impacto tecnolóxico e socioeconómico do proxecto: 0-40 puntos.
a) Estratexia de comercialización dos resultados do proxecto (máximo 10 puntos): valorarase a estratexia de comercialización dos novos ou mellorados produtos ou servizos, así como a capacidade da empresa para levala a cabo.
b) Mercado potencial e capacidade para a apertura de novos mercados (máximo 5 puntos): valorarase a posibilidade de ter acceso a novos mercados.
c) Estratexia de protección dos resultados da propiedade industrial e intelectual (5 puntos). Valorarase a estratexia de xestión dos resultados que poidan xerarse no proxecto.
d) Xeración de novos investimentos derivados do proxecto (5 puntos). Valorarase a previsión de novos investimentos industriais derivados das fases posteriores ao desenvolvemento da tecnoloxía obxecto do proxecto (industrialización, novas instalacións produtivas...).
e) Complementariedades e sinerxías con outras políticas e xeración de emprego (máximo 15 puntos):
e.1. Implicacións ambientais do proxecto (máximo 3 puntos): consonancia co Pacto verde europeo.
e.2. A Axencia Galega de Innovación, no compromiso coa investigación e innovación responsable (IIR) e en consonancia coa Axenda 2030, a través desta actuación impulsa no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i. Na práctica, a IIR impleméntase como un conxunto de medidas que inclúen e facilitan a participación de múltiples axentes e das persoas na investigación e na innovación, permitindo un acceso máis sinxelo aos seus resultados, a incorporación do xénero e da ética no contido e no proceso de I+D+i, así como na educación científica formal e informal.
Neste sentido, outorgarase ata un máximo de 3 puntos pola adecuación argumentada do aliñamento dos obxectivos do proxecto con polo menos 3 dos seguintes criterios:
a) A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde da cidadanía.
b) A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.
c) A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, da enxeñaría e da tecnoloxía entre a sociedade en xeral.
d) A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.
e) A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.
e.3. Igualdade de xénero (2 puntos): participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto.
e.4. Integración de persoas con diversidade funcional (máximo 1 punto).
e.5. Xeración de emprego (máximo 2 puntos): valorarase o número de empregos creados e a duración dos contratos.
e.6. Plan de comunicación e difusión do proxecto (máximo 2 puntos): valorarase especialmente a difusión dos resultados do proxecto en foros internacionais relevantes para o contido do proxecto ou vinculado con innovación, en liña coa RIS3 2021-2027, que ten entre os seus fins a consolidación da «Marca Galicia» a nivel internacional tamén no ámbito da I+D+i. Concederase 1 punto se o plan de comunicación ten impacto no ecosistema galego de I+D+i, e 2 puntos se ten impacto internacional.
e.7. Concello emprendedor: máximo 2 puntos.
Considérase concello emprendedor aquel que voluntariamente se una á iniciativa galega de concellos emprendedores promovido pola Administración autonómica, co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, con plenas garantías de sustentatibilidade económica e con redución das barreiras normativas e administrativas, en aplicación da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. A relación de concellos emprendedores pode consultarse neste enderezo: https://galiciaempresa.xunta.gal/concellos-emprendedores
Artigo 23. Procedemento de avaliación
1. De cada proxecto faranse dúas avaliacións realizadas por persoal asesor científico externo que sexan especialistas na materia á cal o proxecto se refira. Este persoal asesor avaliará os puntos 1, 2 e as letras a), b), c), d) do punto 3 do artigo anterior.
Ademais, revisarán se o proxecto cumpre cos requisitos para considerarse STEP, de acordo co Regulamento (UE) nº 2024/795, do 29 de febreiro de 2024, polo que se crea a Plataforma de tecnoloxías estratéxicas para Europa (STEP). No caso de que non sexa así, poderán propoñer unha clasificación alternativa do proxecto como non STEP, polo que este optaría igualmente a poder obter a subvención coas intensidades previstas no artigo 4.1.a).
2. Os proxectos que non superen o limiar previsto no artigo anterior para os punto 1 (excelencia) e 2 (calidade e eficiencia na implantación do proxecto) non poderán ser subvencionados. Os diferentes criterios de avaliación especificados no artigo 22 avaliaranse secuencialmente e terán carácter excluínte. Isto é, de non superarse o limiar da epígrafe 1, non se continuará coa avaliación do resto das epígrafes.
No caso de que a diferenza entre as puntuacións das avaliacións externas sexa inferior a 15 puntos, a puntuación final corresponderá á media aritmética das dúas avaliacións. De existir unha discrepancia de 15 puntos ou máis entre as dúas avaliacións externas, farase unha terceira avaliación e a puntuación final será a media aritmética das dúas avaliacións cuxa discrepancia entre si sexa a máis próxima e inferior a 15 puntos. No caso de que a discrepancia entre as tres avaliacións sexa igual ou superior a 15 puntos, a puntuación final corresponderá á media aritmética das tres.
