DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 9 de abril de 2026 Páx. 21886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de marzo de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Couso e Guláns (Ponteareas) (expediente DC25001).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 24.2.2026, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Couso e Guláns (Ponteareas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 5.3.2025, a representación da CMVMC de Couso presentou a solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Couso e a CMVMC de Guláns, ambas no concello de Ponteareas.

Os montes veciñais en man común (en diante MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Couso (ID monte: 3029) da CMVMC de Couso.

– MVMC de Guláns (ID monte: 3006) da CMVMC de Guláns.

Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento, consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 21.9.2024.

– Acta de conciliación do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Ponteareas do 4.2.2025.

– Certificado do secretario da CMVMC de Couso, coa conformidade do presidente do 28.12.2024, da aprobación polo 63 % dos comuneiros na asemblea extraordinaria do 6.10.2024.

– Certificado da secretaria da CMVMC de Guláns, coa conformidade do presidente de 20.1.2025, da aprobación polo 38 % na Asemblea x. ordinaria do 3.11.2024.

– Memoria descritiva, asinada o 5.3.2025 pola enxeñeira técnico forestal colexiada núm. 1227 do COETF de Galicia, co plano de deslindamento e a cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N.

– Informes de validación gráfica catastral parcial con CSV: 5KHK8002HD6RWK0D e N6JH09ZNY4NADEZ4.

Segundo. Os puntos levantados no campo de acordo coas dúas comunidades e que se corresponden con puntos identificados con fitos ou marcas no terreo son os seguintes:

Punto

Nome

UTMX

UTMY

0

C-G1

535.895,44

4.667.795,68

1

C-G2

535.882,52

4.667.725,24

2

C-G3

535.872,14

4.667.650,33

3

C-G4

535.851,32

4.667.472,87

4

C-G5

535.859,27

4.667.423,84

5

C-G6

535.881,64

4.667.295,77

6

C-G7

535.857,57

4.667.232,62

7

C-G8

535.843,76

4.667.195,69

8

C-G9

535.826,10

4.667.152,22

9

C-G10

535.795,87

4.667.062,18

10

C-G11

535.788,63

4.667.041,66

11

C-G12

535.784,52

4.666.929,57

12

C-G13

535.954,28

4.666.010,20

13

C-G14

535.978,29

4.665.886,82

No traballo de gabinete establécense puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público da pista municipal entre o punto 10 (CG11) e o punto 11 (CG12). Estes puntos son:

Nome

UTMX

UTMY

AUX1

535.788,36

4.667.034,36

AUX2

535.787,86

4.667.020,80

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.000,56 metros (1 km) e está composta por dous tramos:

– Tramo 1, de 874, 86 m: en liña recta dende o punto 0 (C-G1) ata o punto 11 (CG12), interrompéndose 13,57 m na liña que une os puntos 10 (CG11) ao punto 11 (CG-12) polo dominio público da pista municipal (AUX1-AUX2).

– Tramo 2, de 125,70 m: en liña recta desde o punto 12 (CG13) ata o punto 13 (CG14).

Que corresponde cos seguintes puntos en coordenadas ETRS89 (zona29N):

Tramo

Punto

Nome

UTMX

UTMY

1

0

C-G1

535.895,44

4.667.795,68

1

C-G2

535.882,52

4.667.725,24

2

C-G3

535.872,14

4.667.650,33

3

C-G4

535.851,32

4.667.472,87

4

C-G5

535.859,27

4.667.423,84

5

C-G6

535.881,64

4.667.295,77

6

C-G7

535.857,57

4.667.232,62

7

C-G8

535.843,76

4.667.195,69

8

C-G9

535.826,10

4.667.152,22

9

C-G10

535.795,87

4.667.062,18

10

C-G11

535.788,63

4.667.041,66

AUX1

535.788,36

4.667.034,36

AUX2

535.787,86

4.667.020,80

11

C-G12

535.784,52

4.666.929,57

2

12

C-G13

535.954,28

4.666.010,20

13

C-G14

535.978,29

4.665.886,82

Neste deslindamento corríxese a avinza 2_2012, xa modificada polo expediente DC23004. Cámbiase o punto XCO-1 con coordenadas (X: 535.896,72 – Y: 4.667.792,09), polo punto 0(C-G1) coordenadas (X: 535.895,44 – Y: 4.667.795,68).

Por tanto, que a liña da avinza 2_2012 neste tramo vén dada pola unión en liña recta dos puntos XCO-2 e C-G1 de coordenadas:

– XCO-2: X: 535.896,15; Y: 4.667.852,36.

– C-G1 (0): X: 535.895,44; Y: 4.667.795,68.

Xustifícase esta mellora da avinza 2_2012, mediante o certificado de aprobación na asemblea e a acta complementaria do apeo, asinada polo presidente da CMVMC de Xinzo, en que a comunidade de Xinzo recoñece o punto C-G1 (0) como de confluencia das comunidades de Couso, Guláns e Xinzo.

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe lindancia entre ambos, excepto no tramo do punto 8 ao 11 onde a lindancia se xustifica por catastro. O deslindamento non afecta terceiros propietarios.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das comunidades implicadas (Couso e Guláns) e mellora dos esbozos das comunidades lindeiras (Picoña e Xinzo), polo que presenta os seguintes axustes:

– Axuste do esbozo da CMVMC de Guláns, modificado polo Servizo de Montes para recoller o deslindamento DC22038 (Guláns-Cristiñade).

– Axuste da revisión do esbozo da CMVMC de Couso (RE22035).

– Axuste da revisión do esbozo da CMVMC de Picoña (RE22061).

– Axuste da revisión do esbozo da CMVMC de Xinzo (RE22032) por mellora da avinza 2_2012.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón que o Xurado aprobe o deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este Xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Couso e Guláns, ambas no concello de Ponteareas, nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 18 de marzo de 2026

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra