O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 24.2.2026, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Filgueira e A Ameixeira (Crecente), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 14.6.2022, Selga Cía Galega de Silvicultores, S.L., en representación da CMVMC de Filgueira, presentou unha solicitude no Rexistro electrónico da Xunta de Galicia, na que dá traslado dunha avinza entre a CMVMC de Filgueira e a CMVMC da Ameixeira, ambas no concello de Crecente. O procedemento de avinza entre ambas as comunidades tramitouse ao abeiro da Orde do 12 de xullo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte (DOG do 20 de julio).
Os montes veciñais en man común (en diante MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Chan de Mouras, Martiñáns e Leirós (ID 2619) da CMVMC de Filgueira.
– MVMC de Pedroso, Rega, Candas e Picoña (ID 2616), da CMVMC da Ameixeira.
Achegan xunto coa solicitude a seguinte documentación, que corresponde á tramitación da avinza:
– Acta do apeo do deslindamento do 21.5.2008.
– Copia cotexada da escritura notarial núm. 1766, do 2 de decembro de 2008, da avinza entre as comunidades.
– Certificado do 11.9.2008, do secretario da CMVMC da Ameixeira, coa conformidade do presidente, da aprobación na Asemblea xeral do 24.5.2008.
– Certificado do 11.9.2008, do secretario da CMVMC de Filgueira, coa conformidade do presidente, da aprobación na Asemblea xeral do 25.5.2008.
– Actas das asembleas da Ameixeira e de Filgueira.
– Informe técnico de novembro de 2008, da enxeñeira técnico forestal colexiada núm. 444 do COETF de Galicia, co plano de deslindamento e as coordenadas no Datum Europeo 1950, fuso 29N e as fotos dos puntos levantados sobre o terreo.
– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 4KQS27KE5PCXCCSR.
Segundo. Os puntos levantados no campo en coordenadas ED50 (zona 29N) que se corresponden con puntos identificados con fitos sobre o terreo, transformados a ETRS89, son os seguintes:
|
Nome |
X |
Y |
|
1. Alto de Moiras-vértice ing |
565281,31 |
4676677,99 |
|
2. Pista da canteira- |
565227,36 |
4676225,36 |
|
3. Regato de Chan de Moiras- |
565197,69 |
4675599,77 |
|
4. Poza da pista do medio |
565253,50 |
4675514,47 |
|
5. Pista que sobe á poza da pista do medio |
565295,97 |
4675361,11 |
|
6. Pista que sobe á poza da pista do medio |
565213,90 |
4675193,16 |
|
7. Pista que sobe á poza da pista do medio |
565062,91 |
4675017,07 |
|
8. Cruce da Laxa coa pista de Cosmede |
565048,36 |
4674875,96 |
|
9. Devasa da pista de Cosmede |
565008,76 |
4674798,02 |
|
10. Devasa |
565062,70 |
4674716,59 |
|
11. Devasa |
565053,25 |
4674684,36 |
|
11a. A Ponte do Laxal |
565378,53 |
4674434,54 |
|
12. Comezo da pista de Currás |
565328,65 |
4674330,04 |
|
13. As Colmeiras (pto. secundario_ particulares) |
565077,82 |
4674334,82 |
|
14. Pista próxima ao regato das Fonteiriñas |
565052,41 |
4673682,68 |
|
15. Alto do Seixo |
565157,07 |
4673268,00 |
|
16. Poste de Martiñáns |
565078,99 |
4673556,76 |
|
17. Pista de Martiñáns |
565172,17 |
4673226,32 |
|
18. Cotos de Martiñáns |
565239,79 |
4673124,08 |
|
19. Pista de Martiñáns |
565229,85 |
4672970,36 |
|
20. Regato de Cornido |
564956,83 |
4672790,97 |
|
21. Curva de Malpaso |
565079,19 |
4672653,46 |
|
22. A Gándara (pto. secundario_ particulares) |
564868,81 |
4672321,09 |
|
23. Estrada Padrosos-Rebordechán (pto. secundario_ particulares) |
564933,43 |
4672025,33 |
|
24. Curva da Reinalda |
565420,22 |
4672047,57 |
No traballo de gabinete establécese un punto de deslindamento secundario, que se indica a seguir para respectar as propiedades particulares:
|
Nome |
X |
Y |
|
23b. Punto secundario |
565167,71 |
4672007,53 |
Terceiro. A liña de deslindamento proposta neste expediente, respectando as propiedades particulares, ten unha lonxitude de 4.415,12 metros e está formada por 3 tramos segundo os planos 1 e 2, asinados en setembro de 2025 pola enxeñeira colexiada núm. 908 de COETFG:
– Tramo 1: do 1 ao 12, de 2.849,38m.
