Antecedentes.
Mediante a Resolución do 10 de abril de 2025, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Josefa Nieto Cabarcos (ABI/2018/0063).
A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. N. nº 110, do 7.5.2025), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 83, do 2 de maio), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Ferrol, As Pontes de García Rodríguez e Mugardos por prazo non inferior a trinta (30) días naturais.
Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, en que se acredita o seu falecemento o 5 de setembro de 2015 en Ferrol e que non outorgara testamento rexistrado. Así mesmo, figura incorporado o certificado do seu empadroamento no concello das Pontes de García Rodríguez, quedando xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.
Durante a tramitación do procedemento non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente. Así mesmo, comprobouse que, ben que a causante declarouse herdeira do seu esposo premorto –Felicísimo Antonio Formoso Rodeiro– segundo consta en acta notarial do 16 de xuño de 2014, pola contra, polo seu irmán –Jesús Nieto Cabarcos, falecido o 5 de decembro de 2014, solteiro e sen descendencia–, non se ten constancia de que a Sra. Nieto Cabarcos aceptase formalmente a súa herdanza, á cal tiña dereito, polo que, de conformidade co artigo 155.3, parágrafo segundo, da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, se acorda tamén nesta resolución a declaración e a aceptación da herdanza do seu irmán.
Das consultas efectuadas perante o Catastro inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte dos bens hereditarios da persoa finada os bens e os dereitos que se adxudican no punto terceiro desta resolución, que comprenden ademais os herdados do seu esposo premorto, Felicísimo Antonio Formoso Rodeiro, así como tamén os do seu irmán, Jesús Nieto Cabarcos. Todo o anterior, sen prexuízo da inclusión daqueloutros bens e dereitos que se poidan identificar con posterioridade a esta declaración.
A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións efectuadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.
Fundamentos xurídicos:
• Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.
• Código civil, artigos 657 e seguintes.
• Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6 e 20.bis.8.
• Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, título III, artigos 147 e seguintes.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
• Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 14 e 16.
Segundo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de María Josefa Nieto Cabarcos, con DNI 76371282N, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.
Segundo. Acordar igualmente a declaración e a aceptación da herdanza do seu irmán premorto, Jesús Nieto Cabarcos, con DNI 76371335L.
Terceiro. Adxudicarlle á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos identificados da herdanza de María Josefa Nieto Cabarcos, así como os do seu marido e irmán:
a) Bens inmobles urbanos:
– Inmoble soar no lugar de Teupoeira, nº 26, da parroquia de Piñeiro, no municipio de Mugardos (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.035 m2 segundo o Catastro inmobiliario, 1.096 m2 segundo o Rexistro da Propiedade, sobre a que se asenta unha vivenda de 262 m2. Estrema, actualmente: norte, parcela catastral nº 9; sur, parcela catastral nº 18; leste, parcela catastral nº 3; e oeste, pista asfaltada.
Referencia catastral: 4500208NJ6140S0001QI.
Valor catastral: 58.557,42 €.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Pontedeume, tomo 741, libro 80, folla 54, predio 9352.
– Inmoble no lugar Bidueiro, da parroquia de Vilavella, no municipio das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), cunha superficie aproximada de 450 m2, sobre a que se asenta unha vivenda de 199 m2. Estrema: norte, Camiño de Muíño; sur, parcela catastral nº 851; leste, Camiño de Muíño; e oeste, Camiño de Muíño.
Referencias catastrais: 000700100NJ90G0001XL; 000700100NJ90G0000ZK.
Valor catastral: 29.210,53 €.
Inscrición rexistral: non consta.
b) Bens inmobles rústicos:
– Predio número 106 da zona de concentración parcelaria de Ribadeume-Bermui, do municipio das Pontes de García Rodríguez, antes da Capela, monte no sitio de Cal, de 3.790 m2 segundo o Rexistro da Propiedade e 3.610 m2 segundo o Catastro. Estrema: norte, camiño; sur, parcela catastral nº 132; leste, parcela catastral nº 105; e oeste, parcela catastral nº 107.
Referencia catastral: 15071A501001060000TR.
Valor catastral: 23,86 €.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Pontedeume, tomo 600, libro 44, folla 155, predio 7010.