O persoal xestor técnico da Axencia Galega de Innovación avaliará a epígrafe 3.e) do artigo 22, e emitirá un informe técnico de idoneidade en que se determinará, co apoio de persoal experto externo, se for necesario, o custo subvencionable do proxecto e a intensidade de axuda que lle corresponde segundo o establecido no artigo 4. No informe técnico de idoneidade farase constar expresamente que, en cada un dos proxectos avaliados, concorren os requisitos para entender que se cumpre o efecto incentivador.
Deberán absterse de avaliar un proxecto as persoas que estean vinculadas con el por calquera circunstancia e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015. Así mesmo, asinarán unha declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI), na cal se declare que non se atopa incurso en ningunha situación que poida cualificarse de conflito de intereses, das indicadas no artigo 61.3 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de xullo (Regulamento financeiro da UE).
3. Será requisito necesario para que un proxecto poida ser subvencionado que alcance un mínimo de 60 puntos.
4. En caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes, utilizarase como criterio de desempate o de maior puntuación sucesivamente nos criterios 1, 2 e 3 do artigo 22 por esa orde. No suposto de que persista o empate, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, decidirase a favor do proxecto no cal a empresa participante implantara un plan de igualdade, identificado no formulario electrónico de solicitude polo seu localizador no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo, de acordo co establecido no artigo 11 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro. En último termo, o criterio de desempate atenderá á orde de presentación da solicitude pola entidade beneficiaria.
5. Os proxectos propostos para ser subvencionables que acaden a puntuación mínima de 60 puntos listaranse por orde decrecente de puntuación.
6. Elaborarase unha lista que incluirá os proxectos non STEP e os proxectos STEP ordenados por orde decrecente de puntuación e subvencionaranse as propostas ata o esgotamento do crédito orzamentario correspondente a cada liña.
Artigo 24. Proposta de resolución
1. O órgano instrutor formulará proposta de resolución provisional debidamente motivada, despois de examinar os expedientes e a acta emitida pola Comisión de Selección. Esta proposta provisional farase pública na páxina web da Axencia Galega de Innovación. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.
2. Os proxectos que non acaden a puntuación mínima de 60 puntos non terán dereito a subvención.
3. A proposta de resolución provisional incluirá a puntuación para cada proxecto admitido, así como as causas que determinaron a non admisión das restantes solicitudes. Para os proxectos admitidos, indicaranse aqueles que superaron a puntuación mínima exixida e aos que se lles denegou a subvención por non acadar a devandita puntuación.
4. As entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez días hábiles, que contarán a partir do día seguinte ao da data de publicación da proposta provisional, para formular as alegacións que consideren oportunas e achegar a documentación xurídico-administrativa que se indica a continuación:
1º. Poder da persoa representante que presenta a solicitude verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar rexistrado no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG). Entenderase acreditada a representación, sen necesidade de achegar documentación adicional, se a sinatura da solicitude se realizou cun certificado electrónico cualificado de representante de persoa xurídica por unha persoa que teña poder xeral de representación da empresa ante a Administración, de acordo co disposto no artigo 34 do Real decreto 2023/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos (en diante, Real decreto 2023/2021).
2º. Contrato/s de subcontratación subscritos con organismo/s e/ou empresa/s, debidamente asinados por ambas as partes nos supostos en que o importe da subcontratación supere os 60.000 € e que o devandito importe exceda o 20 % da axuda concedida.
3º. No caso de representación mancomunada, anexo de comprobación de datos das persoas representantes mancomunadas (anexo II) e anexo de autorización das persoas representantes mancomunadas (anexo III).
4º. Anexo de comprobación de datos do equipo investigador (anexo IV).
5º. Anexo de declaración responsable do cumprimento do principio DNSH (anexo IX).
6º. Acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003:
i. Para sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
ii. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación emitida por un/unha auditor/a rexistrado/a no Rexistro Oficial de Auditores de Contas do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
As empresas incluídas no punto 1 poderán acreditar tamén a devandita circunstancia por algún dos medios de proba previstos na letra b) do artigo 13.3.bis da Lei 38/2003.
5. Tanto a documentación indicada como as alegacións deberán presentarse accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 19.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
6. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
8. Unha vez examinadas as alegacións e a documentación presentada formularase a proposta de resolución definitiva, que deberá expresar as entidades solicitantes para as que se propón a concesión da subvención, o proxecto subvencionado e o importe da subvención proposta.
9. As propostas de resolución provisional e definitiva non crean dereito ningún a favor do beneficiario proposto fronte á Administración mentres non se lles notifique a resolución de concesión.
