DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 27 de marzo de 2026 Páx. 20395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2026 que resolve a publicación do emprazamento a todas as persoas que solicitaron concorrer ás probas selectivas convocadas pola Resolución do 15 de outubro de 2025 para o acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre, publicada no Diario Oficial de Galicia do 28 de outubro de 2025.

Pola Resolución reitoral do 12 de marzo de 2026 remitirase ao Tribunal de Instancia da Sección do Contencioso-Administrativo praza número 1 de Santiago de Compostela, o expediente administrativo relativo ao procedemento abreviado núm. 49/2026, interposto por Mª Alicia Ferreiro Domínguez, contra a Resolución reitoral do 9 de decembro de 2025, que desestima o recurso de reposición interposto pola recorrente contra a Resolución do 15 de outubro de 2025 pola que se convocan probas selectivas para o acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre, e emprázanse as persoas que aparezan como interesadas nel e que poidan resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.

En aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia, no prazo de nove (9) días contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para o seu dereito, mediante avogado e procurador ou valéndose tan só dun avogado con poder para estes efectos, co obxecto de que poidan formular no dito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, se non compareceren dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

(Resolucion da Secretaría Xeral, do 12 de marzo de 2026)
Antonio López Díaz
Reitor en funcións da Universidade de Santiago de Compostela