Expediente: IN407A 2023/520-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS ATI731-ATI724, CS na travesía Matadero e substitución do apoio A3RQ6DEB na ATI724.
Concello: O Porriño.
Feitos:
1. O 29.11.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS ATI731-ATI724, CS na travesía Matadero e substitución do apoio A3RQ6DEB na ATI724.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, no que figura un orzamento total de 112.748,83 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade soterrar un tramo da liña de media tensión aérea (LMTA) ATI724 debido ao seu mal estado. Para isto están previstas as seguintes actuacións no lugar da Relva (parroquia de Torneiros), na travesía Matadero e na rúa Manuel Rodríguez, no concello do Porriño (Pontevedra):
Desmontaxe dos tramos ATI7240295, ATI7240277, ATI7240309, ATI7240306 e ATI7240308, dun total de 1038 metros entre os apoios A3NB0XEU//A3NA9ID3 e A3RQ6DEB//A3RQ6DEB.
Desmontaxe do tramo ATI7240307, de 12 metros de lonxitude, que alimenta o centro de transformación Frigolouro (36PB94). Este centro de transformación estará alimentado polo empalme que se realizará no centro de seccionamento proxectado.
Retirada dos seguintes apoios: A3OHEU84//A3OHEU84, A3OSMHXA//A3OSMHXA, A3OXUL5V//A3OXUL5V, A3PACRS1//A3PACRS1, A3PN3BLB//A3PN3BLB, A3R0PBP2//A3R0PBP2 e A3RQ6DEB//A3RQ6DEB.
Desmontaxe do reconectador 36HSC0 e do XS 36H608.
Desmontaxe do tramo ATI7240304 de liña de media tensión subterránea (LMTS) de 9 metros.
Proxéctase un apoio C-4500/16 en substitución do apoio A3RQ6DEB//A3RQ6DEB.
Retensado dos tramos ATI7240305 e ATI7240308 de dobre circuíto de condutor LAC-80.
Proxéctase un centro de seccionamento compacto de manobra exterior 3L+TT, coas dúas celas de saída telecontroladas vía GPRS/3G, en envolvente prefabricada de formigón, que se situará na travesía Matadero, núm. 6, na parcela con referencia catastral 1279004NG3617N0001WT.
Proxéctase, en dúas actuacións, unha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 398 metros para alimentar o centro de seccionamento proxectado.
Proxéctase, en dúas actuacións, unha LMTS de 40 metros para alimentar o centro de transformación Conf. Hidrográfica Pontenova (36PKC2).
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello do Porriño, ADIF, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), a Demarcación de Estradas do Estado e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.
3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 27.12.2023, publicada nos seguintes medios:
DOG (Diario Oficial de Galicia): 29.1.2024.
Xornal Faro de Vigo: 19.1.2024.
Taboleiro de anuncios do Concello do Porriño, desde o 8.1.2024 ata o 16.2.2024, segundo o certificado emitido polo propio Concello.
Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
4. O 5.8.2024, este departamento territorial, de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, informou as persoas afectadas pola declaración, en concreto, de utilidade pública de que dispuñan dun período de 15 días hábiles para presentar as alegacións e os documentos e xustificacións pertinentes.
Como non foi posible efectuar a notificación a todas as persoas afectadas, este departamento publicou os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 26.3.2025 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 29.3.2025, co fin de realizar a notificación por comparecencia.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 199 metros lonxitude, con orixe na LMTA ATI7240298 no apoio A3NB0XEU//A3NA9ID3 e final no centro de seccionamento (CS) proxectado.
LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 199 metros lonxitude, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final na LMTA ATI7240286 no apoio A3NB0XEU//A3NA9ID3.
LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 14 metros de lonxitude, con orixe na LMTS existente ATI7310802, na arqueta existente na rúa Manuel Rodríguez, e final na LMTS existente ATI7240304, na arqueta existente situada na rúa Manuel Rodríguez.
LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 26 metros de lonxitude, con orixe na LMTA ATI7240287 no apoio A3URFGEK//A3URFGEJ, na rúa Manuel Rodríguez e final na LMTS existente ATI310802, na arqueta existente na rúa Manuel Rodríguez.
Centro de seccionamento (CS) compacto de manobra exterior, 3L+TT, coas dúas celas de saída telecontroladas vía GPRS/3G, en envolvente prefabricada de formigón, situado na parcela con referencia catastral 1279004NG3617N0001WTT, na travesía Matadero 6.
Substitución do apoio A3RQ6DEB//A3RQ6DEB por un apoio C4500/16 e retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado do dobre circuíto ATI7240305 e ATI7240308 (95 metros de condutor LAC-80).
A instalación está situada na Relva (parroquia de Torneiros), na travesía Matadero e na rúa Manuel Rodríguez, no concello do Porriño (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS ATI731-ATI724, CS na travesía Matadero e substitución do apoio A3RQ6DEB na ATI724 (expediente IN407A 2023/520-4).
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:
1. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.
2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
3. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 20 de febreiro de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-Concello do Porriño
|
Núm. |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio m2 |
CS m2 |
Afeccións |
|
|
ml sub. |
m2 sub. |
|||||||
|
3 |
Plateiro |
Urbana |
1279004NG3617N0001WT |
Industrias Frigoríficas del Louro, S.A. |
13,78 |
109,94 |
231,78 |
|
|
4 |
Ribeira |
Urbana |
36039A009005090000DY |
Descoñecido/a |
1,69 |
|||