Artigo 25. Resolución
1. O órgano instrutor elevará a proposta de resolución definitiva á persoa titular da dirección da Axencia Galega de Innovación para que dite a correspondente resolución de concesión, debidamente motivada, de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009.
2. A proposta de resolución definitiva incluirá, de forma individualizada, as solicitudes propostas para obter a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención concedida para cada unha delas ou, de ser o caso, a causa de denegación.
No expediente de concesión de subvencións tamén se incluirá o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.
3. A resolución prevista nestas bases expresará, como mínimo:
a) O título do proxecto e das entidades beneficiarias da axuda.
b) O importe global da axuda concedida.
c) En caso de solicitudes denegadas, a causa de denegación.
d) A desestimación expresa do resto de solicitudes.
4. En todo caso, deberase notificar a cada entidade beneficiaria un documento que estableza as condicións da axuda para a operación (DECA) que deberá incluír, como mínimo, a identificación da entidade beneficiaria, a contía da subvención e as obrigas de cada entidade, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro, o calendario de execución e o método que se aplicará para determinar os custos da operación e as condicións de pagamento da axuda. Dado que a convocatoria se financia con fondos do programa de Galicia Feder 2021-2027, notificarase ás persoas interesadas os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).
O contido do DECA notificado deberá ser aceptado polo beneficiario, e para tal fin asinará e remitirá ao órgano concedente un documento en que acepta as obrigas e compromisos do DECA e declara que cumpre as condicións requiridas para poder ser beneficiario de axuda Feder, en particular as relativas ao tamaño da empresa e a non consideración de empresa en crise.
5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución á persoa interesada será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen ditarse resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.
6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015. Con todo, ademais da notificación individual de concesión da axuda, a resolución de concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.
7. As entidades que resulten beneficiarias deberán presentar, no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da axuda, un informe de avaliación positivo do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH) realizado por unha entidade acreditada pola ENAC. No caso de non presentar o dito informe no prazo indicado, revogarase a axuda concedida.
Artigo 26. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (en diante, Lei 4/2019) as notificacións electrónicas efecturanse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta ao dispor das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta ao dispor da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora e do procedemento administrativo común.
Artigo 27. Modificación da resolución
1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión. Con todo, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, estas poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.
b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, á determinación da entidade beneficiaria, nin danen dereitos de terceiros.
c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de concorrer na concesión inicial, non poderían supoñer a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.
2. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión e, en todo caso, a modificación da resolución deberá obter autorización previa da Axencia Galega de Innovación.
3. En ningún caso se admitirán solicitudes de modificación posteriores á data prevista de finalización do proxecto. Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, non se admitirán cambios con data anterior á entrada no rexistro da solicitude de modificación.
4. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Galega de Innovación, logo de instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle á persoa interesada.
5. Na solicitude de modificación expresaranse os motivos das modificacións que se propoñen, xunto coa xustificación da imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión, e o seu impacto nas horas de traballo efectivas declaradas na solicitude. Esta solicitude de modificación deberá xustificarse nos mesmos termos e co mesmo nivel de detalle que os indicados na fase de solicitude. O órgano concedente avaliará a xustificación e pertinencia da modificación solicitada e a súa adecuación ao plan de traballo.
6. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, cada beneficiario poderá solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas, modificando cada anualidade cun límite do 40 % do custo total concedido por beneficiario, variando proporcionalmente calquera das anualidades orzadas e que non estean xustificadas. O prazo para solicitar esta redistribución de anualidades finaliza tres meses antes do remate do período de execución da primeira anualidade afectada.
Artigo 28. Información e publicidade
A Axencia Galega de Innovación informará ás entidades beneficiarias de que a aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións que publicará nun sitio web a Autoridade de Xestión, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
Artigo 29. Información ás persoas interesadas
1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación a través dos seguintes medios:
a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa lapela de axudas.
b) Nos teléfonos 881 99 91 21 e 881 99 91 62 da devandita axencia.
c) Na dirección electrónica servizos.gain@xunta.gal
d) Na Guía de procedementos e servizos administrativos na dirección http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento e as incidencias no funcionamento na sede electrónica poderá facerse uso do teléfono de Información xeral da Xunta de Galicia 012.
3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ) da Lei 9/2007, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 6 e seguintes da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (en diante, Lei orgánica 3/2018).
4. En cumprimento do previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, o texto da convocatoria e a información requirida serán comunicadas á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación de acordo co establecido no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas.
Artigo 30. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (en diante, Lei 1/2016) e no artigo 15 da Lei 9/2007.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigacións previstas no título I da citada lei.
Artigo 31. Renuncia
A renuncia á subvención (anexo V) deberá presentarse accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que incorpore as sinaturas que correspondan ás persoas coa capacidade de obrar en nome da entidade beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da devandita norma.
