O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 5 de marzo de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado Estudo de detalle da parcela de equipamento cultural de Palavea, para a definición de aliñacións, ordenación de volumes e concreción de condicións estéticas. Febreiro de 2026, promovido polo Concello da Coruña e asinado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada, Beatriz Aneiros Filgueira e Laura Fernández Suárez, cos números de COAG 1047, 2137 e 12752, respectivamente, pertencentes á empresa Fernández Carballada y Asociados, S.L.P.
Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do Regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.
Terceiro. Notificar este acordo ao equipo redactor e aos departamentos municipais interesados na tramitación do expediente.
O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e de forma dixital na sede electrónica deste Concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamento/ planeamento vixente», ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor «desenvolvemento do planeamento».
Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme co dereito.
A Coruña, 9 de marzo de 2026
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Estratéxica