– Predio número 151 da zona de concentración parcelaria de Ribadeume-Bermui, do municipio das Pontes de García Rodríguez, antes da Capela, pasto e monte no sitio da Casa da Costa, de 6.500 m2 segundo o Rexistro da Propiedade e 6.413 m2 segundo o Catastro. Estrema: norte, parcelas catastrais núms. 316, 935, 984, 314 e 313; sur, parcelas catastrais núms. 152 e 156; leste, parcela catastral nº 151; e oeste, camiño e parcelas catastrais núms. 150 e 152.
Referencia catastral: 15071A501001510000TZ.
Valor catastral: 535,63 €.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Pontedeume, tomo 600, libro 44, folla 204, predio 7059.
– Predio rústico, terreo de 548 m2, chamado «Leira da Vilavella», no lugar de Xestal e parroquia de Vilavella, do municipio das Pontes de García Rodríguez. Estrema: norte, José Ferreiro; sur, Josefa Freire; leste e oeste, José Ferreiro.
Referencia catastral: non consta.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Narón, tomo 1598, libro 98, folla 168, predio 12022.
– Predio rústico, terreo de 274 m2, chamado «Xesta do Prado», na parroquia de Vilavella, do municipio das Pontes de García Rodríguez. Estrema: norte, herdeiros de Hipólito Caaveiro; sur e leste, José Ferreiro; e oeste, montes de Casabella.
Referencia catastral: non consta.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Narón, tomo 1598, libro 98, folla 171, predio 12023.
– Predio rústico, labradío de 1.534 m2, chamado «Leira dos Acibros», no lugar de Bidueiro, parroquia de Vilavella, do municipio das Pontes de García Rodríguez. Estrema: norte, Eladio Ferreiro e Vicente Freire; sur, Manuel López; leste, Eladio Ferreiro; e oeste, Emilio Cabarcos e Hipólito Caaveiro.
Referencia catastral: non consta.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Narón, tomo 1598, libro 98, folla 174, predio 12024.
– Predio rústico, labradío de 1.096 m2, chamado «Leira da Empedrada», da parroquia de Vilavella, do municipio das Pontes de García Rodríguez. Estrema: norte, Eladio Ferreiro e camiño; sur, Vicente Freire e Eladio Ferreiro; leste, José López; e oeste, Eladio Ferreiro.
Referencia catastral: non consta.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Narón, tomo 1598, libro 98, folla 177, predio 12025.
– Outros inmobles de natureza rústica no municipio das Pontes de García Rodríguez, identificados pola súa referencia catastral:
15071A043002060000YZ.
15071A043002450000YA.
15071A043002540000YL.
15071A043003210000YF.
15071A043004020000YH.
15071A043004410000YY.
15071A043004440000YP.
15071A043004450000YL.
15071A043004460000YT.
15071A043004470000YF.
15071A043004490000YO.
15071A043004540000YR.
15071A043004560000YX.
15071A043004590000YE.
15071A043004610000YJ.
15071A043004730000YY.
15071A043007420000YR.
15071A043007460000YJ.
15071A043007530000YU.
15071A043007600000YB.
15071A043008150000YU.
15071A043008280000YT.
15071A043008310000YT.
15071A043008340000YO.
15071A043008360000YR.
15071A043008660000YO.
15071A043009950000YO.
15071A043080070000YH.
15071A501000080000TK.
15071A501000090000TR.
15071A501000980000TP.
c) Contratos e outros efectos bancarios:
|
– Abanca, conta de aforro: |
ES93 2080 0230 6730 0012 5229 |
|
– CaixaBank, conta corrente: |
ES33 2100 4640 4121 0000 1729 |
|
– CaixaBank, conta valores: |
9610 01 246487745 |
|
– CaixaBank, conta valores: |
9610 01 245309323 |
|
– CaixaBank, fondo pensións: |
9690 33 501489289 |
|
– CaixaBank, fondo pensións: |
9690 275 274194 97 |
|
– Banco Santander, conta corrente: |
0238 8143 0107 0042 3322 |
|
– Banco Santander, conta corrente: |
0238 8143 05 0700009539 |
|
– Banco Santander, conta a prazo: |
0049 7710 68 3020000667 |
|
– Banco Santander, depósito de valores: |
0049 7710 61 4000000015 |
Cuarto. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
A resolución será remitida para a súa exposición pública no taboleiro de anuncios dos concellos de Ferrol, As Pontes de García Rodríguez e Mugardos por prazo non inferior a trinta (30) días naturais.
Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