Artigo 32. Obrigas das entidades beneficiarias
1. Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria e normativa de aplicación, as entidades beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:
a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como cumprir os requisitos, prazos e condicións establecidas nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento en que se establecen as condicións de axuda.
b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión da subvención.
c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.
d) Fornecer á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016.
e) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ou en xeral as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 a realizar por organismo intermedio, a autoridade de xestión e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control como a Oficina de Loita Contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao/á beneficiario/a, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
f) Comunicar á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
g) Desenvolver as actividades na Comunidade Autónoma de Galicia. Os diferentes equipamentos que se adquiran deben incorporarse a un centro de traballo permanente e legalmente constituído nesta comunidade autónoma.
h) Solicitar á Axencia Galega de Innovación autorización previa para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable supoñerá a non admisión das cantidades desviadas.
i) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipamentos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web da empresa. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «subvencionado pola Axencia Galega de Innovación» e cofinanciado pola Unión Europea.
As instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade da axuda estarán á disposición na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), no seu epígrafe Axudas.
j) Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, en relación coa publicidade do financiamento, segundo o previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, a entidade beneficiaria deberá, durante a realización da operación:
1. Na súa páxina web oficial, cando exista a dita web, e nas súas contas de redes sociais fará unha breve descrición da operación, de forma proporcionada en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacará a axuda económica da Unión Europea.
2. Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación achegará unha declaración que destaque de forma visible as axudas da Unión Europea.
3. Exhibirá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos.
En todas as obrigas anteriores deberá empregarse o emblema europeo xunto a unha declaración sinxela en relación ao cofinanciamento, que mencione o apoio recibido da Unión Europea («Cofinanciado pola Unión Europea») e máis o logotipo de Fondos Europeos. Estes emblemas e logotipos, listos para o seu uso, poden descargarse no seguinte enlace: https://www.conselleriadefacenda.gal/documents/20696201/20982442/Logos_web.zip
Cando varias actuacións teñan lugar no mesmo emprazamento só é preciso colocar unha placa ou cartel.
Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, as entidades beneficiarias deberán conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elaboren no marco da actuación. Este material deberase poñer á disposición da Xunta de Galicia ou das institucións da Unión Europea se o solicitaren.
Respectaranse, en todo caso, as directrices contidas no documento sobre «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027» (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
k) No caso de persoal de nova contratación, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento pola Unión Europea e á presente convocatoria.
Para o resto de persoal dedicado ás actividades do proxecto, a entidade beneficiaria deberá comunicar por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser cofinanciado pola Unión Europea, e incluirá unha mención expresa á presente convocatoria.
l) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder, e conservar a documentación xustificativa relativa a esta subvención, durante un prazo de cinco anos, a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
m) Facilitar cantos datos resulten necesarios no marco da avaliación da RIS3 de Galicia, do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 ou doutros mecanismos relacionados coa medición da I+D+i, entre outros, as enquisas do INE. Tendo en conta que a localización do proxecto ten que ser Galicia, os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar consignados á Comunidade Autónoma de Galicia.
No marco de seguimento e avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias. Para tales efectos, e por indicación da Axencia Galega de innovación, durante a execución e ao finalizar a axuda (expost), as entidades beneficiarias deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores, entre os que se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i.
Así mesmo, informarase do nivel de logro dos indicadores de realización e resultado asociados á actuación cofinanciada con Feder, ao mesmo tempo que se presenta a xustificación dos gastos.
n) Comprometerse a evitar os impactos negativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar un prexuízo significativo» (principio Do not significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
ñ) Facilitar os datos do titular real dos perceptores de financiamento da Unión Europea, en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, no caso de que, requirida a dita información ás autoridades competentes, non poidan dispoñer dela.
o) Facilitar as inspeccións e comprobacións que efectúe o persoal técnico da Axencia Galega de Innovación, e presentar toda a documentación que se requira para verificar o axeitado cumprimento das condicións en que foi outorgada a axuda, así como o correcto desenvolvemento técnico e económico do proxecto.
p) Executar o plan de comunicación e difusión establecido no artigo 16 desta convocatoria.
q) En toda a documentación xerada en relación cos proxectos e nos materiais de difusión utilizarase unha linguaxe inclusiva e non sexista, e velarase pola transmisión dunha imaxe igualitaria, non asociada a roles de xénero e que ofreza unha imaxe diversa tanto das mulleres coma dos homes.
r) Ter o seu domicilio social ou un centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia e realizar nesta comunidade autónoma as actividades subvencionadas.
s) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.
