Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 17, do 27 de xaneiro de 2026, procede facer as seguintes correccións:
Na páxina 7393, no artigo 17, punto 3, letra c), onde di:
«c) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro (DOG núm. 249, do 30 de decembro), de medidas fiscais e administrativas. Así mesmo, deberá certificarse a entrega do complemento asociado aos gastos do programa de doutoramento ás persoas candidatas contratadas nas anualidades correspondentes. Adicionalmente, deberá entregarse unha folla de cálculo coa relación de pagamentos por cada un dos expedientes».
Debe dicir:
«c) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro (DOG núm. 249, do 30 de decembro), de medidas fiscais e administrativas. Adicionalmente, deberá entregarse unha folla de cálculo coa relación de pagamentos por cada un dos expedientes».
Na páxina 7394, no artigo 17, punto 5, letra b), onde di:
«b) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Así mesmo, deberá certificarse a entrega do complemento asociado aos gastos do programa de doutoramento ás persoas candidatas contratadas nas anualidades correspondentes. Adicionalmente, deberá entregarse unha folla de cálculo coa relación de pagamentos por cada un dos expedientes».
Debe dicir:
«b) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Adicionalmente, deberá entregarse unha folla de cálculo coa relación de pagamentos por cada un dos expedientes».