– Tramo 2: do 14 ao 21, de 1.295,10 m.
– Tramo 3: do 23b ao 24, de 270,63 m.
A liña corresponde cos seguintes puntos:
|
1. Alto de Moiras-vértice ing |
565281,31 |
4676677,99 |
|
2. Pista da canteira- |
565227,36 |
4676225,36 |
|
3. Regato de Chan de Moiras- |
565197,69 |
4675599,77 |
|
4. Poza da pista do medio |
565253,50 |
4675514,47 |
|
5. Pista que sobe á poza da pista do medio |
565295,97 |
4675361,11 |
|
6. Pista que sobe á poza da pista do medio |
565213,90 |
4675193,16 |
|
7. Pista que sobe á poza da pista do medio |
565062,91 |
4675017,07 |
|
8. Cruce da Laxa coa pista de Cosmede |
565048,36 |
4674875,96 |
|
9. Cortalumes da pista de Cosmede |
565008,76 |
4674798,02 |
|
10. Devasa |
565062,70 |
4674716,59 |
|
11. Devasa |
565053,25 |
4674684,36 |
|
11a. A Ponte do Laxal |
565378,53 |
4674434,54 |
|
12. Comezo da pista de Currás |
565328,65 |
4674330,04 |
|
13. As Colmeiras (pto. secundario_ particulares) |
565077,82 |
4674334,82 |
|
14. Pista proxima ao regato das Fonteiriñas |
565052,41 |
4673682,68 |
|
15. Alto do Seixo |
565157,07 |
4673268,00 |
|
16. Poste de Martiñáns |
565078,99 |
4673556,76 |
|
17. Pista de Martiñáns |
565172,17 |
4673226,32 |
|
18. Cotos de Martiñáns |
565239,79 |
4673124,08 |
|
19. Pista de Martiñáns |
565229,85 |
4672970,36 |
|
20. Regato de Cornido |
564956,83 |
4672790,97 |
|
21. Curva de Malpaso |
565079,19 |
4672653,46 |
|
22. A Gándara (pto. secundario_ particulares) |
564868,81 |
4672321,09 |
|
23. Estrada de Padrosos-Rebordechán (pto. secundario_ particulares) |
564933,43 |
4672025,33 |
|
23b. Punto secundario |
565167,71 |
4672007,53 |
|
24. Curva da Reinalda |
565420,22 |
4672047,57 |
Cuarto. A liña dos puntos levantados no campo e indicados na acta de apeo pero que non forman parte deste deslindamento son:
– O tramo 12-13-14: desde o punto 12 (comezo da pista de Currás), pasando polo 13 (As Colmeiras) ata o 14 (pista próxima ao regato das Fonteiriñas), sería liña parroquial; as estremas son entre MVMC e particulares.
– O tramo 21-22: desde o punto 21 (Curva de Malpaso) ao punto 22 (A Gándara), elimínase deste deslindamento porque as comunidades lindan coa estrada da Caniza a Filgueira (PO-801).
– O tramo 22-23-23b: desde o punto 22 (A Gándara), pasando polo 23 (estrada Padrosos-Rebordechán) ata o punto 23b (punto secundario), sería liña parroquial, e as estremas son entre MVMC e particulares.
O punto 24 (Curva de Reinalda), fin deste deslindamento entre Filgueira e A Ameixeira coincide co primeiro punto de deslindamento entre Filgueira e Rebordechán (Avinza 3/2011).
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, compróbase que existe lindancia entre os montes, e que coincide coa Avinza 3/2011 entre Filgueira e Rebordechán, xa incluída no Rexistro de MVMC de Pontevedra.
A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía do esbozo de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Filgueira: presenta un axuste co esbozo.
– CMVMC da Ameixeira: presenta un axuste co esbozo.
O Servizo de Montes propón que o Xurado aprobe o deslindamento segundo a liña presentada por ambas as comunidades.
Quinto. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo cuarta establece que para adecuar as avinzas realizadas con anterioridade á entrada en vigor desta lei ao procedemento de deslindamento entre montes veciñais en man común previstos nos artigos 53 e 54, deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia as resolución do Xurado.
Á vista do exposto, este Xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Filgueira e A Ameixeira (Crecente), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes, de acordo co disposto nos art. 123 e 124 LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, de acordo cos art. 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 18 de marzo de 2026
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