Artigo 33. Xustificación da subvención
1. a) Período de realización de gastos:
|
Anualidade 2026 |
Desde |
Data de presentación da solicitude |
|
Ata |
31 de decembro de 2026 |
|
|
Anualidade 2027 |
Desde |
1 de xaneiro de 2027 |
|
Ata |
31 de decembro de 2027 |
|
|
Anualidade 2028 |
Desde |
1 de xaneiro de 2028 |
|
Ata |
30 de setembro de 2028 |
b) Prazos de xustificación (presentación da documentación):
|
Anualidade 2026 |
Ata o 31 de xaneiro de 2027 |
|
Anualidade 2027 |
Ata o 31 de xaneiro de 2028 |
|
Anualidade 2028 |
Ata o 15 de outubro de 2028 |
2. Os gastos xustificados corresponderán ás partidas e conceptos aprobados na resolución de concesión ou, de ser o caso, na posterior resolución de modificación. Do mesmo xeito, os investimentos e gastos previstos deberán realizarse sempre dentro do período especificado de realización do proxecto.
3. Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes seguinte a aquel en que a entidade beneficiaria lle corresponda liquidar eses gastos. Do mesmo xeito, a factura e o pagamento dos custos de auditoría poderán realizarse durante o período de xustificación económica.
4. A xustificación da execución dos custos das actividades para os que se concede a axuda deberá facerse accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, e cubrindo o formulario de achega de documentación xustificativa.
5. Deberá presentarse a documentación xustificativa económica e técnica necesaria para acreditar a execución das actividades e os gastos implicados no proxecto.
As instrucións detalladas, os formularios correspondentes e documentos tipo para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), sendo preciso presentar a documentación de maneira ordenada seguindo a estrutura establecida nas devanditas indicacións.
6. Sen prexuízo da documentación que se indique, poderán requirirse información, datos, documentos complementarios e aclaracións que resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
7. Soamente serán admitidos os custos para os cales quede demostrada de maneira explícita a súa rastrexabilidade, con pistas de auditoría suficientes para a súa verificación, e que cumpran os requisitos e preceptos establecidos na presente convocatoria e normativa de aplicación.
8. A Axencia Galega de Innovación comprobará o cumprimento dos requisitos e condicións, e a validez dos datos que figuren na documentación achegada, así como a súa adecuación coa información achegada pola entidade beneficiaria na súa solicitude e que deu lugar á avaliación do proxecto.
9. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, a empresa non presenta a documentación pertinente, a Axencia Galega de Innovación requiriralle para que no prazo improrrogable de dez días a presente, advertíndoa de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de recibir cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.
10. Sen prexuízo da documentación xustificativa indicada, poderá requirirse á entidade beneficiaria que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
Artigo 34. Documentación xustificativa económica
1. Para a xustificación económica da subvención, a empresa beneficiaria achegará a seguinte documentación, cuxos modelos estarán dispoñibles na web da Axencia Galega de Innovación xunto coas instrucións necesarias, a través da Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:
a) Solicitude de libramento da axuda asinada polo representante legal.
b) Resumo global de execución do proxecto. Neste documento incluiranse a totalidade dos conceptos subvencionables, os datos do provedor, o importe (IVE excluído) e outros datos requiridos. Todos estes datos presentaranse agrupados por anualidades, segundo o período de execución de gasto que corresponda, de acordo co establecido no artigo 33.
c) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado. Todos estes datos presentaranse agrupados por anualidades, segundo o período de execución de gasto que corresponda, de acordo co establecido no artigo 33.1.
d) Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias, extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor.
Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número de factura e a satisfacción do importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto a que se refiren. No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento.
No caso en que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase dunha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, será necesario achegar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da empresa selada polo banco coa relación detallada das facturas e copia destas.
En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibos do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.
e) Para a xustificación de custos de persoal, deberá achegarse:
i. Certificación dos custos de persoal debidamente asinada, segundo os formularios normalizados da convocatoria, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ás actividades do proxecto, que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta e líquida mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e seguridade social) segundo a dedicación de cada persoa traballadora ás actividades do proxecto.
ii. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao proxecto subvencionado asinadas por cada persoa traballadora e a persoa responsable da entidade, segundo o formulario normalizado.
iii. Declaración asinada pola persoa responsable de recursos humanos cos importes mensuais de retencións do IRPF das persoas traballadoras dedicadas ás actividades do proxecto, acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe considerarase xustificado coa presentación da citada declaración quedando as entidades obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo de un mes desde a data límite de xustificación establecida na convocatoria.
iv. Copias das nóminas das persoas traballadoras dedicadas ás actividades do proxecto e copias dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores e o concepto, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste nun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a listaxe da orde de transferencia en que se detallen as distintas persoas traballadoras incluídas, que deberá estar selada pola entidade bancaria.
v. Boletíns de cotización á Seguridade Social e os seus xustificantes de pagamento. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, as entidades quedarán obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo de dun mes desde a data límite de xustificación establecida na convocatoria.
vi. Xustificación da comunicación por escrito ao persoal traballador de que parte do seu salario está cofinanciado pola Unión Europea.
vii. Informe de vida laboral que comprenda todo o período en que se desenvolve o proxecto, referido á data de finalización deste. No caso de persoal autónomo, certificado de vida laboral referido á data de finalización do proxecto. No caso de persoal de nova contratación, este informe de vida laboral deberá comprender un período mínimo de 3 meses anteriores á data de inicio do seu contrato, para comprobar que cumpre o requisito exixido no artigo 8 da convocatoria.
viii. Informe individual de datos para a cotización (IDC) dos traballadores que participan no proxecto.
ix. Para o persoal de nova contratación deberá presentarse a copia do contrato en que se poida verificar que a persoa traballadora se dedica exclusivamente ao proxecto e o resto dos requisitos exixidos nesta convocatoria, xunto coa certificación da súa titulación académica e o curriculum vitae.
x. De ser o caso, certificado acreditativo do grao de discapacidade do persoal contratado.
f) No caso de que o importe final xustificado sexa inferior ao importe pagado como anticipo deberá presentar carta de pagamento de reintegro conforme o artigo 48.g) do Decreto 11/2009.
g) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto, procedentes de calquera Administración ou ente pública ou privado, nacional ou internacional.
h) Certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a entidade beneficiaria está ao día nas súas obrigacións tributarias, no caso de que se opoña á súa consulta por parte do órgano xestor ou non a autorice expresamente no caso das certificacións que deba emitir a AEAT.
i) De ser o caso, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso da prestación do servizo ou entrega do ben, ou declaración da non existencia de provedores suficientes no mercado.
j) No caso de equipamentos e material instrumental, declaración asinada polo representante legal da empresa en que se detalle:
1. Que o equipamento e material instrumental imputado á subvención non foi adquirido con fondos ou axudas públicas.
2. De ser o caso, o cadro de amortización de cada equipo calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso esta documentación deberá acompañarse dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A Axencia Galega de Innovación poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da empresa.
k) No caso de subcontratacións deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Copia da factura emitida pola entidade subcontratada en que se especifique claramente o título e contido das actividades do plan financiadas.
b) Xustificantes de pagamento da/das factura/s da subcontratación.
c) Memoria xustificativa realizada polo subcontratista en que se detallen os traballos da execución das actividades contratadas do plan.
d) Contrato coa entidade subcontratada nos supostos de que sexa obrigatorio segundo se establece no artigo 12.
l) No caso de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade con respecto ao IVE.
m) Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto, financiado con cargo a esta axuda, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración ou ente pública ou privado ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coas horas efectivas de dedicación ao proxecto, a totalidade da súa xornada laboral.
n) Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade, conforme o Regulamento (UE) nº 2021/1060.
Artigo 35. Documentación xustificativa técnica
1. A documentación xustificativa técnica para o proxecto constará de:
1º. Informe técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación. No informe indicarase con detalle o grao de avance das actividades e tarefas do proxecto, así como calquera modificación realizada con respecto á resolución de concesión da axuda. Para estes efectos, explicaranse as desviacións temporais, técnicas e económicas acontecidas durante o transcurso da execución do proxecto, así como as medidas correctoras adoptadas. Este informe incluirá unha epígrafe relativa ás actividades do plan de comunicación e difusión do proxecto.
2º. Memoria libre que describa o grao de consecución dos obxectivos definidos para o proxecto, en que se deberá incluír a xustificación do cumprimento das normas de publicidade do artigo 32.
Artigo 36. Pagamento
1. O pagamento da axuda da Axencia Galega de Innovación efectuarase á entidade beneficiaria ou entidade con dereito á cobramento desta, logo de verificación da documentación xustificativa presentada e as accións de inspección e verificación preceptivas.
2. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta da subvención concedida. De acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, e tras a autorización do Consello da Xunta de Galicia, estes pagamentos poderán alcanzar ata o 90 % da axuda concedida.
Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías, de acordo co establecido no artigo 67.4 do Decreto 1/2009, conforme a autorización do Consello da Xunta de Galicia.
3. Pagamentos anticipados.
Poderán autorizarse pagamentos anticipados de ata o 80 % da subvención total concedida en aqueles supostos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009. Estes anticipos non poderán superar a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario, de conformidade co artigo 63.1.2 do Decreto 11/2009.
A entidade beneficiaria que queira solicitar o anticipo deberá presentar a solicitude segundo o modelo que estará á súa disposición na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal) e na cal se incluirá unha declaración responsable de iniciar as actividades do proxecto, así como achegar a documentación complementaria indicada:
a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
b) Certificados de estar ao corrente coa Seguridade Social, Facenda e Facenda autonómica no caso de que se opoña á súa consulta por parte do órgano xestor ou non a autorice expresamente no caso das certificacións que deba emitir a AEAT.
c) Para o primeiro pagamento, certificación bancaria actualizada onde se materializará o pagamento.
A entidade beneficiaria poderá presentar a solicitude de anticipo antes do remate da anualidade correspondente.
A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
No caso de que a os gastos incorridos na anualidade correspondente sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, detraerase do importe a pagar, de ser o caso, no anticipo da seguinte anualidade ou, en todo caso, no pagamento desta.
4. Ademais, con carácter previo ao pagamento final da subvención, será obrigatoria unha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación para comprobar a realización das actividades desenvoltas no proxecto de innovación.
Tras esta inspección efectuarase unha avaliación da execución e emitirase un informe en que se indique o grao de cumprimento, por parte das entidades beneficiarias, das tarefas, compromisos, obxectivos e condicións do proxecto. Nesta avaliación valorarase a adecuación técnica e económica do proxecto ao plan de traballo establecido.
5. Nas visitas de inspección poderá requirirse ás entidades beneficiarias que presenten cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para verificar o cumprimento das obrigas e a realización efectiva do proxecto.
Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá realizar ao longo do proxecto, as accións de comprobación que considere axeitadas para verificar o cumprimento das condicións técnicas e económicas exixidas ao beneficiario, incluíndo visitas presenciais cando o persoal técnico da axencia o estime necesario.
6. A Axencia Galega de Innovación poderá solicitar un novo informe que acredite que se respecta o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852, co fin de verificar que se respectou este principio durante a execución da actividade financiada.
Artigo 37. Perda do dereito ao cobramento da subvención
1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da entidade beneficiaria de estar ao corrente das obrigas coa Facenda Estatal e Autonómica e coa Seguridade Social.
2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro, se non se tivese aboado a axuda.
3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.
Artigo 38. Causas de reintegro
1. A persoa beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da dita axuda. De non ser así, perderá o dereito ao cobramento e/ou, se for o caso, procederá ao reintegro da subvención.
Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o procedemento de reintegro previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.
Son causas de reintegro as seguintes:
1º. O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos pola persoa beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.
2º. O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do plan inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.
3º. O incumprimento da obrigación de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.
4º. O incumprimento da obrigación de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 16 desta convocatoria.
5º. A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, de rexistro ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
6º. A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por encima do custo das actividades subvencionadas ou dos límites da normativa de aplicación.
7º. Non comunicar a obtención de outras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.
8º. O incumprimento de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852.
9º. Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.
Artigo 39. Criterios de gradación dos incumprimentos
1. O incumprimento dos obxectivos da axuda, das actividades previstas no proxecto ou das condicións establecidas na resolución de concesión da axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da xustificación, será causa de reintegro total da subvención.
En particular, serán causa de reintegro total da axuda e, de ser o caso, da perda do dereito ao cobramento, os seguintes supostos:
a) O incumprimento total e manifesto dos obxectivos da axuda, das actividades previstas no proxecto ou das condicións establecidas na resolución de concesión da axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da subvención.
En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando o custo xustificado sobre o custo total subvencionable do proxecto sexa inferior ao 60 %. Procederase de xeito análogo cando exista un informe final negativo que reflicta unha porcentaxe de incumprimento superior ao 40 %, por non se satisfaceren correctamente os compromisos e os obxectivos do proxecto.
b) Non someterse ás actuacións de comprobación e/ou control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico estatal ou comunitario, en particular o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ou en xeral as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 a realizar polo organismo intermedio, a autoridade de xestión e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control como a Oficina de Loita Contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
c) O incumprimento da obriga de comunicar a obtención doutras axudas, para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
2. Incumprimento parcial. Serán causa de reintegro parcial da axuda e, de ser o caso, da perda do dereito ao cobramento das cantidades pendentes de percibir, os seguintes supostos:
a) O incumprimento dos obxectivos parciais por non realizar as actividades previamente planificadas e descritas na memoria técnica, determinado a través dos mecanismos de seguimento, control e comprobación, implicará a redución da axuda de xeito proporcional ao incumprimento das actividades non realizadas, cuxo alcance se determina no informe indicado no artigo 36.4.
d) O incumprimento de dar publicidade ao financiamento do proxecto suporá o reintegro dun máximo do 3 % da subvención concedida. As obrigas de publicidade previstas no artigo 32 destas bases deberán xustificarse en todo caso para cobrar a subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.
c) O incumprimento da exixencia de autorización previa para realizar modificacións no desenvolvemento dos proxectos aprobados suporá a devolución da axuda de xeito proporcional ao incumprimento realizado.
d) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder, suporá unha penalización dun 2 % da subvención concedida.
e) Non facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e avaliación destas axudas no marco da avaliación da RIS3 Galicia e do proxecto Galego de Investigación e Innovación 2025-2027 ou doutros instrumentos relacionados coa medición da I+D+i, entre outros, as enquisas do INE, segundo o establecido no artigo 32 desta convocatoria, será causa de reintegro do 5 % da subvención concedida.
f) No caso de que o custo total do proxecto validamente xustificado sexa inferior ao orzamento mínimo subvencionable (100.000 €), reducirase a axuda aplicando unha porcentaxe do 10 % do custo deixado de xustificar, sempre que as circunstancias que imposibilitaran o cumprimento do orzamento mínimo respondan a causas sobrevidas debidamente motivadas e Gain considere acreditado o cumprimento dos obxectivos do proxecto. En caso contrario considerarase un incumprimento total da axuda.
g) Non respectar as condicións do artigo 8.1.b) relativo ao persoal de nova contratación será causa de reintegro de ata o 2 % da subvención concedida.
3. Se o incumprimento derivase da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.
4. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas para determinar o alcance do incumprimento que, en todo caso, se graduará conforme o principio de proporcionalidade.
5. Excepcionalmente, se o incumprimento deriva de causas de forza maior, causas non imputables ao beneficiario ou non previsibles ao longo do desenvolvemento do proxecto, a Axencia Galega de Innovación poderá revisar a aplicación das penalizacións en función do grao e da entidade da condición incumprida e sempre que se cumprisen as actividades e obxectivos do proxecto e se alcanzase un informe final positivo.
Artigo 40. Procedemento de reintegro
1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican nos artigos 37, 38 e 39 desta convocatoria, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007.
2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, e a exixencia dos xuros de mora correspondentes desde o momento do pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.
3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas e comunicarase á entidade beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.
4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa.
5. Sen prexuízo do anterior, as entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.
Artigo 41. Prescrición
1. O dereito da Administración para recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro (4) anos, sen prexuízo do establecido na normativa de axudas de Estado.
2. Este prazo computarase, en cada caso:
a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte da entidade beneficiaria.
b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no punto 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.
c) No caso de que se establecesen condicións ou obrigas que debesen ser cumpridas ou mantidas por parte da entidade beneficiaria durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu devandito prazo.
3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:
a) Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal da entidade beneficiaria, que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.
b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal, ou pola presentación de denuncia ante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal da entidade beneficiaria no curso dos devanditos recursos.
c) Por calquera actuación fidedigna da entidade beneficiaria, conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.
Artigo 42. Control
1. A Axencia Galega de Innovación poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxecto das subvencións.
En calquera momento, poderanse realizar visitas ás entidades beneficiarias coa finalidade de realizar comprobacións e solicitudes de aclaracións que se consideren necesarias para a verificación do correcto desenvolvemento das actividades para as que se concedeu a axuda, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de procedencia dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou o desvío dos obxectivos para os que se concederon, poderá propoñer a suspensión da subvención concedida.
2. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e a Lei 9/2007. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.
3. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar ás entidades beneficiarias, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.
4. Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ou en xeral as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 que realizará o organismo intermedio, a autoridade de xestión, e de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control como a Oficina de Loita Contra o Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
5. Previamente ao pagamento final da subvención, será obrigatorio que a Axencia Galega de Innovación realice unha actividade de inspección. Ademais desta actividade final de inspección, a Axencia, no marco dos seus plans de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.
A comprobación dará lugar a un informe técnico positivo ou negativo. O segundo caso supoñerá, de acordo co disposto nesta convocatoria, unha minoración da axuda igual á porcentaxe de incumprimento sinalado no informe técnico, a condición de que o incumprimento non supere o 40 por cento do investimento concedido, suposto en que procederá o reintegro total.
6. Conforme o sinalado no artigo 30 da Lei 9/2007, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento por parte da Axencia Galega de Innovación, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade, asinada tanto polo representante da Administración como pola entidade beneficiaria.
Artigo 43. Publicidade
No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.
Artigo 44. Medidas antifraude
Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/Denan.aspx
Artigo 45. Lexislación aplicable
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento, e de maneira supletoria a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.
b) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
c) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados.
d) Orden HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.
e) Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro.
f) A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
g) Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE núm. L124, do 20.5.2003).
h) Comunicación 2003/C 118/03 da Comisión. Exemplo de declaración sobre a información relativa á condición de peme dunha empresa (DOUE núm. C118, do 20.5.2003). Corrección da Comunicación 2003/C 118/03 da Comisión no que se refire á nota explicativa relativa aos tipos de empresas consideradas para calcular os efectivos e importes financeiros (DOUE núm. C42, do 18.2.2005).
i) Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 19, do 27 de xaneiro).
j) Regulamento (UE) nº 2021/1058, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.
k) Regulamento (UE) nº 2024/795, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de febreiro de 2024, polo que se crea a Plataforma de tecnoloxías estratéxicas para Europa (STEP).
Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento
Facúltase a directora da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación


